En maio do 2011 falecía o enorme Gil Scott-Heron, un auténtico visionario, que nunca foi totalmente comprendido nin suficientemente reivindicado.
O seu último traballo fora lanzado un ano antes: "I'm New Here", o seu álbum de despedida. Levaba máis de 15 anos sen lanzar material novo, e tardou anos en rematar este disco, case gracias ao empeño de Richard Russell. O resultado foi espectacular. Nel mesturaba soul, hip hop e pop sen deixar de experimentar co son e reinventando algúns temas doutros xéneros, artistas e épocas aparentemente imposibles. É un álbum duro, chego de interludios de spoken word con mensaxes incomodas, e verdades coma puños. A súa propia vida.
Ahí estaban a fantástica nudeza de 'I'm new here' con voz e a guitarra de Pat Sullivan a pelo emulando a Bill Callahan, a fonda 'Your Soul and Mind', a desgarradora 'I'll take care of you', a autobiográfica 'New York is killing Me', e sobre todo a sobrecolledora rítmica de 'Me and the devil' na que daba outra dimensión á tonada de Robert Johnson, coa colaboración de Damon Albarn.
Xusto antes do seu pasanmento, lanzárase unha versión de remixes do álbum, a cargo de Jamie XX (dos The XX) que levaba por título "We're New Here", aínda que isto non volo recomendo...
GIL SCOTT-HERON
"I'm New Here (10th Anniversary Expanded Edition)"
(XL Recordings, 2020)
Cando se cumpren 10 daquel lanzamento, XL Recordings lanza unha versión expandida do álbum. Unha edición dobre coa reedición do "I'm New Here" orixinal, e un disco extra con dous temas inéditos daquelas sesións que foran excluídos do álbum ('King Henry IV', e unha versión de 'Handsome Johnny' de Richie Havens), ademáis de versións dalgún dos seus clásicos, coma 'Winter in America' ou 'Is that Jazz' que tamén foran gravados novamente naquelas sesións.
GIL SCOTT-HERON & MAKAYA McCRAVEN
"We’re New Again (A Reimagining By Makaya McCraven)"
(XL Recordings, 2020)
A conmemoración do 10º aniversario do "I'm New Here" non se queda ahí. XL Recordings lanzou tamén a semana pasada unha nova revisión do álbum. Neste caso o encargado foi o baterista e productor Makaya McCraven, reimaxinando o álbum ata convertelo en "We're New Again", no que mestura partes da gravación orixinal con electrónica e improvisacións en directo con invitados de luxo coma Jeff Parker, Michelle Hutcherson, Fred Jackson ou Ben Lamar entre outros. O resultado é realmente sorprendente, e máis que recomendable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario