domingo, 8 de mayo de 2016

The Even Flow Experience!!

Coma sempre, tremendos The Even Flow Experience, máis de dúas horas de show de Victor e Manolo, desta vez acompañados polo vozarrón de Iria R. Viqueira. Puro revival!! Moitas gracias ós tres! e a todos por vir!
E a Quique Barreiro polo soporte técnico de última hora!!
Ahí tedes unhas fotos:








sábado, 7 de mayo de 2016

esta noite: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo + sesión Comomepós

Esta noite máis música en directo!!
THE EVEN FLOW EXPERIENCE en concerto dende as 23:45h.
E despois sesión de despedida de Comomepós dende a cabina "Ultimate Mix".
Non vo-lo perdades!!


viernes, 6 de mayo de 2016

Artefacto Salnés 2016: Cancioneiro

Este venres inaugúrase unha nova entrega da exposición ARTEFACTO SALNÉS, un proxecto do IES Ramón Cabanillas, que coma sempre amosa pezas de artistas da comarca coas de alumnos do instituto.  Este ano leva por título "Cancioneiro", e ahi participamos tamén nós cunha pequena montaxe
Pazo de Torrado, Cambados. Do 6 de maio ó 12 de xuño.
Inauguración Venres 6 maio ás 20:00h.


jueves, 5 de mayo de 2016

programación Maio 2016

Aquí tedes a programación completa que vos propoñemos para este mes de maio, e o adianto de algunha cousa xa para xuño. 
Ademáis das datas que xa fumos adiantando, incorporamos a última hora a sesión de Comomepós ó cartel deste mesmo sábado, despois do concerto dos Even Flow, se encargará da música dende a cabina, no que será a súa despedida con ese alter ego... The Ultimate Mix!!

_maio2016_
· Sábado 7: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo 23:45h.
                     + sesión COMOMEPÓS "The Ultimate Mix"
· Venres 13: Trash! (sesión Psych.M).
· Sábado 21: VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas
                     Kevi e Kal en directo 23:45h. (Especial Letras Galegas 2016)
· Venres 27: Fuck'U whiteys... Black Grooves!

E xa vos podemos ir adiantando a entrega de música en directo do próximo mes de xuño, coa estrea de LOST SONGS, un novo proxecto formado por Bruno Barreiro e Isi Vaamonde a dúo. Xa vos daremos máis info próximamente...

Non vo-lo perdades!!


27 maio: Black Grooves!!


21 maio: VENTO MAREIRO. Kevi e Kal en directo

Unha data que teredes que apuntar ben é a do sábado 21.
Como cada ano faremos un especial polas Letras Galegas. 
Este ano o deixaremos para o seguinte fin de semana, pero vai a ser moi especial. Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público.
Para o poster empregamos a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921.
Apuntade: Sábado 21 de maio, dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!!


13 maio: Trash!

Este mes, recuperamos a serie de sesiòns Trash Trash Trash! que tiñamos abandoada dende o ano pasado, a ver se podemos seguir onde o deixamos...



miércoles, 4 de mayo de 2016

20 anos de A Reixa!

Este mes de maio, os amigos de A Reixa en Compostela cumpren 20 anos!!
E teñen unha ampla programación para celebralo durante todo o mes!!
Noraboa A Reixa, moitas felicidades, e a por moitos máis!!


Aquí tedes a programación completa:
Xoves 5 - Dois + Bifannah. 
Martes 10 – "Oito apelidos composteláns" Un monólogo de Carlos Santiago. 
Martes 17 – Es Un Árbol Rock Absurdo. 
Xoves 19 – The Rolling Scones. 
Martes 24 – Adrián Costa. 
Sábado 28 – FESTÓN!!!
  -> Sesión vermú: Os da Ría + Tony Lomba.
  -> Festival na Capitol: Los Chavales + Samesugas.
Martes 31 – Mega Purple Sex Toy Kit

*Todos os concertos no bar, incluída a sesión vermú serán de balde. 
O festival na Capitol terá unha entrada de 6 € anticipada e 8 € na billeteira.

DEAD WOOD! O concerto do 30 de abril

O sábado tivemos un dos concertos que máis agardábamos estes últimos meses, o retorno dos DEAD WOOD!!, cinco meses despois do seu último show, e recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo no Karallada Sound Factory con Victor Karallada.

Ademáis tamén foi unha noite moi especial porque servía de despedida temporal do Sr Pistola, Breo Gun non poderá está sempre cos Dead Wood por motivos laborais, e de paso xa incorporaron a Miguel Moldes (guitarras, mandolina, harmónica, voces e todo o que se lle poña por diante) e Michi Calambres (baixo, harmónica, voces e cadenas) como membros a tempo completo da banda. Unha formación de escándalo!! 

No seu repertorio unhas cantas versións, tódo-los seus temas propios, e un par de novidades coma 'Ballad for Beelzebub'. E ademáis unhas cantas colaboracións: abriron a seu show co gran Brais Ramos na batería marcándelles o tempo!! todo un espectáculo! por suposto tiña que aparecer Victor Karallada no escenario, para meter outra guitarra en 'Lose Control', e para rematar un pequeno homenaxe a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre 'Ella (Huele mal)' con Rocío nos coros.

Unha noite espectacular!! Gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esta festaza, e sobre todo a estes grupazo por ternos como o seu local de referencia. Gracias cracks!! 

Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reprodución:



Dead Wood, concerto pt.1


Dead Wood, concerto pt.2


Dead Wood, concerto pt.3


Dead Wood, concerto pt.4


Dead Wood, concerto pt.5


martes, 3 de mayo de 2016

fotos de Dead Wood
















15 maio: TIM HOLEHOUSE no Continental

Ulomanía e Continental presentan:
TIM HOLEHOUSE en directo!!
Será o domingo 15 de maio no Café CONTINENTAL, 21:30h.
Único concerto en España. Entrada Libre.

Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum "Found dead on the shoreline", tomando dende entón unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son os splits compartidos con Tim Loud, e os fineses Slack Bird e Juhana Iivonen, todos do 2015.

Botádelle un ollo á súa web: timholehouse.com e o seu bandcamp.
Un concerto recomendadísimo!! Non vo-lo perdades!!


CTKast: volve CTK!

Esta semana volveu a actividade Cambados(tk), logo de demasiados anos de parón. E volveu dun xeito diferente ó anterior, que ademáis de novedoso no ámbito local, paréceme totalmente acertadp.

Esta nova aventura na rede é CTKast, un podcast que terá periodicidade variable, que podedes escoitar online ou descargar, no que se incluirán debates sobre a actualidade municipal, novas, entrevistas e coma sempre con análise crítica.

CTKast está conducido por Carlos e Óscar, dende Cambados e Oklahoma, e nesta primeira entrega, o Episodio Piloto: Fefiñáns, Guatemala, tratan sobre a peonalización da praza de Fefiñáns con Iago Pillado Losada, e continúan cunha entrevista con Manuel Silva Rey, xornalista cambadés que leva tres anos en Guatemala. Podedes seguilos coma sempre na súa web cambados.tk, ou directamente na súa conta de ivoox.

Dende aquí queremos darlle a nosa noraboa pola iniciativa, e o estupendo resultado, e ademáis porque xa os botábamos de menos!



lunes, 2 de mayo de 2016

Black Grooves! Vol.41

O vernes pasado volvimos coas entregas de Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! 
Aquí tedes unha boa selección desa sesión con moitas das banda actuais que máis nos gustan. Metédelle volume!.

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 29 abril 2016)



Sáb.7: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo!

Esta semana teremos máis música en directo.
THE EVEN FLOW EXPERIENCE! en concerto, a banda residente da casa, aínda que agora teñan menos tempo. Victor e Manolo man a man con dúas guitarras, para face-lo seu repertorio de sempre e esas sorpresas que sempre aparecen nos seus directos. 
Sábado 7 de maio dende as 23:45h. 
Non vo-lo perdades!!


domingo, 1 de mayo de 2016

Dead Wood!!

Ahí tedes ós Dead Wood de volta ós escenarios!!
Cinco meses despois, para a despedida (temporal) do Sr Pistola, incorporar a Miguel Moldes e Michi Calambres, e coa colaboración de Victor Karallada para una noite estupenda. Gracias cracks!! sempre quedamos con ganas de máis...