miércoles, 13 de febrero de 2013

[Revival Rif-Rock] Ferro & Virxilio


Seguimos recuperando fotos escondidas. 
Xa que onte vos recomendábamos o ep dos Foxy Freire de Virxilio da Silva, isto xa nos sirve de motivo para selecciona-la foto revival desta semana...
Aquí tedes a Virxilio (guitarra) xunto con JC Ferro ó contrabaixo na primeira vez que tocaron en directo no Rif-Rock. Foi en maio do 2005, unha boa noite de jazz, e se a documentación non nos falla, era a presentación do Despregable#nº2.


Slam de Poesía no Brothers


O Café Pub Brothers acollerá o vindeiro domingo 17 de febreiro, a partir dás 19:00 horas, un Slam de poesía (un torneo de poetas puntuado polo público presente) no que se poderá recitar calquera texto orixinal de propio. Non se poderá usar música, nin disfraces ou accesorios, xa que o que se busca é contactar co público mediante un óptimo recitado, que non poderá durar máis de tres minutos.

Os votos do público asistente elixirán ós tres finalistas que participarán na final a celebrar na Illa de Arousa. O gañador desta final participará en Madrid nunha final estatal.

Para participar podes apuntarte na dirección slam.arousa@gmail.com, no Café-Pub Brothers, ou simplemente estar presente o mencionado día.

[nova tomada do blog Vivir en Cambados]

martes, 12 de febrero de 2013

Foxy Freire "Foxy Freire EP"


Foxy Freire nútrese principalmente do rock and roll de finais dos anos 60 e comezos dos 70. Están influenciados por bandas como MC5, The Doors, Jimi Hendrix, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream e Grand Funk Railroad, entre outras moitas. Así é como se presentan eles mesmos, pero seguro que moitos de vós xa escoitáchedes falar dos Foxy Freire, e o máis probable é que xa os puiderades ver en directo, pero para os que non saiban de que vai o asunto, Foxy Freire é a banda de rock formada por tres grandes do jazz da nosa terra: Máx Gómez á batería, Virxilio da Silva con guitarra e voz, xunto con Fernando Sánchez á guitarra, e na actual formación co incríble Paco Charlín ó baixo... Así a cousa xa vos parece moito máis seria non?? O resultado é brutal, pero iso xa o sabíamos. 
Hoxe vos falamos deles porque dende hai un par de semanas teñen listo o seu ep de debut, e xa podedes escoitalo e descargalo dende o seu bandcamp, e para seguir máis informados a semana pasada estrearon a súa web http://foxyfreire.es/ na que nos anuncian que en breves abrirán unha campaña de crowfunding en verkami para a financiación do seu priemeiro lp.

FOXY FREIRE "Foxy Freire EP"
(Foxy Freire, 2013)




Guerrera "Under the Gypsy Sun"

A finais de ano chegou o debut en largo de outra das bandas dese estupendo filón que é o Colectivo Metamovida, son os pontevedreses Guerrera, co seu "Under the Gypsy Sun", composto por seis temas que mesturan blues psychodelico e stoner, ou como eles mesmos se definen especialistas en duelos de guitarras, solos de armónica y trances hipnóticos. 
Ós seus membros tamén os atoparedes con Holy Water, Ictus ou Cuzo, e deste álbum editaron 300 copias en vinilo financiadas através de crowfonding, pero ademáis tamén podedes descargalo no seu bandcamp.

GUERRERA "Under the Gypsy Sun"
(Guerrera/Metamovida, 2012)




lunes, 11 de febrero de 2013

Muerte por Cowbell (promo#4)


Sáb.16: MUERTE POR COWBELL en concerto!!

Este Sábado é un deses grandes días que non vos deberiades perder...

Sábado 16 febreiro2013
MUERTE POR COWBELL 
en concerto!!!

Muerte por Cowbell comezou hai un par de anos como outra cousa, un dúo de extrañas influencias que ían dende o dubstep ata o shoegaze máis abrasivo. Sen atopar unha explicación coherente o proxecto medrou, e mudou drásticamente, ata convertirse nun cuarteto de gamberros rendindo un tributo ó mesmísimo Frank Zappa (neste 2013 cúmprense 20 anos da súa morte).
A súa lenda negra dí que os Muerte por Cowbell xamáis ensaian dúas veces no mesmo lugar, que coquetean frecuentemente coa cumbia, que viven moi por encima das súas posibilidades, e que a loita de egos a rematará coa súa prometedora carreira, outros sen embargo afirman que o seu único obxectivo é destroza-los bares nos que actúen, pero iso teredes que comprobalo vós mesmos. Logo non poderedes decir eso de ‘eu estiven alí…’. 

Unha actuación única dunha banda irrepetible. Cando se cumpren 20 anos sen Frank Zappa, o Rif-Rock Cambados e Comomepos Produccións presentan en concerto a MUERTE POR COWBELL!!

Será este Sábado 16 de febreiro. Non vo-lo perdades!!!


* apertura de portas 23:30h..
** entrada de balde ata completar aforo (coma sempre).


domingo, 10 de febrero de 2013

Donald Byrd "Byrd in Hand"

E para despedir o gran trompetista Donald Byrd, nada mellor que recomendarvos o álbum que máis nos gusta do seu repertorio, "Byrd in Hand" de 1959 para Blue Note, cun reparto de luxo, e un dos cumios do hardbop!!

DONALD BYRD "Byrd in Hand"
(Blue Note, 1959)


faite con Byrd in Hand no blog Jazz Grita!.


Donald Byrd

Donaldson Toussaint L'Ouverture Byrd II , Donald Byrd
(1932 – 2013)



jueves, 7 de febrero de 2013

9 de marzo, BREAKIN' BONES en concerto!


BREAKIN' BONES, en directo o 9 de marzo

Aínda estamos cos preparativos para o concerto da semana próxima dos Muerte por Cowbell (lembrade: Sábado 16 de febreiro!!) no que é un dos concertos máis agardados na nosa vila dos últimos tempos... xa vos podemos ir adiantando o prato forte para o mes de marzo: en directo os tremendos BREAKIN' BONES!! a mellor banda de psychobilly desta esquina do planeta. Todo un luxo para nós que unha banda deste calibre repita no Rif-Rock despois do espectacular concerto que nos ofreceron o ano pasado. 
Namentres traballamos no cartel, aquí tedes a folla promocional da banda na que nos adiantan as datas que polo momento teñen para o mes de marzo. Xa vos seguiremos informando...


miércoles, 6 de febrero de 2013

[Revival Rif-Rock] El Bosque Ambulante no 2003? ou Dervinthef Giróvagos no 2004?

E hoxe sacamos unha máis do caixón. Aquí tedes a Manolo (agora en Undertown) e Isidro coas guitarras e a Piti no Chan coa percusión... (estes dous últimos en múltiples bandas na actualidade). Esta foto estaba solta, e non sei moi ben si se trata dun acústico de El Bosque Ambulante no aniversario do 2003, ou se foi no 2004 cando actuaron coma Dervinthef Giróvagos (xa queda asi pra sempre, pero estaba mal escrito no cartel). A ver se alguén se lembra disto...


[Revival Rif-Rock] Gary Tormento, New Rippers 2004

Xa hai unha boa tempada que moitos de vós nos vides reclamando que subamos material vello do Rif-Rock, de concertos e outros shows que se remonten ata o século pasado cando abrimos alá polo 1999. É certo que salvo algunhas cousas vellas que compartimos polo 10º Aniversario, case todo o material previo á apertura do blog e do facebook e todo iso, quedou bastante esquecido por discos duros e ata en carretes de 35mm. A tarefa non é sinxela, pero por algo hai que comezar. Iremos subindo baixo a etiqueta Revival Rif-Rock para que atopedes dun xeito moito máis cómodo este material no blog.

De primeira tedes a Gary Tormento (dos New Rippers) subido na barra antes de saltar enriba do público no que sen dúbida foi o concerto máis destroyer da historia do noso local. Eran os fantásticos New Rippers, que viñeron como cuarteto convertidos en Deprevados (no fondo tedes a Martín, aka Howlin'O-Lorre na batería). Foi en outrubro do 2004


[Revival Rif-Rock]


lunes, 4 de febrero de 2013

Nick Cave & The Bad Seeds "Push the Sky Away"


Este mes chega o novo álbum de Nick Cave & The Bad Seeds. Namentres agardamos, nesta lista de reproducción atoparedes os dous primeiros singles do álbum, 'Jubilee Street' e 'We No Who UR' xa cos seus correspondentes videoclips, ademáis dos audios coas letras e un breve trailer de todo o álbum: