jueves, 16 de septiembre de 2010

Hendrix Experience "Axis: Bold as Love"

En 1967, tan só 6 meses de publica-lo álbum de debut da Jimi Hendrix Experience, en decembro vía a luz o seu novo álbum "Axis: Bold as Love", habitualmente considerado coma un álbum menos, sobre todo comparado cos outros dous álbumes da banda. Sen embargo Axis é a transición perfecta entre o "Are you Experienced?" q xa estaba moi rodado, e o perfeccionista "Electric Ladyland". Os tres álbumes publicáronse en tan solo un ano, é q Axis sexa considerado unha obra menor pon de manifesto o nivel do mellor power trio da historia. O que normalmente non se considera é q este álbum cecais sexa o que máis se axusta ós parámetros da escena do Swinging London, pq non esquezades que esta primeira aventura de Hendrix só foi posible nos sixties británicos, logo volvería ós USA coma un semideus para comezar a súa carreira en solitario. Pero esa xa é outra historia...
THE JIMI HENDRIX EXPERIENCE
"Axis: Bold as Love"
(MCA 1967)

descargádeo no blog Drogas Eléctricas:

No hay comentarios: