jueves, 21 de febrero de 2013

Muerte por Cowbell, o concerto

Despois de moito tempo de espera por fin puidemos ver en directo ós terribles MUERTE POR COWBELL!! Unha aposta moi persoal dende o Rif-Rock para o primeiro concerto do local neste 2013. 

Un tributo ó xigante Frank Zappa que foi unha noite de entretemento puro. Miguel, Sito, Noa e Carlos exercendo coma showman, catro valentes sen complexos dos que podedes presumir!!. Foron dous pases breves que por diferentes motivos non defraudaron a ninguén, e nos que repasaron un bo e complexo repertorio da discografia de Zappa post-Mothers: Cosmic Debris, Bobby Brown, Willie the Pimp, What's the Ugliest part of your body?, My guitar wants to kill your mama, Peaches in Regalia, e a máis personal de todas, a adaptación do Muffin Man, todo pasado pola trituradora desvergonzada dos Muerte por Cowbell!! gracias ó catro! e a Comomepos Producións por todo o traballo adicional, e por suposto a todos por vir.

Xa temos tódo-los vídeos subidos nas anteriores entradas (parte 1 e parte 2) ou aquí todo seguido MUERTE POR COWBELL (Rif-Rock 16 feb.2013) nunha lista de reproducción. Nas próximas semanas subiremos fotos, algunhas tomas falsas en video e algunha sorpresa máis... que isto deu para moito material!!


No hay comentarios: