Hoxe publícase oficialmente a primeira referencia de Ulomanía Coop. O single de debut dos DEAD WOOD: "Spirit Away b/w C.B.A. Blues". Unha edición limitada de 250 copias numeradas. Non quedes sen o teu exemplar!! Toda a info en Ulomanía Coop.
Xa están subidas tóda-las fotos da festaza de Fin de Ano que nos montou CuatroFotos. Gracias de novo!! Ahí vai todo o que pasou diante desa cámara, tarde para arrepentirse, agora a botar unhas boas risas outra vez!!
Unha revisión das sesións do ano, alomenos tóda-las que deixaron arquivos de descarga, que foron menos que en anos anteriores, pero xa son bastantes. 22 en total, e non foron nin a metade das que fixemos... estivérades ali!!
Aquí tedes as 22 sesións que compartimos no 2016:
SINGLES2015
(16 xaneiro 2016)
Este foi o resumo da noite na que repasamos os mellores álbumes, temas e bandas do 2015. Son 2 volumes de 20 temas cada un, seleccionados e mesturados por Kurco e Munstaphà. Repasa todo o material na etiqueta Singles2015.
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #39 (22 xaneiro 2016) Primeira entrega do ano da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Aquí tedes algo máis de unha hora da sesión, con moito rhythm'n'blues e algo de boogaloo (aínda que menos do que pode parecer polos títulos). Metédelle volume!. [ver entrada]
Comomepós "Garage Monster" (20 febreiro 2016) Esta é a selección de Comomepós que nos deixou da súa sesión "Garage Monster" do sábado 20 de febreiro. Garage, Psych, Power Pop, Surf, e todo o que lle petou, como sempre. Ahí tedes 50 minutos sen pausa. Metédelle volume!. [ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #40 (26 febreiro 2016) Aquí tedes unha ampla selección da sesión de onte mesmo da entrega mensual da serie Black Grooves!! Funk, rhythm'n'blues, soul, e moito Buddy Miles, que xa lle tocaba!! Metédelle volume!. [ver entrada]
Sesión 16º Aniversario do Rif-Rock!! (febreiro 2016) Aínda que desta vez chega con moito retraso... estaba lista dende o pasado agosto, e por diferentes cuestións quedou ahí esquecida ata este mes. Fixemos dúas pequenas tiradas con diferentes deseños das galletas, e para os que quedáchedes sen a vosa copia, aquí a tedes. Metédelle volumen e a desfrutala!! Metédelle volume!. [ver entrada]
Pau Pau a Go-Gó! "OSLF?" (11 marzo 2016) Aquí tedes unha parte da sesión de Pau Pau do venres pasado no ciclo Où Sont Les Femmes?. 50's, doo wop, rockabilly, hot rod, rhythm'n'blues, garage., de todo en 47 minutos! Metédelle volume! [ver entrada]
Marinocha Über Alles "OSLF?" (12 marzo 2016) Aquí tedes unha parte da sesión de Marinocha do sábado anterior (12 marzo) no ciclo Où Sont Les Femmes?. Algo máis de media hora chea de riotgrrrl. Metédelle volume!. [ver entrada]
ChisPum Vs BimbaPop "OSLF?" (25 marzo 2016) Aquí tedes unha pequena parte das sesións de Chis Pum & Bimba Pop coa que arrasaron no peche do ciclo Où Sont Les Femmes?. Vai en dúas pistas de pouco máis de media hora cada unha, para que fagades un cassette coma os de toda a vida... [ver entrada]
Sheriff Lorre "Motorcycle" (16 abril 2016) Aquí tedes unha pequena parte da sesión do Sheriff Lorre do sábado pasado, Rock crudo, rhythm'n'blues, frat rock, surf e moito máis... metédelle volume!.Metédelle volume!. [ver entrada]
Pau Pau a-Go-Gó!
(23 abril 2016)
Aquí tedes unha pequena parte da sesión de Pau Pau a Go-Gó! do sábado pasado: moito garage, rhythm'n'blues, ye-yé e ata mambo!! metédelle volume!.
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #41 (29 abril 2016) O vernes pasado volvimos coas entregas de Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Aquí tedes unha boa selección desa sesión con moitas das banda actuais que máis nos gustan. Metédelle volume!.. [ver entrada]
Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #14"
(13 maio 2016)
Case un ano depois recuperamos a nosa serie de Trash Trash Trash!! Tentamos continua-la onde o deixamos, e aquí tedes algo máis de unha hora da nosa basura preferida ben mesturada.
