Foi moito antes do que tiñamos pensado, pero foi un arrase total!! así da gusto arrancar con novos proxectos!
E tampouco vai a ser hoxe cando vos contemos de qué vai a ir todo isto, e pode que nunca o fagamos, porque sinxelamente deixaremos que as cousas sucedan en Ulomanía Coop., pero haberá máis... aínda que non sei se poderá ser mellor, porque superar o do domingo vai a ser moi difícil!!
Os agradecementos: Gracias ó Continental por deixarnos facelo; a Bosco dos Family Folks por conseguirnos a este super crack que é Tim Holehouse; a dous dos nosos integrantes Jorge e Sandra que se encargaron de todo durante o domingo (e tamén o luns); e a todos por vir, abarrotar o local, e participar da tremenda festaza que se montou; e claro, a Tim por ser un tipo tan xenial, que se meteu a todo o público no peto dende o primeiro tema. Espectáculo puro!!!
Aquí tedes o final do concerto. Nos próximos días o subiremos completo...
Neste día das Letras Galegas, aproveitamos para compartir convosco tamén a lámina orixinal do poster que fixemos para o espectáculo do próximo sábado.
Kevi Aragunde interpretará con Karlos Abal a súa adaptación do Vento Mareiro de Cabanillas que leva moito tempo preparando
O poemario Vento Mareiro foi publicado por primeira vez na Habana o 1 de marzo de 1915, un poemario impactante, tanto no literario coma no social, e que da comezo á literatura galega contemporánea. Por suposto vos recomendamos o libro de Luis Rei "Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades" (Ed.Galaxia, 2009), pero tamén podedes atopar algo máis rápido neste artigo escrito polo propio Luis para o Faro de Vigo no centenario da publicación.
Pero nesta ocasión centrámonos na segunda edición de Vento Mareiro, publicada en Madrid pola Editorial Galatea en 1921, na que se engadían ilustracións de Álvaro Cebreiro no interior, e a cuberta cunha obra de Castelao realizada para a ocasión. Esta foi a ilustración que empregamos para o poster do sábado por suxerencia de Kevi.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Vento mareiro, ca. 1921. Aguada, Tinta, Papel. 23,5 cm x 33 cm. Museo de Pontevedra.
Trátase dun debuxo a plumilla e tinta china, de clara influencia da estampa xaponesa, e como o seu título indica Vento Mareiro, o protagonista, non son o paisano, nin os piñeiros nen as ondas do mar, senón o vento que condiciona todo o que vemos. Esta lámina foi unha das once que depositou o propio Castelao no Museo de Pontevedra en 1929. Evidentemente, tedes toda a info da obra na web do Museo de Pontevedra.
Debaixo a cuberta definitiva daquela 2ª edición do Vento Mareiro de 1921.
O sábado faremos o noso especial das Letras Galegas. Será unha noite para repasar o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, un proxecto de poesía e música, no que KEVI ARAGUNDE leva moito tempo traballando con moito coidado e agarimo, e interpretará xunto con Karlos Abal por primeira vez en público, ademáis de algún convidado sorpresa máis. Para o poster empregamos a ilustración que realizou Castelao para a segunda edición de Vento Mareiro de 1921. Apuntade: Sábado 21 de maio, dende as 23:45h. Non vo-lo perdades!!
Será o domingo 15 de maio no Café CONTINENTAL, 21:30h.
Único concerto en España. Entrada Libre.
Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum "Found dead on the shoreline", tomando dende entón unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son os splits compartidos con Tim Loud, e os fineses Slack Bird e Juhana Iivonen, todos do 2015.
No suplemento de hoxe Viernes Arousa de La Voz de Galicia fanse eco do concerto de TIM HOLEHOUSE deste domingo.
Comentario acertadísimo no musical, e sobre todo no encabezado: a quén se lle ía ocurrir traer a Tim Holehouse a Cambados para o seu único concerto en España? ós de ULOMANÍA COOP., por suposto; e a conexión gracias ó Sheriff Lorre!
Novo single de The Limboos!! Con dous novos temas: 'I need your lovin´' e 'I'm a Fool' na cara B, outras dúas marabillas de rythm'n'blues limbootico!! Xa podedes escoitalo no seu bandcamp, e mercalo na web de Penniman. Que gañas do seu próximo LP, pero mentres facédevos con este 7''.
Esta semana teremos ó británico TIM HOLEHOUSE en directo en Cambados. Chega de man de ULOMANÍA COOP., será o domingo 15, no Café Continental, no seu único concerto en España, dende as 21:30h, e con entrada libre. Por se algún aínda non ten decidido asistir, aquí vos deixamos unha mostra dos seus temas, un par de videoclps e un bo puñado de actuacións a pelo... Recomendadísimo!! Non vo-lo perdades!!
Xa vos podemos anunciar a cita coa música en directo do próximo mes: LOST SONGS, un novo proxecto formado por Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, que se estrean no Rif-Rock. Voces, guitarra e teclados. Apuntade a data, será o Sábado 11 de xuño ás 23:45h. E ademáis coa colaboración de Cobesa e Super Bock!!
O sábado pasado volvían THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo ó Rif-Rock.
Non veñen tanto como cando eran a nosa banda residente, pero dende o seu retorno tras cinco anos de parón, cada vez que nos visitan sempre converten esas noites en algo moi especial.
O seu repertorio, coma sempre, cheo de temas dos últimos 25 anos que son xa auténticos clasicazos. Máis de 20 temas para case dúas horas e media de show, e coma sempre, con algunha sorpresa. Desta vez, foi a voz de Iria Viqueira, que cantou tres temas que nos deixaron a todos alucinados.
Desta vez só subimos uns cantos temas dos concerto, non vai completo porque para iso xa había xente máis profesional grabando, así que teredes que agardar un pouco polo resultado final, pero seguro que é moitísimo mellor que o habitual que nos compartimos. Xa vos avisaremos.
E coma sempre, despois de máis de dúas horas quedamos con gañas de máis, e iso que tiñan corda para rato... a próxima máis!! Gracias Victor e Manolo por estas noites de revival!! A Iria por acompañados desta vez, e a todos por vir!
Os nove temas que subimos xa os tedes nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2) ou todo seguido en lista de reprodución:
Neste blog xa vos temos recomendado anteriores traballos de Kid Congo & Pink Monkey Birds, o proxecto actual de Kid Congo Powers, un mito que xa pasou por The Cramps, The Gun Club, os Bad Seeds de Nick Cave...
Cos Pink Monkey Birds ofrece unha fusión de garage suxo, surf blues, música negra, ritmita latina e africana coros soul... unha auténtica bomba!!
Neste novo "La Araña es la Vida" continúa coa mesma fórmula, dende a inicial 'Pshychic Future', 'Coyote Conundrum', 'Karate Monkey'. 'La Araña', ata o medley final máis relaxado. E todo coa fantástica guitarra de Kind Congo Powers noutro álbum divertidísimo que se pasa voando. Recomendado.
KID CONGO & PINK MONKEY BIRDS "La Araña es la Vida"
Este fin de semana lanzouse o novo álbum de Radiohead, con outra desas xogadas de marketing repentino para que poidades escoitalo por todas partes.
"A Moon Shaped Pool" son 11 temas, seis deles novos coma 'Identikit' ou o adianto 'Daydreaming', e cinco xa coñecidos, algúns das sesións de grabación do anterior "The King of Limbs" do 2011 ou do "Kid A" do 2000, coma 'True Love Waits' que pechaba o directo "I Might be Wrong" do 2001, ou o single de presentación 'Burn the Witch'.
Ainda temos que darlle moitas voltas, pero seguro que xa sabedes de antemán se vos gustará ou non. Polo momento só en formato dixital, para as diferentes edicións teremos que agardar ata xuño.
Ademáis do concerto, o sábado pasado tivemos a última sesión de COMOMEPÓS! Foi The Ultimate Mix! a súa despedida por todo o alto, logo de ser un habitual da nosa cabina dende o 2008. Non haberá máis. A próxima vez que Carlos tome os mandos xa será con outro nome, outra historia... Do sábado pasado non hai fotos, nen haberá descargas, estivérades ali!! Gracias Comomepós!!
Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum "Found dead on the shoreline", tomando dende entón unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son os splits compartidos con Tim Loud, e os fineses Slack Bird e Juhana Iivonen, todos do 2015.