viernes, 17 de septiembre de 2010

Hendrix Experience. Woodstock 1969

A comezos do verán de 1969 Hendrix disolve The Jimi Hendrix Experience. O 18 de Agosto presentouse no festival de Woodstock cunha nova i efímera formación: Gipsy Sun and Rainbows.


Salón D.I.Y.

Se andades por Vigo este fin de semana non vos perdades o 
encontro editorial SALÓN D.I.Y.
organizado pola Asociación Amalgama, na súa propia sede, con fanzines (entre os que por suposto está a Embaixada Prusiana co Despregablee demáis artefactos producto do 'faino ti mesmo'...


Toda a info en:

The Allnight Workers no Xiria Pop 2010

Ademáis de ser un clásico dos festivais máis interesantes da nosa terra, este ano co punto de ver o 'retorno' (se lle pode chamar así?) dunha das nosas bandas favoritas: THE ALLNIGHT WORKERS, (con membros de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, The Phantom Keys e dos Loveless Cousins) q o sábado compartirán cartel co eterno Micky, ou Los Chicos.
Proximamente máis novidades dos Allnight Workers. Polo momento escoitade os seus novos temas no seu myspace.

homenaxa fantástica...

jueves, 16 de septiembre de 2010

Hendrix Experience. Homenaxe en RNE:3


Por suposto RNE:3 tamén está a conmemora-lo 40 aniversario do pasamento de Jimi Hendrix. Cunha entrada específica na web de rtve titualada 40 años sin Hendrix. La guitarra del rock, no que atoparedes numerosos vídeos e 4 entregas da serie Pioneros de Xavier Moreno en Radio 3 adicada a Hendrix. Aquí os tedes:

Hendrix Experience "Axis: Bold as Love"

En 1967, tan só 6 meses de publica-lo álbum de debut da Jimi Hendrix Experience, en decembro vía a luz o seu novo álbum "Axis: Bold as Love", habitualmente considerado coma un álbum menos, sobre todo comparado cos outros dous álbumes da banda. Sen embargo Axis é a transición perfecta entre o "Are you Experienced?" q xa estaba moi rodado, e o perfeccionista "Electric Ladyland". Os tres álbumes publicáronse en tan solo un ano, é q Axis sexa considerado unha obra menor pon de manifesto o nivel do mellor power trio da historia. O que normalmente non se considera é q este álbum cecais sexa o que máis se axusta ós parámetros da escena do Swinging London, pq non esquezades que esta primeira aventura de Hendrix só foi posible nos sixties británicos, logo volvería ós USA coma un semideus para comezar a súa carreira en solitario. Pero esa xa é outra historia...
THE JIMI HENDRIX EXPERIENCE
"Axis: Bold as Love"
(MCA 1967)

descargádeo no blog Drogas Eléctricas:

miércoles, 15 de septiembre de 2010

The Charlatans "Who we Touch"







The Charlatans volven con novo traballo, non está de lexos nos mellores da súa carreira, pero q os únicos supervivintes de Madchester sigan publicando álbumes decentes xa é bastante... Non predenden encandilar co seu son dos anos 90, pero é que nestes 20 anos nunca deixaron de mirar cara adiante. Aquí tedes unha nova mostra bastante correcta:
THE CHARLATANS
"Who we Touch"
(Cooking Vinyl, 2010)


descargádeo en Indiecaciones

Triple Decker Record, novo formato en vinilo.

Moi curioso, aquí tedes ó sr Jack White, presentándonos o seu novo xoguete. Trátase dun novo formato de vinilo, bautizado como Triple Decker Record,un vinilo que en realidade é un de 12'' q dentro contén un de 7'' para contidos extras, ou máis ben un dous en un. Tratarase do novo single de The Death Weather "Blue Blood Blues" que publicará Third Man Records nunha tirada limitada a 300 unidades.
E aquí tedes o video con Jack White explcándonos como vai o invento:

Tedes toda a info na web IndieNauta i en Super 45.

jueves, 9 de septiembre de 2010

AVISO IMPORTANTE:
MAÑÁN VENRES 10 de Setembro 
NON ABRIREMOS.
Pero o SÁBADO 11 XA ESTAREMOS DE VOLTA co horario habitual.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Thunder Express "Republic Disgrace"

Bueno, e para que comparedes aquí tedes o último álbum de Thunder Express, banda de Robert Dahlqvist (ex-guitarrista dos Hellacopters), pero que xa tiña como proxecto paralelo antes da súa disolución xunto con membros de Death Breath ou Diamond Dogs. Este é o seu 2º álbum, do 2007, bastante máis evolucionado que o primeiro de 2004, "We Play for Pleasure" q non ofrecía máis q segui-la línea dos Hellacopters pero cos seus propios temas. En "Republic Disgrace" abandona o hi-energy e volve ó blues. Logo deste álbum mudou o nome polo de Dundertåget (que é algo así como traducir Thunder Express ó sueco), pero para ese proxecto, co que xa publicou dous álbumes ("Skaffa ny Frisyr" no 2008 e "Dom Feta Aren är Förbi" neste mesmo 2010) parece que abandonou o pouco nervio que lle quedaba e xa é bastante menos interesante, converténdose nunha pastelada total...
THUNDER EXPRESS
"Republic Disgrace"
(Razzi Recs, 2007)


descargádeo no blog El Valle del Muerto 1945.
*[no enlace tedes os 2 álbumes de Thunder Express, enlaces e password]

Imperial State Electric (s/t)

Das cinzas dos Hellacopters, logo dos Thunder Express do guitarrista Robert Dahlqvist, chega o turno do vocalista Nicke Andersson, co que ía ser un proxecto unipersonal, que rematou converténdose nunha nova banda: IMPERIAL STATE ELECTRIC. Coas mesmas influencias de sempre, Stooges, MC5, Hanoi Rocks e cada vez máis o power pop setentero de Crabby Appleton, e os mesmos defectos de sempre, que son que o formato álbum a esta xente sempre se lles fai demasiado grande. Aínda así aquí tedes un bo puñado de temas:
IMPERIAL STATE ELECTRIC
"Imperial State Electric"
(Psychout Recs, 2010)


descargádeo no blog Hey Ho Let's Go!:

viernes, 3 de septiembre de 2010

miércoles, 1 de septiembre de 2010

The Titty Twister Orchestra "Gorf Pow Bang Tump!"

O álbum desta semana é un dos máis festeiros q atopei últimamente. THE TITTY TWISTER ORCHESTRA é unha banda italiana, composta por membros de recoñecidas bandas como os Hermits e os Morticia's Lovers, e os Kim's Teddy Bear (q eu non coñecía), así ata completar unha auténtica orquesta de 10 membros para montar  unhas festazas tremendas de frat rock, twist e rock'n'roll'n'roll'roll en estado puro, algo así como Las Vegas Grind no s.XXI, ademáis de acompañalos en directo coas súas go-gós, as Guai Girls. Este é o seu terceiro álbum, e esperemos q haxa moitos máis destes investigadores da festa!!!
THE TITTY TWISTER ORCHESTRA
"Gorf Pow Bang Tump!"
(Sound Flat Recs, 2010)



*na mesma entrada tedes os seus 3 álbumes.