Aquí tedes unha hora da entrega de onte mesmo das sesións Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Con moitos temas pouco habituais de clásicos do funk e unhas cantas frikalladas de moito nivel. Metédelle volume!..
Aquí tedes un rato da sesión do sábado de Trash Trash Trash!! todo da nosa basura preferida dos últimos meses, do pouco que tivemos tempo a poñer antes de que nos botaran fora da cabina...
quí tedes algo máis de unha hora da sesión de onte mesmo de Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Todo con temas dos últimos anos, aínda que menos blues do que resultou a noite. Metédelle volume!.
Marinocha Über Alles (26 agosto 2016) Despois do verán, Marinocha foi a encargada de inaugura-la nova tempada do Rif-Rock. Non se encargaba da nosa cabina dende marzo, e viña con ganas. Aquí tedes unha pequena parte desa sesión. Metédelle volume!.
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #44 (2 setembro 2016) A número #44 foi unha sesión especial da serie Black Grooves, logo do parón durante os meses de verán, non agardamos ata finais de mes para unha nova entrega. Aquí tedes unha selección máis longa do habitual daquela noite. Metédelle volume!.
Aquí tedes un fragmento m´çais longo do habitual doutra sesión de Trash Trash Trash!! Todo con material de finais dos 70s e dos 80s, pezas olvidadas e algún cover marca da casa.
[ver entrada]
Kurco SoundSystem (1 outubro 2016) Para comezar outubro volveu Kurco á nosa cabina despois de moitos meses. Punk hardcore psychodelia e garage. No arquivo que compartimos aparece a parte final coas pezas máis recentes. Metédelle volume!. [ver entrada]
Sesión 17º Aniversario do Rif-Rock!! (outubro 2016) A sesión máis agardada de cada ano!! Desta vez cumprimos os prazos (non coma o ano pasado), e ao rematar o verán lanzamos o noso recopilatorio de aniversario (17!!). Unha única tirada, maior que as dos últimos anos, e aínda así non chegou a nada. Voou por completo nun só fin de semana. Coma sempre, ten de todo, así que metédelle volumen e a desfrutala!! [ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #45 (21 outubro 2016) A número #45 da serie Black Grooves adicámola aos sons máis clásicos, con moita cara b dos nosos favoritos, elementos doutras latitudes, e seccións de bebop para homenaxear a Art Blakey, que ilustraba o poster da sesión. Fantástica!. [ver entrada]
Fuck'U Whiteys... Black Grooves #46 (25 novembro 2016) A número #46 da serie Black Grooves foi a últiima que subimos en todo o ano. Foi unha noite para repasar moitos dos mellores álbumes dos últimos anos de funk, soul, jazz, acid jazz e moita fusión. Metédelle volumen! [ver entrada]
Sempre aproveitamos o de facer un pequeno repaso polos concertos e outras festas especiais do ano para que tamén vós digades cal, ou cales, foron os mellores momentos de cada ano no Rif-Rock.
Pensamos que este ano vai a estar difícil a cousa, fixemos máis concertos e disparates ca nunca, e algúns de moito nivel, moi especiais e outros sinxelamente únicos que non se volverán a repetir.
De algúns non temos moito material gráfico, ou está aínda en proceso de unha edición especial, pero tedes abondo no que escoller
Estos son os 15 momentos que vos propoñemos, pero podedes escolle-lo que queirades, estén aquí ou non, ou escoller cousas conxuntas coma o Aniversario completo, ou o Nadal Soul... eso xa é cousa vosa, pero comentade!!
Podedes votar nos comentarios desta entrada, ou através do facebook, por mail... como queirades. Tedes sobre uns 10 días para facelo:
Ahí van unas cantas propostas:
NORTHERN LIGHTS (23 de xaneiro e 8 de outubro).
Os Northern Lights foron os encargados de abrir a tempada de concertos no Rif-Rock neste 2016. Todo o show sobre a base dos seus propios temas, sempre evolucionados dende os shows anteriores, algunha incluso cambiada de idioma (e título claro...), literalmente versionándose a sí mesmos. E o 8 de outrubro volveron con máis voltas sobre o anterior.
BREAKIN' BONES (13 de febreiro).
Había máis de ano e medio que non nos visitaban os Breakin' Bones, e chegaron en febreiro con nova formación, incorporando a Dani Alonso da banda The Loopholes. Un show espectacular, coma sempre! Hora e media de intenso e divertido psychobilly, con ducias de covers retorcidos, dende temas dos 50s, himnos mod, trallazos punk e clasicazos dos 80. Nunca fallan!.
ISI VAAMONDE & THE NEW SCHOOL (20 de febreiro).
Tamén en febreiro volvía Isi Vaamonde, presentando nova banda, THE NEW SCHOOL, con outros catro habituais do local: Rubén Iglesias ó baixo, David Falcón coas guitarras e coros, Bruno Barreiro ó piano e Jesús Caramés na batería. Un concerto organizado dun xeito un tanto exprés pola inminente gravación de un par de temas a próxima semana: 'You're Smiling There' e 'Unstable Killer'. E de paso presentarnos máis temas do que será o seu próximo álbum.
OÚ SONT LES FEMMES? (programación especial marzo). Non sei se algunha das sesións de marzo foi para vós das mellores do ano, pero seguro que a programación conxunta Où sont Les Femmes? foi outra vez do mellor do ano para moitos de vós, con oito das nosas mellores amigas facéndose cargo da cabina ó longo de todo o mes. Podedes repasar todo o material seguindo a etiqueta Où sont les Femmes? neste blog.
SCARY MONSTERS a nosa homenaxe a Bowie (26 de marzo).
Para rematar marzo tivemos unha desas noites especiais que ocurren no Rif-Rock cando se xunta toda esta panda de artistas dos RifRocKerZ AllStars que deron forma ós Scary Monsters.
A homenaxe a Bowie foi proposta polos propios músicos, así que nós somentes puxemos o local á súa disposición, sabendo que o restultado iba a ser estupendo. Nunhas cantas semanas se xuntaron ata 10 dos nosos amigos habituais da banda da casa para montar o espectáculo, e con só uns cantos ensaios xa estaban listos para montar o noso particular tributo a Bowie: RifRocKerZ from Mars!. Outro show único que nos regalaron. O Rif-Rock nunca sería o mesmo sen estes fenómenos!!.
DEAD WOOD (30 de abril).
Cinco meses despois do seu último concerto, volvían os Dead Wood ao Rif-Rock, recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo con Victor Karallada. Ademáis servía de despedida temporal do Sr Pistola, Breo Gun non poderá está sempre cos Dead Wood por motivos laborais, e de paso xa incorporaron a Miguel Moldes e Michi Calambres como membros a tempo completo da banda. Unha formación de escándalo!! O resultado espectacular.
THE EVEN FLOW EXPERIENCE (7 de maio).
Pouco se deixan ver The Even Flow Experience dende o seu retorno, pero alomenos será obrigatoria unha visita ao ano. Sempre converten esas noites en algo moi especial.Desta vez, foi a voz de Iria Viqueira, que cantou tres temas que nos deixaron a todos alucinados.
Desta vez só subimos uns cantos temas dos concerto, non vai completo porque para iso xa había xente máis profesional grabando, así que teredes que agardar un pouco polo resultado final, pero seguro que é moitísimo mellor que o habitual que nos compartimos. Aínda segue en produción...
VENTO MAREIRO, por Kevi Aragunde e Karlos Abal (21 de maio).
Seguramente, a cousa máis bonita que fixemos nunca no Rif-Rock.
Foi o noso especial polas Letras Galegas, unha noite de música e poesía a redor do Vento Mareiro de Ramón Cabanillas.
Kevi Aragunde presentounos os temas de Cabanillas sobre os que leva moitos anos traballando (sobre todo pertencentes a 'Vento Mareiro', pero tamén algún de 'No Desterro' e 'Da Terra Asoballada'), acompañado de Karlos Abal, e cunhas cantas colaboracións moi especiais: a de Suso Gómez coa súa lectura de 'Dous Raposos', e no descanso tomaron o relevo Xoán Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira, para facer os tres temas do seu repertorio sobre pezas de Cabanillas: A Fouce Esquecida, Terra e o himno de Acción Galega. Tres xeracións de talento puro xuntas na mesma noite. E por suposto, un show que Kevi adicou a Luis Rei dende o comezo. Eres moi grande Kevi!!.
LOST SONGS (11 de xuño).
En xuño tivemos no Rif-rock a estrea de LOST SONGS, o novo proxecto de Isi Vaamonde e Bruno Barreiro. Con este formato recuperan vellos temas do seu repertorio de outras épocas, descartes, covers e temas tan recentes que aínda seguirán medrando en cada concerto.
17º ANIVERSARIO DO RIF-ROCK (2-9 de xullo).
