Foxy Freire nútrese principalmente do rock and roll de finais dos anos 60 e comezos dos 70. Están influenciados por bandas como MC5, The Doors, Jimi Hendrix, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream e Grand Funk Railroad, entre outras moitas. Así é como se presentan eles mesmos, pero seguro que moitos de vós xa escoitáchedes falar dos Foxy Freire, e o máis probable é que xa os puiderades ver en directo, pero para os que non saiban de que vai o asunto, Foxy Freire é a banda de rock formada por tres grandes do jazz da nosa terra: Máx Gómez á batería, Virxilio da Silva con guitarra e voz, xunto con Fernando Sánchez á guitarra, e na actual formación co incríble Paco Charlín ó baixo... Así a cousa xa vos parece moito máis seria non?? O resultado é brutal, pero iso xa o sabíamos.
Hoxe vos falamos deles porque dende hai un par de semanas teñen listo o seu ep de debut, e xa podedes escoitalo e descargalo dende o seu bandcamp, e para seguir máis informados a semana pasada estrearon a súa web http://foxyfreire.es/ na que nos anuncian que en breves abrirán unha campaña de crowfunding en verkami para a financiación do seu priemeiro lp.
FOXY FREIRE "Foxy Freire EP"
(Foxy Freire, 2013)
No hay comentarios:
Publicar un comentario