miércoles, 5 de noviembre de 2014

"Bee Thousand" dos GbV, 20 aniversario

Este ano cúmprense 20 anos do lanzamento do "Bee Thousand" dos Guided by Voices (Scat Records 1994), era o seu séptimo álbum, e co que consolidaron o seu sonido lo-fi, e no que se incluían o 'Hardcore UFOs' ou 'I am a Scientist', todo un discazo. No 2004 xa celebraron o 10º aniversario cunha edición especial "Bee thousand, the director's cut", na que ampliaban dos 20 temas orixinais a 3 vinilos con 55 temas, aquí tedes detalle da portada e dun dos vinilos desta edición. 

E este ano cúmprense 20 anos do "Bee Thousand" e a edición especial coa que o conmemoran é bastante curiosa. O pack é unha caixa de cervexas Dogfish con 6 botellas de 750ml etiquetadas coa portada do álbum orixinal, acompañadas de un vinilo de 10'' cos temas do álbum en directo, e que titularon para a ocasión "Beer Thousand". Si vos interesa facer un pedido aquí tedes a web
Nós pasamos, pero a ver se nos facemos con ese directo algún día.



No hay comentarios: