jueves, 28 de abril de 2016

The Funkstamatics "Lift Off"

Hoxe imos cunhas cantas novidades, xa pensando na sesión Black Grooves do venres. Comezamos nos Paises Baixos, con The Funkstamatics, unha banda de acidjazz-rock-funk, que en vez de poñer a vista nos habituais do xénero, tentan facer unha relectura inspirados en The Meters, James Brown e o Herbie Hancock máis espacial. O resultado é puro ritmo, para dez temas case todos instrumentais, cheos de xiros e referencias ós clásicos, e que rompen en 'Real Love' e nas dúas entregas de 'Say It' acompañados pola vocalista Sanne Monster. Un disco imparable.

The Funkstamatics "Lift Off"
(Painted Dog Records, 2016)



miércoles, 27 de abril de 2016

King Gizzard & The Lizard Wizard "Nonagon Infinity"

Unha das bandas máis en forma dos últimos anos son os australianos King Gizzard & The Lizard Wizard, cun ritmo de publicacións envexable, e sempre facendo o que lles peta. Despois de dous álbumes fantásticos no 2015 de folk-pop alucinado e psychodelia acústica, chegan con este "Nonagon Infinity", no que volven ó garage psychodélico e descontrolado dos comezos. Son nove temas densos con pistas e pistas de guitarras, menos distorsionados que nos anteriores traballos deste tipo, e máis melódicos, pero cunha velocidade, cambios de ritmo, e xogos nas mesturas que aturden exactametne o mesmo. 'Robot Stop' e 'Big Fig Wasp' que comezan compartindos os mesmos riffs e moledías, os pelotazos de 'Gamma Knife', 'People-Vultures' e 'Invisible Free', e as tremendas 'Mr.Beat' e 'Wah Wah' (os títulos xa o din todo!).
Recomendadísimo!, xa só nos queda darlle voltas mentres chega o seguinte...

KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Nonagon Infinity"
(Flightless Records, 2016)



Wire "Nocturnal Koreans"

Uns cantos álbumes antes da fin de semana.
Volven Wire, unha das miñas bandas favoritas, e cando están a punto de cumprir 40 anos retoman esa boa costume de publicar disco por ano.
En realidade os oito temas deste "Nocturnal Koreans" foron grabados ao tempo que o anterior "Wire" do 2015, e aquí están os temas que non foran incluído no anterior. E igual que aquel, é un álbum de pop, sen esa presión de décadas anteriores nas que tiñan que sorprender ó mundo enteiro con cada traballo. Ademáis mantén unha secuanciación similar, cos temas máis melódicos ó principio: 'Nocturnal Koreans', 'Internal Exile', 'Dead Weight' e o relax de 'Forward Position', e unha segunda máis intensa, rápida, e guitarreira con 'Numbered', 'Still', 'Pilgrim Trade' e 'Fishes Bones'.
Como único cambio, o álbum está publicado co selo propiedade de Colin Newman, swim~ records, en lugar do selo da banda Pink Flag.
O que agardo deles é que o próximo ano reediten en vinilo o seu mítico debut!

WIRE "Nocturnal Koreans"
(swim~, 2016)



en xullo: 17 anos de RIF-ROCK!!


sesion de Pau Pau a Go-Gó!

Aquí tedes unha pequena parte da sesión de Pau Pau a Go-Gó! do sábado pasado: moito garage, rhythm'n'blues, ye-yé e ata mambo!! metédelle volume!.

Pau Pau a-Go-Gó!
(sesión Rif-Rock 23 abril 2016)


martes, 26 de abril de 2016

7 maio: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo

E lembrade que a seguinte semana temos máis música en directo.
THE EVEN FLOW EXPERIENCE! en concerto, a banda residente da casa, aínda que agora teñan menos tempo. Victor e Manolo man a man con dúas guitarras, para face-lo seu repertorio de sempre e esas sorpresas que sempre aparecen nos seus directos. 
Apuntade o día, Sábado 7 de maio dende as 23:45h. 
Non vo-lo perdades!!


