
domingo, 20 de abril de 2008
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. Videos Tupperware (17-04-08). Festa Despregable.
E para ir abrindo boca do que poderedes disfrutar o próximo sábado, aquí vos vai a primeira entrega do que fixeron o pasado xoves 17 no Tupperware de Compostela na presentación de Despregable#17LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE:
(próximamente subiremos o concerto completo con máis calidade, estade atentos...)
o Despregable no Miraxes de TVG (e un rifrockerz dando a cara!!!)
Aquí tedes o enlace á gravación:
http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_tvg/MIRAXES_20080419.asx
miércoles, 16 de abril de 2008
DjCHOEU vs NEWRA. Sábado 19. Sesión de Vinilo.
Sábado 19, dende as doce e media ou algo así...DjCHOEU
vs.
NEWRA dj
UNHA LOITA A MORTE A GOLPE DE VINILO!!!
+INFO: http://rifrockerz.blogspot.com/
lunes, 14 de abril de 2008
Videos da RIFROCKERZ BLUESBAND de Paco Charlin o pasado 21 de marzo (2ª parte)
RifRockerZ BluesBand#5:
RifRockerZ BluesBand#6:
RifRockerZ BluesBand#7:
RifRockerZ BluesBand#6:
RifRockerZ BluesBand#7:
Videos da RIFROCKERZ BLUESBAND de Paco Charlin o pasado 21 de marzo (1ª parte)
RifRockerZ BluesBand#4:
RifRockerZ BluesBand#2:
RifRockerZ BluesBand#3:
RifRockerZ BluesBand#1:
Presentación do Despregable#17 no Tupperware (Compostela) con LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE en directo
Este xoves 17 de abril, festa por todo o alto para presentar en Compostela o Despregable nº17.No TUPPERWARE, dende as 20:30h. (sí señores en sesión de tarde!!!) presentamos o tremendo directo a
LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
co seu rhythm'n'blues cavernícola
Logo dende as 00:00h. sesión de Djs a cargo de
FREAKaGO-GO PSYCHOSYSTEM
NON VO-LO PERDADES, PARTY ALL NITE!!!!!
Tupperware Lounge Bar & Shop. Rúa Frai Rosendo Salvado. Compostela.
BLACKY SANTÓRUM_descargas
Aquí tedes coma sempre un regaliño da factoria Kurco SoundSystem (aka Blacky Santorum), correspondendo á sesión do pasado sábado 12 de marzo.Tedes 3 volumes, ou o que é o mesmo 3cds, que se corresponden con:
HORROR DANCE
HOT SEX
UNCENSORED VERSIONS
http://www.megaupload.com/?d=OOTV6VPY
miércoles, 9 de abril de 2008
Franc3s "Como un caracol entre lobos"
Aquí tedes o videoclip de Franc3s de "Como un caracol entre lobos" (as estrelas sónicas do Despregable#17). E para +info sobre o grupo:
BLACKY SANTÓRUM. 12 dAbril
BLACKY SANTÓRUM
[featuring Kurco SoundSystem]
un alter-ego bastante subido de tono:
Horror Dance, Hot Sex & Uncensored Versions...
[featuring Kurco SoundSystem]
un alter-ego bastante subido de tono:
Horror Dance, Hot Sex & Uncensored Versions...
Paco Charlín no Miraxes da TVG
Entrevista-Reportaxe con Paco Charlín en Miraxes da TVG
Este é o enlace (é o programa completo, así que avanzade ata os 5:13 mins, que é donde comeza o de Paco):
Este é o enlace (é o programa completo, así que avanzade ata os 5:13 mins, que é donde comeza o de Paco):
lunes, 7 de abril de 2008
programación Abril 2008

Xa temos cerrada a programación do mes, así q aquí tedes o avance:
Sábado 12_BLACKY SANTÓRUM: un álter-ego subido de tono.
Sábado 19_DjCHOEU vs NEWRA, nun enfrontamento a golpe de vinilos
Venres 25_RIFROCKERZ.djSet: Sesión Stoner a cargo de Kurco, Comomepos e Munstapha.
Sábado 26_LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. En concerto, ás 23:30h.
Que os desfrutedes!!!
Sábado 12_BLACKY SANTÓRUM: un álter-ego subido de tono.
Sábado 19_DjCHOEU vs NEWRA, nun enfrontamento a golpe de vinilos
Venres 25_RIFROCKERZ.djSet: Sesión Stoner a cargo de Kurco, Comomepos e Munstapha.
Sábado 26_LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. En concerto, ás 23:30h.
Que os desfrutedes!!!
Casipeo 'Blue Monday' o pasado 15 de marzo
Aquí tedes por fin o video co que Casiopeo pechou a súa sesión xunto con DjChoeu o pasado 15 de marzo. 'Blue Monday', que na anterior subida estaba estropeado, pois iso ahí o tedes...
lunes, 31 de marzo de 2008
Proxecto Edición 2008

ahí tedes o programa completo do Proxecto Edición 2008, no que participa a Embaixada Prusiana, para máis info: http://www.proxecto-edicion.net/
Despregable#17. Xa está na rúa!!!
Xa tedes á vosa disposición un novo exemplar do Despregable, e xa van 17!!! Con cuberta de camuflaxe!!!Contidos Despregable#17:
Marta Álvarez é unha ilustradora de Vilagarcía, un recente descubrimento na embaixada e que queremos compartir con vós. Disfrutaredes seguro coas súas coidadas e divertidas ilustracións.
Franc3s chegan dende Carballo (e Vilalba) para sobercollernos coa súa proposta estética e musical, ruídismo e serie-b, contando surrealistas historias acontecidas no seu mundo de artistas de circo sen brazos, estrelas de cine encerradas e mulleres preñadas que reflexionan sobre o seu froito mentres observan coma un caracol se atreve cunha manada de lobos... e todo iso cun unánime recoñecimento de crítica e público, veredes...
Carlos Puga é un fotógrafo de Vigo, que quixo colaborar con nós a través dunha das súas series chamada, “e logo din que a sardiña vai cara” feita nunha pequena viaxe a Ferrol. Ademáis é o organizador de Fotoxoguete, un dos talleres máis importantes a nivel nacional de fotografía.
Sebastiao Oliveira e o seu colectivo OCUPE A CIDADE, fan unha pequena incursión no noso fanzine dende Sao Paulo, onde desenrolas a súa actividade artística e urbana, Saímos á rúa, pero antes saltamos o charco.
Escoitar.org é un proxecto que busca rexistrar os sons galegos, todos os sons que poidas apreciar por calquer motivo, dende a romaría da túa aldea ata o son dunha fraga. Buscade os sons, habelos hailos...
Ademáis tóda-las seccións habituais: RuidosVsMelodías, Newra nos achega ó comic poñendo fin a súa revisión de Frank Miller, o SPJ nos ofrece o seu boletín trimestral con tóda-las novas do mellor jazz feito aquí (e máis alá) e tódalas recentes edicións discográficas de Free Code Jazz Records. Nas crónicas deste trimestre nos achegamos ó concerto de Triángulo de Amor Bizarro no Marzo Pop de A Estrada, La Cara B, o Despregable Asasino e algunha cousa máis.
E coma sempre, o número se acompaña para socios, anunciantes e outros habituais co cd dobre de alumnos do 6º SPJ de Pontevedra...
Que o desfrutedes!!!
martes, 25 de marzo de 2008
DjCHOEU + CASIOPEO (15-03-2008)
Así foi a tolemia do pasado sábado 15 de marzo. Sería mellor que estivesedes alí, porque as fotos e os videos non son nada... Cando se mestura o dixital co analóxico e coa retrotecnoloxía non se pode recoller en fotos. Ata sonou musica en casette, houbo manequís, a mafia dos sombreiros e a gripe aviar fixo presenza antes de comezar a grabar... polo demáis ¡Estivérades alí!!! Pero para os que non, isto é o que puidemos rescatar, con todos vos...
DjChoeu & Casiopeo.







DjChoeu & Casiopeo.
Casiopeo#7: Temendo Blue Monday!!!
lunes, 24 de marzo de 2008
Unha revisión do KRAUT-ROCK en LdN (1ªparte)
Dende hoxe, como cada día 24 de mes, tedes unha nova columna 'De Ventrílocuos Impostores' en Libro de Notas, desta vez comezando unha serie adicada ó kraut-rock aleman dos anos 70. Esta primeira parte concéntrase en dúas das principais bandas daquel movimento (si se pode chamar así) tan diverso: NEU! e CAN. Que o desfrutedes!!! e xa vos adianto que a segunda parte será o 24 de maio... que en abril hai que variar... haí o tedes, e logo uns cantos vídeos...
http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/13347/krautrock-1parte-de-improvisacion-y-metronomia
http://www.librodenotas.com/
http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/13347/krautrock-1parte-de-improvisacion-y-metronomia
http://www.librodenotas.com/
Videos:
CAN – Mushroom:
CAN – Spoon (Live)
CAN - Halleluwah (live 1972)
NEU! – Negativland (1972)
NEU! – Hero, Live 1974:
Harmonia berlin 2007:
Harmonia Bonn 2007:
lunes, 10 de marzo de 2008
The Phantom Keys en Le Beat Bespoké de Londres


E para a semana santa, se non queredes pasala con nós, sempre vos podedes largar a Londres para acompañar ós Phantom Keys, que actuatán no Le Beat Bespoké de Londres, xunto con THE HORRORS, THE STAGGERS, THE JAYBIRDS, sobre todo: THE SONICS!!!!!
Tedes + info en:
http://podgroup.typepad.com/lebeatbespoke4/le_bands/index.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



