martes, 7 de octubre de 2014

The Limboos "Space Mambo"

Xa vos presentamos neste blog os singles anteriores de The Limboos, e xa non podíamos coas gañas de ter o seu primeiro Lp. E aquí está "Space Mambo" (Penniman Records) con 12 temas do seu rhythm'n'blues exótico, de puto ritmo, factura impecable, e imposibles de non bailar!!

THE LIMBOOS "Space Mambo"
(Penniman Records, 2014)



lunes, 6 de octubre de 2014

descarga sesión de Kurco

E aquí tedes todo o que nos deixou Kurco SoundSystem da súa sesión do pasado 27 de setembro despois do concerto de The Even Flow Experience. Tedes dous volumes, desta vez sen mesturar, os temas tal cual no-los enviou a semana pasada, máis noventero imposible!!

KURCO SoundSystem "Even Flow Session"
(sesión Rif-Rock 27 set.2014)


Victor Lenore "Indies, Hipsters y Gafapastas"

Victor Lenore é un habitual da revista Rockdelux, e de outros medios máis xeralistas coma Público ou El Pais, levamos moitos anos léndoo, pero aínda agora lanza o seu primeiro libro. "Indies, Hipsters y Gafapastas" (Capitán Swing) é un ensaio sobre a modernidade, ou sobre a necesidade de sentirse moderno, e de como se pode utilizar e manipular esa necesidade a nivel colectivo e individual, debido á relación directa entre a cultura hipster e o capitalismo corporativo dos nosos días. En realidade o subtítulo Crónica de una dominación cultural xa é moito máis esclarecedor. A ver se nos facemos pronto con el. 
Hoxe mesmo publican unha boa reseña en El Confidencial.
Ver libro na web de Capitán Swing.

VICTOR LENORE 
"Indies, Hipsters y Gafapastas. Crónica de una dominación cultural"
(Capitán Swing, 2014)




viernes, 3 de octubre de 2014

preparando datas...

Algún xa nos indicou que a estas alturas xa deberiamos ter lista a programación de outubro, pero non será ata a próxima semana cando vos adiantemos tóda-las datas do mes e seguramente xa moitas de novembro... vai a estar moi ben!!


esta noite presentación do Xuven

Esta noite non vos perdades a presentación da nova tempada do Xuven, Leb Plata 2014-15, e ademáis con Los Wavy Gravies e The Sharknadoos en concerto!! 
No parque de Torrado, dende as 22:00h.


jueves, 2 de octubre de 2014

The Even Flow Experience! o concerto

Xa tocaba volver á música en directo no Rif-Rock despois do parón do verán, e para comezar a nova tempada tivemos a sorte de que fose unha desas noites especiais. 

THE EVEN FLOW EXPERIENCE volvían ó Rif-Rock cinco anos despois, e coma se non pasara o tempo, coma se o seu anterior concerto fora a semana anterior. Foron durante moito tempo a banda residente do local, e nada máis comeza-lo seu show parecía coma se o tempo se detivera ou un flash back nos devolvera moitos anos atrás. Todo semellaba estar coma sempre, e todo o que se nos pasou pola cabeza... unha sensación xenial!!

Victor e Manolo nos ofreceron sobre 20 temas, con covers de Pearl Jam, Foo Fightes, Muse, The Cure ou Metallica entre outros, pero ademáis sumaron a un par de cantantes para acompañalos, ó gran Manuel Seixas para cantar o 'Wish you were here' dos Pink Floyd, e a Tania Vidal para recuparar o '1978' doutro dos seus proxectos, Undertown.

E o mellor de todo, é nos quedamos con gañas de máis, e eles tamén... así que xa estamos esperando para a seguinte!!

Xa tedes todo o concerto do sábado subido nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2 - pt 3 - pt 4 - pt 5) ou todo seguido en lista de reprodución:



The Even Flow Experience (concerto pt.1)


The Even Flow Experience (concerto pt.2)


The Even Flow Experience (concerto pt.3)


The Even Flow Experience (concerto pt.4)


The Even Flow Experience (concerto pt.5)


miércoles, 1 de octubre de 2014

Bass Drum of Death "Rip This"

Novo traballo de Bass Drum of Death, e outro discazo que nos deixan. 
O proxecto de John Barrett condensa o mellor do underground norteamericano, e unha das bandas que seguimos con máis ansiedade dende que nos sorprenderan co seu debut no 2011 ("GB City" foi o mellor disco do 2011 para este blog), e o impresionante "Bass Drum of Death" do 2013. "Rip This" é o seu terceiro largo, e para a ocasión reclutou ó baterista Len Clark e a Jacob Portrait como baixista e productor. O resultado son 10 temas como nos ten ben acostumado de garage lo-fi, repleto de fuzz saturado e cunhas melodías impecables!! 'Left for Dead', 'For Blood' ou 'Sin is in 10' son desas pezas que queres repetir unha e outra vez, tamén nos deixa un tema acústico que funciona perfectametne como 'Better Days' e remata con 'Route 69 (Yeah)'. 10 temazos que apuntan moi alto, aínda que con BDOD non somos nada obxectivos...

BASS DRUM OF DEATH "Rip This"
(Innovative Leisure, 2014)



Otis Brown III "The Thought of You"

Antes do trallazo que vos recomendaremos despois, imos a comezar a mañan con un pouco de jazz, que xa hai tempo que non vos traemos ningunha novidade por aquí.
É o lanzamento do debut de Otis Brown III como frontman (seu pai foi tamén baterista de James Brown ou Al Green), logo de moitos anos como baterista habitual de xente tan coñecida como Esperanza Spalding ou Oliver Lake, agora se lanza coas súas propias composiciónscon neste "The Thought of You". Para o álbum se rodea do pianista Robert Glasper (que tamén é co-autor dalgunhas pezas), Keyon Harrold na trompeta, o saxofonista John Ellis, e Ben Williams no baixo, e co organista Shedrick Mitchell, ademáis coas aparicións especiais do guitarrista Nir Felder, e  coas voces de Bilal, Gretchen Parlato, e Nikki Ross. 
Por suposto nos quedamos cos temás máis rítmicos como 'The Way' pero metédelle unha escoita que seguro que lle sacades partido.

OTIS BROWN III "The Thought Of You"
(Revive Music / Blue Note Records, 2014)



martes, 30 de septiembre de 2014

The Even Flow Experience 'Even Flow'

Xa estamos editando con calma os videos do concerto de The Even Flow Experience, así que aproveitamos para deixarvos unha de adianto.
Aquí vai o seu cover de 'Even Flow', coa que remataron o seu show.


lunes, 29 de septiembre de 2014

este venres presentación do Xuven 2014-15

O Club Xuventude Baloncesto de Cambados arranca este sábado unha nova tempada en LEB Plata, pero antes teremos unha festa de presentación como se merece. 
Será o Venres (3 de outubro) no Parque de Torrado dende as 22:00h.
Coa presentación da plantilla amenizada polos locutores de Arousa Si Radio Salnés e os djs de Conexión Dance, e coas actuacións en directo das bandas de ex-xogadores THE SHARKNADOOS e LOS WAVY GRAVIES!! 
Non vo-lo perdades!! e por suposto... ABÓNATE!!!


Ian Svenonius "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock"

Se seguides este blog, xa sabedes da nosa devoción por Ian Svenonius, en calqueira das súas facetas. Pero desta vez non vos recomendamos outro dos seus discos, senón o seu último libro "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock", publicado orixinalmente o ano pasado ("Supernatural Strategies for Making a Rock'n'Roll Group" Akashic Books, 2013) e estamos encantados de que xa se publique por aquí da man de Blackie Books.

No seu debut discográfico cos Nation of Ulysses, Svenonius xa nos propoñía un manifesto de 13 puntos para destruir América ("13-Point program to destroy America" Dischord Recs, 1991) inspirado no Programa dos 10 Puntos do Black Panther Party. Tamén podemos recuperar o seu anterior libro "The Psychic Soviet" (Drag city Press, 2006) que recopilaba moitos dos seus artigos dispersos en diferentes medios, e no que xa nos presentaba a dualidade marxista entre o stalinismo industrial dos Beatles e o maoísmo agrario dos Rolling Stones. 

Mentres agardamos polo seguinte álbum de calqueira dos seus proxectos, nos chega este "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock", un novo manifesto dividido en dúas partes. Na primeira fai un repaso pola historia do rock, ríndose de tódo-los mitos e cunha chea de anécdotas coas que denuncia unha vez máis o absurdo da industria, dende ese punto de vista da política de bloques da Guerra Fría, resulta brillante!!. Na segunda parte na se mete no programa didáctico do asunto, dende como facer fotos promocionais, ata os dobles sentidos das letras e da vestimenta. E para rematar un repaso á escena indie actual... puro delirio, botaredes horas sen parar de rir. Sen dúbida do máis entretido en moito tempo.
E por suposto Svenonius non se puido resistir a compoñer un tema promocional.
Ver o libro na web de Blackie Books.

Ian Svenonius "Estrategias sobrenaturales para montar un grupo de rock"
(Blackie Books, 2014)


domingo, 28 de septiembre de 2014

Even Flow Experience + Kurco

Pasaron 5 anos... e coma se fora a semana pasada do seu anterior concerto!! 
Menudo show que nos ofreceron The Even Flow Experience. Gracias Manolo e Victor, e a Kurco, ós tres por facelo posible!! por suposto a todos por vir, e a Tania Vidal e Manuel Seixas polos seus temas. 
Nos próximos dias xa iremos subindo fotos, videos e demáis.
E tranquilos que xa estamos preparando máis datas. Even Flow!!!


viernes, 26 de septiembre de 2014

Sáb.27: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto!! + Kurco SoundSystem

Rematamos setembro por todo o alto con música ao vivo, 
e ademáis cun deses shows que nos encanta anunciar:
THE EVEN FLOW EXPERIENCE!!
Sábado 27 de setembro, dende as 23:30h. 

Victor Karallada e Manolo Serantes, que durante moito tempo formaron a banda residente do noso local, e volven 5 anos depois do seu último concerto retomando o seu proxecto acústico no Rif-Rock. Qué ganas de volver a velos!!
E para continua-la noite, seguirá KURCO SoundSystem dende a cabina. 
Un plan perfecto para un sábado noite!!


The Even Flow Experience hoxe na prensa

Hoxe na prensa unha pequena entrevista a Victor Karallada como adianto ó concerto de mañan de The Even Flow Experience, no suplemento Viernes Arousa de La Voz de Galicia. Para ve-lo artigo un pouco máis grande picade aquí.


jueves, 25 de septiembre de 2014

The Even Flow Experience, posters 2006-2009

Un pouco de revival. Aquí tedes unha escolma de 9 posters dos concertos de THE EVEN FLOW EXPERIENCE no Rif-Rock entre o 2006 e o 2009. 
Houbo algúns concertos máis (algún incluso sen poster), pero con estos xa chega dabondo para fecerno-las gañas... e ó fin este sábado (27 setembro) nos quitaremos a espiña, tras 5 anos de espera, volven ó Rif-Rock en directo!!