jueves, 27 de noviembre de 2014

Fugazi "First Demo"

Sen dúbida o álbum da semana!! e iso que non ten nada novo...
Hai un par de semanas que se anunciara o inminente lanzamento da primeira maqueta dos Fugazi, e aquí está, ó fin nos fixemos con ela!!

"First Demo" recolle a súa primeira sesión no estudio, son 11 temas gravados na propia sede de Dischord e no Inner Ear Studios co productor Don Zientara en xaneiro de 1988, cando a banda só levaba 10 concertos ás súas costas.
Entre os 11 temas aparecen xa os temas que logo nos entregaron nos EPs "Fugazi" (Dischord, 1988) e "Margin Walker" (Dischord, 1989) logo compilados no "13 Songs", e varios dos que xa formaron parte do "Repeater" (Dischord, 1990) que cambiou as nosas vidas. Ademáis atopamos o tema 'In defense of humans' que só fora publicado no recopilatorio "State of the Union: D.C. Benefit Compilation" (Dischord, 1989, logo reeditado no 2002), e ademáis aparece 'Turn Off your Guns' por primeira vez publicada na súa versión de estudio.
Nada novo, pero tampouco atoparedes nada mellor ca esto!
Se queredes botarlle unha escoita primeiro aquí tedes todo o audio, pero mellor que vos fagades con el como sexa!! Nós, cos nervios, xa mercamos dous por se acaso...

FUGAZI "First Demo"
(Dischord Records, 2014)



No hay comentarios: