martes, 3 de mayo de 2016

CTKast: volve CTK!

Esta semana volveu a actividade Cambados(tk), logo de demasiados anos de parón. E volveu dun xeito diferente ó anterior, que ademáis de novedoso no ámbito local, paréceme totalmente acertadp.

Esta nova aventura na rede é CTKast, un podcast que terá periodicidade variable, que podedes escoitar online ou descargar, no que se incluirán debates sobre a actualidade municipal, novas, entrevistas e coma sempre con análise crítica.

CTKast está conducido por Carlos e Óscar, dende Cambados e Oklahoma, e nesta primeira entrega, o Episodio Piloto: Fefiñáns, Guatemala, tratan sobre a peonalización da praza de Fefiñáns con Iago Pillado Losada, e continúan cunha entrevista con Manuel Silva Rey, xornalista cambadés que leva tres anos en Guatemala. Podedes seguilos coma sempre na súa web cambados.tk, ou directamente na súa conta de ivoox.

Dende aquí queremos darlle a nosa noraboa pola iniciativa, e o estupendo resultado, e ademáis porque xa os botábamos de menos!



No hay comentarios: