viernes, 1 de octubre de 2010

David Holmes "The Dogs are Parading"

O álbum desta semana é un pouco raro neste blog, en primeiro lugar por ser un recopilatorio recente, i en segundo lugar por tratarse de un traballo moi electrónico, pero en realidade David Holmes é un dos máis habituais das sesións dos RifRocKerZ.djSet. Ó caer na conta disto, de seguro que iremos achegándovos máis álbumes do irlandes, pero esta vez, "The Dogs are Parading" trátase dun dobre recopilatorio, que recolle  un pouco de toda a súa inabarcable producción dende 1995 ata o 2008, dende temas de estudio, remixes para grupos coetáneas, o seu traballo en numerosas Bandas Sonoras, e parte do seu traballo como auténtico arqueólogo do funk, do soul, do free jazz e do pop máis esquecido dos 60 e 70,  e algún tema novo. Cecais un álbum moi disperso para novatos, pero calqueira atopará aquí o que lle gusta, sexa cal sexa seu pau.
DAVID HOLMES
"The Dogs are Parading"
(Mercury 2010)


descargádeo en Los Mundos de Fede:
*para o link tedes q ser seguidores de Fede en Facebook, algo máis que recomendable.


E aquí tedes a lista de reproducción co primeiro dos volumes deste "The Dogs are Parading" tomada do blog Los Mundos de Fede:
Na mesma entrada tamén tedes o 2º.

No hay comentarios: