viernes, 24 de septiembre de 2010

Fela Kuti and The Africa 70 "Zombie"

E aqui tedes a obra mesta de Fela Kuti. Zombie é unha acusación directa ás prácticas dos militares nixerianos. Despois deste disco o goberno ordeou a destrucción da súa comuna, Kalakuta Republic do centro de Lagos, unha auténtica guerra aberta entre a trouppe de músico e o goberno. Pero musicalmente 'Zombie' é o cumio de tóda-las súas composicións. Afrobeat en estado puro. Insuperable!!!
Fela Kuti and the Afrika 70
"Zombie"
(Creole/Coconut/Mercury, 1977)


descargádeo no blog Que te comas la Lata:

Fela Kuti and The Africa 70 "Expensive Shit"

Expensive Shit é a resposta de Fela a unha tentativa do goberno para encarcelar a tódo-los membros do colectivo Africa 70 por asuntos de drogas. Fela tivo que mercar literalmente merda limpa de drogas para pasar os controis. Este álbum contén dous temas que funcionan á perfección coma contrapunto do outro. 'Expensive Shit' é pura rabia, 'Water No get Enemy' é un tema moito máis reflexivo e didáctico:

Fela Kuti and The Africa 70
"Expensive Shit"
(Makossa Editions, 1975)


Descárgao no blog A Lion's Love:


Fela Kuti and The Africa 70 with Ginger Baker "Live!"


Mañan publícase en Libro de Notas a 2ª parte sobre Fela Kuti na columna De Ventrílocuos Impostores. Asi que aquí vos deixo tres dos seus principais álbumes:

Aqui vai o primeiro, o seu debut unha vez que os Nigeria 70 se refundaron nos Africa 70. Un álbum en directo con Ginger Baker (Cream, Blind Faith, etc) que xunto con Tony Allen logran unha rítmica insuperable:

Fela Kuti and The Africa 70 with Ginger Baker 

"Live!"
(Regal Zonophone, 1971)


decargádeo no blog Tipo de Azul:

martes, 21 de septiembre de 2010

Salón D.I.Y.



De volta do encontro fanzinero.
1.multistand: despregable, cardos bueu, remendar es antisocial, jerseys para los monos, tronquis, mortland y devino tesoro.
2.stand de a mula
3.multimural a cargo de varios artistas.
4.stand despregable con berto fojo vendiendo fanzines a punta palunge




lunes, 20 de septiembre de 2010

Live Xperience (Hendrix 1970-2010) Lista Reproducción

Esta é a lista de reproducción do concerto do Sabado HENDRIX 1970-2010.



Este foi o track-list do concerto:
- Hey Joe
- Fire
- Highway Chile
- Foxy Lady
- Purple Haze
- Don't Live Today
- Third Stone from the Sun
- Manic Depression
- Crosstown Traffic
- Wait until Tomorrow
- Voodoo Child
- Spanish Castle Magic
- Stone Free
- Little Wing (instr)
*en negrita as que están subidas no youtube.

E por suposto, moitas gracias a todos por vir. Espero que o pasárades tan ben coma nós (creo que sí)., gracias tamén a Yeyo e Paula polas fotos, e sobre todo á fantástica banda: Jimi Karlos, Jimi Kevi, Jimi Piti, Jimi David e Jimi Rubén por facelo posible!!!
Tremendo rapaces!!! GRACIAS!!!

Live Xperience (Hendrix 1970-2010) fotos

Aquí tedes un slide cunhas cantas fotos do concerto. 
Son de Yeyo e Paula, menos mal q viñades equipados, moitas gracias!!!







Live Xperience (Hendrix 1970-2010) pt1

Aquí tedes o Live Xperience do HENDRIX 1970-2010 do Sábado, con tódo-los Jimis da nosa RifRocKerZ Xperience homenaxeando a Hendrix. 



Live Xperience (Hendrix 1970-2010) pt2



viernes, 17 de septiembre de 2010

Sábado 18: HENDRIX 1970-2010

Este Sábado 18 de Setembro cúmprensense 40 anos sen Jimi Hendrix.
HENDRIX 1970-2010
será o noso particular homenaxe, cun Live Xperience e Sesión Intermitente.


Non vo-lo perdades!!!

Hendrix Experience. Isle of Wight 1970

Só uns días despois cruza o Atlántico para participar no Isle of Wight Festival, na última semana de agosto. Para esta ocasión mantén ó baixista Billy Cox, e como sorpresa recupera ó seu vello amigo o baterista da Jimi Hendrix Experience Mitch Mitchell. Foi o penúltimo concerto de Hendrix.

Hendrix Experience. Band of Gypsys.

O seu último proxecto estable, aínda que tamén efímero, Band of Gypsys son Hendrix xunto con Billiy Cox e Buddy Miles, un novo power trio insuperalble na a historia da música. Baixo esta formación publicaron o último álbum de Hendrix en vida, co mesmo nome "Band of Gypsys" recollido en directo entre a noite de fin de ano de 1969 e ano novo de 1970 no Fillmore East Theatre...

Hendrix Experience. Woodstock 1969

A comezos do verán de 1969 Hendrix disolve The Jimi Hendrix Experience. O 18 de Agosto presentouse no festival de Woodstock cunha nova i efímera formación: Gipsy Sun and Rainbows.


Salón D.I.Y.

Se andades por Vigo este fin de semana non vos perdades o 
encontro editorial SALÓN D.I.Y.
organizado pola Asociación Amalgama, na súa propia sede, con fanzines (entre os que por suposto está a Embaixada Prusiana co Despregable) e demáis artefactos producto do 'faino ti mesmo'...


Toda a info en:

The Allnight Workers no Xiria Pop 2010

Ademáis de ser un clásico dos festivais máis interesantes da nosa terra, este ano co punto de ver o 'retorno' (se lle pode chamar así?) dunha das nosas bandas favoritas: THE ALLNIGHT WORKERS, (con membros de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, The Phantom Keys e dos Loveless Cousins) q o sábado compartirán cartel co eterno Micky, ou Los Chicos.
Proximamente máis novidades dos Allnight Workers. Polo momento escoitade os seus novos temas no seu myspace.

homenaxa fantástica...

jueves, 16 de septiembre de 2010

Hendrix Experience. Homenaxe en RNE:3


Por suposto RNE:3 tamén está a conmemora-lo 40 aniversario do pasamento de Jimi Hendrix. Cunha entrada específica na web de rtve titualada 40 años sin Hendrix. La guitarra del rock, no que atoparedes numerosos vídeos e 4 entregas da serie Pioneros de Xavier Moreno en Radio 3 adicada a Hendrix. Aquí os tedes:

Hendrix Experience "Axis: Bold as Love"

En 1967, tan só 6 meses de publica-lo álbum de debut da Jimi Hendrix Experience, en decembro vía a luz o seu novo álbum "Axis: Bold as Love", habitualmente considerado coma un álbum menos, sobre todo comparado cos outros dous álbumes da banda. Sen embargo Axis é a transición perfecta entre o "Are you Experienced?" q xa estaba moi rodado, e o perfeccionista "Electric Ladyland". Os tres álbumes publicáronse en tan solo un ano, é q Axis sexa considerado unha obra menor pon de manifesto o nivel do mellor power trio da historia. O que normalmente non se considera é q este álbum cecais sexa o que máis se axusta ós parámetros da escena do Swinging London, pq non esquezades que esta primeira aventura de Hendrix só foi posible nos sixties británicos, logo volvería ós USA coma un semideus para comezar a súa carreira en solitario. Pero esa xa é outra historia...
THE JIMI HENDRIX EXPERIENCE
"Axis: Bold as Love"
(MCA 1967)

descargádeo no blog Drogas Eléctricas:

miércoles, 15 de septiembre de 2010

The Charlatans "Who we Touch"







The Charlatans volven con novo traballo, non está de lexos nos mellores da súa carreira, pero q os únicos supervivintes de Madchester sigan publicando álbumes decentes xa é bastante... Non predenden encandilar co seu son dos anos 90, pero é que nestes 20 anos nunca deixaron de mirar cara adiante. Aquí tedes unha nova mostra bastante correcta:
THE CHARLATANS
"Who we Touch"
(Cooking Vinyl, 2010)


descargádeo en Indiecaciones. 

Triple Decker Record, novo formato en vinilo.

Moi curioso, aquí tedes ó sr Jack White, presentándonos o seu novo xoguete. Trátase dun novo formato de vinilo, bautizado como Triple Decker Record,un vinilo que en realidade é un de 12'' q dentro contén un de 7'' para contidos extras, ou máis ben un dous en un. Tratarase do novo single de The Death Weather "Blue Blood Blues" que publicará Third Man Records nunha tirada limitada a 300 unidades.
E aquí tedes o video con Jack White explcándonos como vai o invento:

Tedes toda a info na web IndieNauta i en Super 45.