TIM HOLEHOUSE en Cambados

Un adianto...
en maio teremos en directo o británico TIM HOLEHOUSE en Cambados.
Botádelle un ollo á súa web: timholehouse.com e o seu bandcamp.
Nos próximos días toda a info.



lunes, 25 de abril de 2016

Ramones "Ramones"

Máis efemérides, esta para poñerse en pe...
O sábado cumpríronse 40 anos do lanzamento do debut dos Ramones, un acontecemento que sen dúbida merecía moita máis repercusión da que está a ter. Formados en 1974, lideraron sen querelo o movimento punk de NYC, e se convertiron para sempre no seu principal referente. 
Hai moitas historias sobre a súa firma con Sire Records, o que parece certo, e que o selo quería tantear a proposta cun single, e a banda só aceptaba grabar un álbum completo, finalmente saíronse coa súa. O 23 de abril de 1976 publicaron o seu debut homónimo, con esa mítica formación que duraría ata 1978: Joey, Johnny, Dee Dee e Tommy, grabaron todo o material por menos da cuarta parte do que habitualmente custaban as produccións da compañía e nun tempo record. Catorce temas para un dos mellores álbumes da historia, catorce cañonazos sen tregua, sinxelos, directos, acelerados, e letras tan breves coma delirantes: 'Blitzkrieg Bop', 'Beat on the Brat', 'Judy is a Punk', 'I Wanna Be Your Boyfriend', 'Chain Saw, Now I Wanna Sniff Some Glue', 'I Don't Wanna Go Down to the Basement', 'Havana Affair', 'Listen to My Heart', '53rd & 3rd', 'Let's Dance', 'I Don't Wanna Walk Around With You', e as miñas favoritas: 'Today Your Love, Tomorrow the World', e 'Loudmouth'. 
O deseño foi outro dos elementos rompedores, a fotografía de portada de Roberta Bayley, e o cinturón da contraportada co logotipo deseñado por Arturo Vega que se convertería en eterno.
Era só o comezo dunha gran historia...

RAMONES "Ramones"
(Sire Records, 1976)



este sábado DEAD WOOD en directo!!

Este sábado, cita obrigada:
Cinco meses despois volverán o noso trío favorito: DEAD WOOD!! recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo, e para anunciarnos unhas cantas novidades. O Sheriff Lorre (esta vez sí en directo!), Breo Gun e Mr. Bam Bam (alias Rufus el Guarro) co seu espectáculo habitual, encomendados de novo ó espiritu do chief comanche Tosh-a-wah, nunha noite que será moi especial, despedidas, presentacións, convidados...
O Sábado 30 de abril, dende as 23:45h. Non vo-los perdades!!


este venres: Black Grooves!!


viernes, 22 de abril de 2016

revival: FLU POP 2009

Un pouco de revival. 
Volvemos a vista sete anos atrás, ó que foi o último intento de facer un festival pop en Cambados dende unha proposta privada.
Foi o FLU POP, organizado por Nova Producións, o 10 de abril do 2009 en medio das vacacións de Semana Santa.

O cartel estaba encabezado por Lori Meyers, Holywater e Niño y Pistola, e a escena local, que é o que nos interesa estaba representada por Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Airas e The Henry Warnimont, e sempre quedamos con ganas de máis!

Nas últimas semanas xa o deixamos cair un par de veces, e insistimos: QUEREMOS UNHA SEGUNDA EDICIÓN DO FLU POP!! 

Pero imos co repaso: dos Henry Warnimont só temos algúns videos soltos, pero aquí tedes os concertos completos de Airas e dos Peter Lorre, nas seguintes listas de reproducción:


jueves, 21 de abril de 2016

Jane Lee Hooker "No B!"

Jane Lee Hooker son unha banda de NYC, formada por cinco mulleres que pratican un hard blues potente e acelerado no que fan tributo ós seus referentes do blues máis primitivo Muddy Waters, Howlin Wolf, Johnny Winter, Big Mama Thornton, Albert King, Sister Rosetta Tharpe ... Este "No B!" é o seu debut en longo, con once temas que versionan a todos eses clásicos: ahí están 'Shake for me', 'Bumble Bee', 'Free me', 'The Hunter' ou a tradicional 'Wade in the Water' que abre o álbum. 
Un cañonazo detrás de outro. 

JANE LEE HOOKER "No B!"
(Ruf Records, 2016)



Robert Pollard "Of Course You Are..."

Un par de álbumes máis esta semana.
O novo de Robert Pollard en solitario (aínda que o nome co que edite xa hai tempo que é o de menos, pero como R.Pollard este fai o número 24!!). Leva por título "Of course you are Robert Pollard" e continúa con esas facturas dos recentes Ricked Wicky que en realidade nos devolven aos Guided by Voices de finais dos 90s e comezos dos 2000 antes da súa primeira disolución. Por certo que os GbV xa está novamente reactivados... 
Un novo traballo con 12 temas, 'Long Live instant Pandemonium', 'Promo Brunette', 'I Can Illustrate' como temas máis destacados marca da casa, e 'Come and Listen', 'Contemporary Man' ou 'Losing It' como temas de fuga que se saen da liña habitual. Dispoñible só en cd. Se sodes capaces de seguirlle o ritmo das súas publicacións, recomendadísimo!!

Robert Pollard "Of Course You Are"
(Fire Records, 2016)



Family Folks "All the Lost Causes"

Outro álbum máis do GZ Canibal que vos recomendamos esta semana.
Family Folks son un dúo de Vigo, os multi-instrumentistas Bosco Hill e Rubén Xuarez, aínda que habitualmente contan con moitos colaboradores. Na actualidade Jorge o 'Sheriff Lorre' e Martin López 'Mr Bam Bam' (dos Dead Wood e Los Wavy Gravies, e outros moitos con anterioridade) fánse cargo da sección rítmica nos seus directos.
A semana pasada chegounos o seu primeiro traballo, un elegante digipak lanzado co selo guipuscoano Gaztelupeko Hotsak, con 10 temas de folk, country e blues con xogos de voces fantásticos e un tremendo despregue instrumental, de feito no álbum interveñen ata 15 músicos convidados. 
Este domingo (24 de abril) o presentan en directo no Alta Fidelidad de Vigo, e próximamente os exemplares en vinilo. Grupazo recomendadísimo!!

FAMILY FOLKS "All the Lost Causes"
(Gaztelupeko Hotsak, 2016)



Bento Veloso & Los Doce Trinches "Extinción"

Magníficas novas que chegan dende Freeky Dicky Records. Despois de moitos anos de silencio, volven á actividade. O próximo 1 de maio lanzarán o 7'' de Bento Veloso & Los Doce Trinches, unha banda da Coruña de folk blues psychodélico. Leva por título "Extinción" e xa o podedes reservar na súa web (freekydickyrecords.org). 
E xa que estamos metédelle un repaso polo seu bandcamp.

BENTO VELOSO & LOS DOCE TRINCHES "Extinción"
(Freeky Dicky, 2016)



miércoles, 20 de abril de 2016

7 maio: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo!

Imos adiantando datas para maio.
Un pracer anunciarvos un novo show de THE EVEN FLOW EXPERIENCE! 
Victor e Manolo man a man con dúas guitarras, para facelo seu repertorio de sempre e esas sorpresas que sempre aparecen nos seus concertos. 
Apuntade o día, Sábado 7 de maio dende as 23:45h. 
Non vo-lo perdades!!


*para o poster empregamos un dos deseños promocionais do filme Factory Girl de 2006 
(filme sobre a traxectoria de Edie Sedgwick da man de Andy Warhol).

sesión do Sheriff Lorre

Aquí tedes unha pequena parte da sesión do Sheriff Lorre do sábado pasado, Rock crudo, rhythm'n'blues, frat rock, surf e moito máis... metédelle volume!.

Sheriff Lorre "Motorcycle"
(sesión Rif-Rock 16 abril 2016)