jueves, 30 de septiembre de 2010

THE FEELIES "Crazy Rhythms"

O clásico desta semana é unha desas xoias q nunca tiveron o recoñecimento merecido. The Feelies foron unha desas bandas q marcaron un antes e un despois, nunha época dificil, de moito cambio, e na que eles non entraron no xogo da industria, pero sen The Feelies moitas bandas coma os Violent Femmes, Pixies ou Yo La Tengo non serían o mesmo, ou directamente non existían. Por exemplo o debut de Weezer ("Blue Album") e a súa estética é unha homenaxe directa ó debut dos Feelies. The Feelies tomaban as súas influencias da Velvet Underground, e coma eles plasmaban as súas frustracións e as súas contradiccións persoais do mundo urbano, eles xa coma auténticos nerds marxinados no seu high school tiñan un novo fenómeno que amosar con respecto ós anos 60. Todas esas contradiccións refléxanse á perfección nos seus temas: nerviosos e complexos coma 'Fa Cé-La', moi elaborados nos que nunca sabes se van sair cun alarde sonoro ou cunha sinxeleza punk como na inicial 'The Boy with the Perpetual Nervousness', temas escuros e depresivos que se rompen cun estribillo de pop melódico e alegre, con coros e demáis e derrepende... escuridade outra vez, ou ó revés... coma no propio tema 'Crazy Rhythms' e alternando temas breves de pop, con longos desenrolos esquizofrénicos de furia contida. 
The Feelies formáronse en New Jersey en 1976, non debutaron discográficamente ata 1980, con este "Crazy Rhythms", a súa carreira continuou con tres álbumes máis (sempre coa mesma estructura, 9 temas propios e unha versión) e un EP ata 1991, ano no que  o seu "Time for a Witness" cecais foi o que máis éxito tivo da súa carreira. Este tipos inquedos ademáis sempre formaron parte de numerosos proxectos paralelos coma os Golden Palominos, The Trypes, The Yung Wu, Luna ou Wild Carnation, e as súas influencias continúan directamente ata hoxe. No 2009 reeditouse este fantástico álbum con temas extras, en directo e tóda-las tomas extras de estudio nun bonus cd que atoparedes na páxina de Domino Records.


THE FEELIES
"Crazy Rhythms"
(Stiff Recs, 1980)


Descargádeo no blog Carne Radioactiva:

No hay comentarios: