jueves, 16 de mayo de 2019

The Underground Youth "Montage Images Of Lust & Fear"

Hai tempo que non vos recomendamos ningún dos traballos dos Underground Youth, e iso que dende os 2015 levan un ritmo de lanzamentos frenético.
"Montage Images Of Lust & Fear" é o seu novo disco, o décimo xa da súa curta carreira, e posiblemente sexa o mellor de todos.
Á súa dose de psycodelia densa engaden desta vez capas de distorsión e abrasión moito máis decididamente que nos anteriores álbumes centrados nas melodías, con toques case industriais e moitos elementos post-punk. Algo terá que ver nisto a incorporación -semella que temporal- de Kristof Hahn dos Swans.
Son nove temas con máis velocidade, máis rítmica e máis suciedade. E iso encántanos!!. Con que vos poñades con 'Sins', a fantástica 'Last Exit to Nowhere', as evolucións das dúas partes de 'Blind', a dose de experimentación, ou as evolucións acústicas de 'I can't resist' seguro que seguiredes a darlle volta ao disco unha e outra vez. Recomendado.

THE UNDERGROUND YOUTH "Montage Images Of Lust & Fear"
(Fuzz Club Records, 2019)



No hay comentarios: