lunes, 3 de junio de 2019

4 momentos de 'You're Gonna Miss Me'

'You're Gonna Miss Me' non é o meu tema favorito de Roky Erickson, pero seguramente é o que todo o mundo recoñece e o que quedará para sempre coma o seu gran hit. Abría o álbum de debut dos 13th Floor Elevators "The Psychedelic Sounds of" en 1966, e seguirá acompañándonos sempre na banda sonora das nosas vidas. A modo de curiosidade, hoxe deixámosvos catro pezas en directo en momentos ben diferentes.
A primeira de 1966, no programa de TV American Bandstand, en plena xira de presentación do seu flamante álbum. A segunda en xuño do 1984, na primeira reunión da banda, no Liberty Launch de Austin, cun son moito máis contundente, que case soaba como a versión que fixera a finais dos 70s xunto con The Explosives (audio aquí). Para a seguinte saltamos ata o 2008, con Erickson acompañado polos contundentes Black Angels. A última de maio do 2015, no Austin Psych Fest, no que foi o último concerto dos 13th Floor Elevators coa presencia de Erickson, Hall, Leatherman e Walton, e co que celebraban o 50 aniversario da banda. 
E se queredes un bonus, neste enlace tedes a Erickson en xullo do ano pasado en San Francisco, nunha das súas últimas aparicións rexistradas.
Un tipo incombustrible.






No hay comentarios: