jueves, 28 de febrero de 2013

Searching for Sugar Man

Logo do seu triunfo no festival de Sundance, era o gran favorito coma mellor documental para os Oscar deste ano. O que ven despois é unha sobredimensión do personaxe dende medios xeneralistas que tan nulo interés tiñan anteriormente por Sixto Rodríguez coma a indiferencia que lle prestarán a próxima semana. Hai moito tempo que Sixto Rodríguez é un artista de culto, pero tamén é certo que de toda esta historia de "Searching for Sugar Man" non tiñamos nin idea. 

Nós coñecimos a Rodriguez coma outra moita xente por un deses fantásticos recopilatorios producidos por David Holmes (se non me falla a memoria foi no "...presents The Free Association" do 2003), pero pronto atopei quen me deixara o "Cold Fact" de Sixto Rodríguez, o seu debut de 1969 no que se incluía o Sugar Man, así que tan misterioso non era o asunto... por moito que algúns locutores-presentadores torpes se empeñen, Sixto Rodríguez nunca chegaría a ser máis grande que Bob Dylan, pero iso non lle resta importancia (repetindo a mesma tontería toda a semana coma se iso fora o fondo do documental).

Outra cousa moi distinta é a historia do filme, un mexicano de Detroit que firmou dous álbumes estupendos en 1969 e 1970, pero decideu abandoa-la súa carreira ante o nulo éxito, sen embargo en Sudáfrica convertiuse nun éxito de ventas e nun emblema da loita contra o apartheid a través das súas cancións sen que ninguén o soubera no outro lado do Atlántico, a lenda so seu suicidio en directo, e unha rocambolesca casualidade que pon en marcha unha busca do home que hai detrás do mito... que promete ser unha historia apaixoante. Teremos que conseguilo rápido!!


Searching for Sugar Man
2012. dir: Malik Bandjelloul
(Suecia - UK) documental

No hay comentarios: