jueves, 13 de noviembre de 2014

descarga Psycho!

Aquí tedes pouco máis de unha hora mesturada da sesión do sábado pasado, con moito underground dos 60's, garage e freakbeat. Metédelle ben de volume!!

"PSYCHO" (sesión Rif-Rock 8 nov.2014)
faite con Psycho aquí.


martes, 11 de noviembre de 2014

Neil Young "Storytone"

Novo álbum do incombustible Neil Young, pero desta vez nada que ver con todo o anterior: unha orquestra de 92 músicos, un pequeno coro, e Neil Young. Na edición especial inclúe os mesmos dez temas de Young a soas coa súa guitarra, en plan demos. Temas instrumentais, autentico swing de big band ('SayHello! to Chicago'), e algunha peza de blues sorprendente con banda ('I want to drive my car' ou 'Like to used to do'), pero mellor que busquedes un momento axeitado para desfrutar deste "Storytone". Ademáis é o primeiro álbum que sae en sistema Pono, un novo formato de arquivos dixitais que Young leva varios anos desenrolando. 

NEIL YOUNG "Storytone"
(Reprise, 2014)



Guadi Galego 'Matriarcas'

Esta mañá fíxose público o video de 'Matriarcas' de Guadi Galego, que sae como adianto do seu novo álbum "Lúas de outubro e agosto" que se publica o próximo 25 de novembro. Todo o traballo audiovisual vai a cargo Karlos Abal, e nel atoparedes unha chea de mulleres que nos tocan moi de cerca. Precioso!!


lunes, 10 de noviembre de 2014

Rockdelux #333 Especial 30 Aniversario

Xa hai tempo que lle perdimos a pista a revista Rockdelux, pero cando sacan un destes tochos de listas e selección de álbumes sempre caemos na trampa!! O seu número de novembro 2014 (RDL.333) conmemora os 30 anos da publicación cunha selección dos redactores e colaboradores cos 300 mellores álbumes as tres últimas décadas e un repaso ano a ano pola historia da revista. 
E por suposto coa polémica de sempre destas listas...


domingo, 9 de noviembre de 2014

Nick Cave "20.000 dias en la tierra"

Este fin de semana estreouse por aquí o documental "20.000 días en la Tierra", que relata un día ficticio na vida de Nick Cave, suponse que o número 20 mil da súa existencia, a nivel cotidiano e a nivel creativo. Levamos tempo lendo críticas de todo tipo, así que teremos que vela nós mesmos para facernos unha idea.


"20.000 días en la tierra"
UK, 2014. dir: Iain Forsyth, Jane Pollard


viernes, 7 de noviembre de 2014

The Litter "$100 fine"

Outro clásico para hoxe. Repasando agora o blog, nunca vos recomendamos ningún álbum de The Litter, aínda que o seu 'Action Woman' a miudo aparece polas nosas sesións. Sen dúbida ese tema foi o seu maior éxito, o seu primeiro single, incluído logo no seu primeiro Lp "Distortions" de 1967, e que incluso volveron a publicar con diferente cara b. Pero hoxe vos recomendamos o seu segundo disco: "$100 Fine". 
The Litter foi unha banda de Minneapolis, formáronse en 1966 e ata a súa disolución en 1969 nos deixaron tres álbumes e media ducia de sinxelos de moi bo nivel. Este "$100 Fine" foi o seu segundo álbum, de 1968, con máis matices que o anterior, no que case todo eran versións, nesta ocasión atopamos catro pero os seus propios temas son de un nivel maior e co característico xogo de guitarras de Rinaldi e Caplan e os momentos co sintetizador Moog. Con pezas de garage psych de máis alto voltaxe como a inicial 'Mindbreaker' saturada de fuzz, e outras máis orientadas cara o blues ácido e as melodías. As versión dos Small Faces, The Yardbyrds, Procol Harum e o 'She's Not there' de The Zombies en 9 minutos para rematar. Discazo!!

THE LITTER "$100 Fine"
(Hexagon, 1968)



jueves, 6 de noviembre de 2014

Cream "Wheels of Fire"

Antes de que chegue a fin de semana imos a recomendar un par de clásicos que os temos moi descoidados, e así xa nos serve de introducción para a sesión do sábado.
Supoño que nada temos que decir sobre Cream, power trio fundamental dos 60s, seguramente o máis grande xunto con The Jimi Hendrix Experience, e que sobre todo souberon retirarse a tempo. Eric Clapton, o recentemente finado Jack Bruce e Ginger Baker nos deixaron en tres anos catro discazos tremendos, e seguramente este "Wheels of Fire" de 1968 sexa o seu cumio. Publicado orixinalmente coma un album dobre, cun primeiro disco gravado no estudio con 9 temas e o segundo con catro temas en directo: Live at Fillmore, incluíndo o 'Crossroads' de Robert Johnson e o 'Spoonful' de Willie Dixon. Foi directo ó número 1 nos USA, e durante moitos anos foi o álbum dobre máis vendido da historia.

CREAM "Wheels of Fire"
(Polydor/ATCO, 1968)



The Maggie's Marshmallows "Come Along"

Hoxe vos recomendamos unha novidade de Get Hip Recordings. Trátase do single de presentación de The Maggie's Marshmallows, un power trio de Praga, que neste 7'' nos presentan 2 temas cheos de forza, ritmo e moito fuzz. Prometen!!

The Maggie's Marshmallows "Come Along"
(Get Hip Recordings, 2014)




miércoles, 5 de noviembre de 2014

"Bee Thousand" dos GbV, 20 aniversario

Este ano cúmprense 20 anos do lanzamento do "Bee Thousand" dos Guided by Voices (Scat Records 1994), era o seu séptimo álbum, e co que consolidaron o seu sonido lo-fi, e no que se incluían o 'Hardcore UFOs' ou 'I am a Scientist', todo un discazo. No 2004 xa celebraron o 10º aniversario cunha edición especial "Bee thousand, the director's cut", na que ampliaban dos 20 temas orixinais a 3 vinilos con 55 temas, aquí tedes detalle da portada e dun dos vinilos desta edición. 

E este ano cúmprense 20 anos do "Bee Thousand" e a edición especial coa que o conmemoran é bastante curiosa. O pack é unha caixa de cervexas Dogfish con 6 botellas de 750ml etiquetadas coa portada do álbum orixinal, acompañadas de un vinilo de 10'' cos temas do álbum en directo, e que titularon para a ocasión "Beer Thousand". Si vos interesa facer un pedido aquí tedes a web
Nós pasamos, pero a ver se nos facemos con ese directo algún día.



'Pass the Hatchet' Vs.

Xa hai moito tempo que non facemos unha desas entradas de covers, e como este fin de semana sábado nos preguntaron por un tema, xa temos escusa. O venres sonou o 'Pass the Hatchet' de Roger & The Gypsies, e nos nos viñeron a preguntar á cabina polo tema de Yo La Tengo...

"Pass the Hatchet" é un single publicado en 1965 polo selo Seven B polos efímeros Roger & The Gypsies, un tema de rítmica hipnótica e destinada para o baile, un auténtico experimento que foi todo un éxito. Pero o que moita xente non sabe é que detrás desta banda estaba o mítico Eddie Bo, un dos máis grandes do funk e rhythm'n'blues de New Orleans, que nesta ocasión se acompañaba pola banda Earl Stanley & The Stereos. Este 7'' foi a súa única publicación con dúas partes, unha por cada cara, e sonaba así de ben:


A maioría vos sonará esa liña de baixo polo tema de Yo La Tengo 'Pass the hatchet, i think i'm goodkind', que abría o seu álbum "I Am Not Afraid of You and I Will Beat Your Ass" (Matador, 2006) e alongaban ata os 10 minutos , igual que aumentaban o título, convertíndoa nunha peza fantástica, e que aínda se aprecia moito mellor en directo:


Pero aínda tiñamos a man algo máis para sorprender, outra versión do 'Pass the Hatchet' dos Tav Falco's Panther Burns no seu álbum de 1987 "The World we Knew" xusto no momento que poñían fin a súa época de sons máis primitivos, e aínda con Tav Falco en compañía de Alex Chilton:


E aínda atopamos unhas cantas máis que non coñecíamos mentres buscabamos estas polo youtube. Recomendámosvos dúas máis, esta do girl group The Godzillas, e outra moito máis recente de Gus Raucous.


martes, 4 de noviembre de 2014

John Waters "Carsick"

E outro libro máis que vos recomendamos hoxe, o novo de John Waters
Se seguides a súa filmografía e últimamente os seus libros, non vos debedes perder a súa última publicación: "Carsick", que ademáis chega ben recente da man de Caja Negra Editora, publicado en xuño nos USA, co titulo orixinal "Carsick. John Waters hitchhikes across America" (editado por Farrar, Straus and Giroux, 2014), subtitulado aquí como "De Baltimore a San Francisco con el pontífice del Trash", unha road movie disparatada no seu máis puro estilo.

John Waters "Carsick. De Baltimore a San Francisco con el pontífice del trash"
(Caja Negra Editora, 2014)


Así presentan Carsick na web de Caja Negra:

A los 66 años, John Waters sigue tomando riesgos y poniéndose a prueba. Con su lúcido ingenio, su delgado bigote y un cartel que reza “No soy un psicópata”, emprende un viaje a dedo desde su querida Baltimore natal hasta San Francisco, desafiando solitarios caminos y anónimos conductores para cumplir sus sueños de vagabundo glamoroso. Pero, ¿por quién deberíamos preocuparnos más? ¿Por el delicado director de cine con buenos modales? ¿O por los desprevenidos viajeros que transportan al Pontífice del Trash? 
Antes de embarcarse en esta audaz aventura, Waters fantasea con los mejores y los peores destinos posibles: un amistoso traficante de drogas le regala una suma importante de dinero para financiar sus proyectos, un corredor le hace una obscena propuesta sexual en medio de una carrera de coches, y una brigada homofóbica de Kansas lo lleva a prisión; en definitiva, las extravagantes escenas a las que nos tiene acostumbrados en sus películas. Pero, ¿qué es lo que realmente sucede cuando esta leyenda de culto asoma su pulgar a la ruta y se enfrenta a las peripecias de la carretera? Lejos de aquellas delirantes fantasías, con humor subversivo y cálida inteligencia, la mirada de Waters transforma las largas horas de espera en los caminos, las noches en anodinos hoteles de paso y la compañía de los ciudadanos comunes del interior de los Estados Unidos en una aventura encantadora. 

"Demasiada libertad sexual os convertirá en terroristas" textos de Pasolini

Nestas semanas a editorial Errata Naturae publico outra das súas estupendas recopilacións de textos, desta vez de Pasolini, incluíndo artigos, ensaios e apuntes. 
Este ten pinta de imprescindible!

Pier Paolo Pasolini "Demasiada libertad sexual os convertirá en terroristas"
(Errata Naturae, 2014)


Así o presentan na web de Errata Naturae:

Pier Paolo Pasolini fue un gran cineasta, un notable poeta, un extraordinario novelista y, tal como demuestra en el presente volumen, uno de los mayores ensayistas del siglo XX. Como pensador y como creador, Pasolini entendió que la auténtica provocación y una forma de escándalo que no fuera recuperable por el sistema de consumo cultural eran las armas más eficaces que poseía un intelectual. Y es precisamente este espíritu de la transgresión, entendido como reflexión lúcida, comprometida y a contracorriente, el que habita los ensayos que componen este libro —incluido el que le da título—, redactados a lo largo de más de treinta años e inéditos hasta ahora en nuestra lengua.

En este sentido, la presente antología se compone de un conjunto de textos que, atendiendo a su vitalidad intelectual, su alcance histórico y la belleza de su escritura, son de primer orden y dan cuenta del mejor Pasolini, crítico radical de nuestra cultura y ajeno a cualquier tipo de concesiones. En ellos se abordan temas fundamentales en la reflexión y la vivencia de este autor: la violencia y su extremo, la guerra; la educación, tal como se nos impone y tal como podría ser; eso que llamamos cultura, y la dialéctica crítica que ésta exige; la sociedad, siempre junto a la soledad de aquel que toma conciencia de su deriva; o la política, que para Pasolini no podía ser sino una estrategia de la resistencia.

El libro se cierra con dos documentos absolutamente excepcionales: un texto, publicado de forma póstuma apenas dos semanas después de la muerte de Pasolini, que el propio autor definió como «un testamento intelectual y espiritual»; y una última entrevista, brillante y brutal como todas, que tuvo lugar apenas cuatro horas antes de su asesinato. En ella Pasolini advertía de que «mientras nosotros estamos aquí hablando puede que haya alguien en el bar planeando liquidarnos», lo que no habla tanto de una premonición como de la estricta lucidez de quien ha tocado «la vida violenta» y conoce verdaderamente su lugar en el mundo.