Dúas fins de semana estupendas, cheas de boa música e de amigos,
Recuperamos o formato anterior ós ultimos dous anos, co programa repartido en varias semanas e con dúas bandas habituais da casa convertidas noutra cousa distinta para que fosen uns concertos únicos.
O Sábado 2, foi o turno de RUFUS Y LOS GUARROS, no propio día que cumpríamos 17 anos. Outra volta máis dese universo infinito de bandas dos irmans López, adaptando parte do repertorio que estaban a presentar no verán como Doble M & Jorge Lorre, pero acompañados por Rufus el Guarro con tódo-los seus trebellos á percusión, ademáis de Óscar que non se quixo perder a oportunidade de sacudir as cadeas toda a noite.
E o Sábado 9 os protagonistas foron THE BOLTONS, coa jam de blues de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Carames, en formato power trío. Tocarón o que lles petou, e aínda nos deixaron en exclusiva un par de temas fantásticos doutra das súas bandas paralelas.
E ademáis as sesións de PTOOFF & Dj CHAN (aka A.C.M.E.) dende a cabina, un habitual da casa, e un referente do país que por fin se achegou ó Rif-Rock cargado de discos para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario!!
Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 18!!
THE SILKTONES (29 de xullo). The Silk Tones se presentaron no Rif-Rock para un ensaio xeral unha semana antes do seu concerto do Albariño, na praza de Fefiñáns compartindo escenario cos Inmaculate Fools. Eran Rubén Iglesias, David Falcón, Miguel Moldes, Jesús Caramés e Deva Sanmartín. No seu concerto ofrecéronnos 15 covers cos que se meteron a todo o público no peto dende o primeiro momento.
8ª FESTA DO BIGOTE (7 de agosto).
Unha das festas máis grandes do Rif-Rock de cada ano, e este ano aínda máis que en edicións anteriores, moitísima xente pero poucos bigotes de aspirantes serios, pero a festa, enorme!! Con Xaco Aragunde repetindo como mestre de cerimonias, así coma o padriño un ano máis: Edu Charlín de PC Barbería. Este ano non houbo barbeados en directo, pero encargouse dos suculentos lotes de regalos para os gañadores: Olalla Novás, Alberto Dominguez e Juan Artiles. Noraboa outra vez. O próximo ano máis...
THE SPOOKY GRAVIES (29 de outubro).
Outra historia inexplicable dos de Ulomanía Coop. Unha minixira pola comarca na que Los Wavy Gravies se transforman en THE SPOOKY GRAVIES cun repertorio monstruoso para tres únicos concertos naquela semana.
Finalmente presentáronse en formato de trio, algo que non estaba moi claro ata última hora, e ofrecéronnos un espectáculo tremendo. Chegaron convertidos no Sheriff Lon Chaney, Mr Momia e Screaming Jay Hawkins, e durante máis de hora e media ofrecéronnos un show cheo de temas dos nosos monstruos favoritos, vellas pezas de series de tv e uns cantos temas propios.
LITTLE JUICE (Nadal Soul, 23 de decembro).
Xa tiñamos gañas de ter de volta aos Little Juice polo Rif-Rock. E desta vez arrancando unha nova edición do Nadal Soul. Sobre todo encantáronnos os seus temas propios: 'Fear the World', 'Orc Blues', 'Trust', 'Trapped Soul', 'Skin over Skin (Black Clouds)' e 'I was that girl'. Precioso por momentos e intenso cando facía falla.
DEAD WOOD (Sesión Vermú Noiteboa 24 de decembro).
O último show do ano, e seguramente o máis impresionante de todos.
Era a primeira sesión vermú da historia do Rif-Rock. Sesión matinal, sábado e Noiteboa, todo montado para a presentación de Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD co seu primeiro single, "Spirit Away b/w CBA Blues" (ULO-001), coa propia banda en directo, e unha chea de colaboradores que quixeron aportar o seu apoio para montar unha festa como a ocasión o merecía. Non se presenta un disco de debut tódo-los días... Un día irrepetible!.
Dende mañán, e durante dúas semanas (ata a sesión do sábado 14), iremos publicando listas/seleccións/recomendacións do 2016, sexan de actividades no local, discos, vídeos, deseños ou de calquer outra cousa. Seguídeas na etiqueta Singles2016.
Outra vez cambiando de ano con Cuatro Fotos. Festaza insuperable!! Unha pena a baixa de última hora de Jaleo, pero ahí estaba Rufo para deixarnos un par de horas de hits. Agora, a polo 2017!!
FELIZ ANO A TODOS!! Que o 2017 sexa aínda mellor do que desexedes!!
E si queredes, esta noite no Rif-Rock: JALEO & CUATRO FOTOS Non atoparedes un plan mellor para comeza-lo ano. Apertura ás 00:30h. Sesión e fotos dende as 02:30h.
Rematou o Nadal Soul 2016, e o RIF-ROCK e o CONTINENTAL queremos amosar a nosa satisfacción por esta nova edición, e o agradecemento a tódolos participantes, colaboradores e público que o fixéchedes posible durante estas tres semanas.
En primeiro lugar a COBESA, empresa colaboradora, a través das súas marcas Super Bock e Summum, por implicarse por terceiro ano consecutivo con esta historia.
Por suposto ás bandas e picadiscos que o fixeron posible: os LITTLE JUICE e BLACK ICE TWICE, e ós encargados de tóda-las sesións: Chief Bromden, Munstaphá, Professeur B.B. e Michi Calambres. Unha chea de persoal que foron os que realmente montaron toda esta festa. E tamén os compoñentes das bandas que coa premura das datas tivemos que deixar para outra ocasión, gracias pola vosa comprensión.
E o máis importante, gracias a todo o público que unha noite tras doutra abarrotáchedes os dous locais nestas noites de programación.
Esta noite poñemos fin a outra edición do Nadal Soul, cun programa ben completo nos dous locais:
Venres 30 decembro:
· No CONTINENTAL estarán BLACK ICE TWICE en directo, e despois outra sesión criolla do Chief Bromden (leva días ameazando con moito boogaloo).
Todo dende amedianoite e coa colaboración de Cobesa, con promocións especiais de Super Bock e Gin Summum.
· No RIF-ROCK, ao remate do concerto do Continental, teremos na cabina ó noso gurú Michi Calambres, para o mellor fin de festa posible deste Nadal Soul!
E antes de rematar o ano... novo traballo dos Breakin' Bones!! "Maldita Sea" son oito novos temas gravados en The Dub Yard con Javier Vicente. A ver se os temos pronto...
Os dúo francés Moonrite son os irmáns Yann e Julien Cracker (dos Towerbrown), alucinados coa psychodelia máis escura dos 60's, dende Arthur Brown, os primeiros Deep Purple ou os mellores Iron Butterfly, e din que inspirados polos filmes de Jess Franco neste traballo. Este álbum homónimo é o seu debut para Sound Flat Records, e contén dende a psychodelia máis ortodoxa en 'Time is fast running out', 'Festa Candelarum' ou 'Me', a vertente máis beat 60s en 'The Same old Show' ou 'Caught in a Trap', ou a máis folkie de 'The Giant Wood Man'.
Imos cun par de álbumes dos que levamos meses repasando e queremos recomendar antes de que remate o ano.
En setembro volveron os Teenage Fanclub. "Here" é o seu décimo álbum de estudio en case 30 anos de carreira dos escoceses, e despois dos anteriores ("Man-Made" do 2005, e "Shadows" dos 2010) dábame moita pereza poñerme con outra decepción máis. Pero desta vez volveron ao son que lles convertiron en iconos do pop dos 90s, deixando os anteriores intentos de actualizarse. 'I'm in Love', 'Thin Air', 'Hold On' ou 'The Darkest Part of the Night' son catro bos exemplos dese pop melancólico e perezoso doutra época, con melodías casa perfectas, ou 'The First Sight' e 'Live in the Moment' con un pouco máis de nervio. Un pracer telos de volta.
Era a primeira sesión vermú da historia do Rif-Rock. Sesión matinal, sábado e Noiteboa, todo montado para a presentación de Ulomanía Coop. e os DEAD WOOD co seu primeiro single, "Spirit Away b/w CBA Blues" (ULO-001), coa propia banda en directo, e unha chea de colaboradores que quixeron aportar o seu apoio para montar unha festa como a ocasión o merecía. Non se presenta un disco de debut tódo-los días...
Apareceu a familia Dead Wood case ao completo, incluído Javi Sueiro, mestre da zanfoña, e Brais Ramos. Só nos faltou Breo Gun por razóns laborais. O concerto centrouse nos seus propios temas, algúns novos incluídos coma 'Weirdo Cabaret', 'Old Stone Bridge', 'Boneyard' ou 'Brother in Law', e por suposto co protagonismo dos temas que presentaban no 7''. Remataron con tres versións, incluída a colaboración sorpresa dos Family Folks que tampouco que quixeron perder a festa dos seus amigos, e ademáis Rubén Suárez é o responsable do deseño do disco, tiña que estar ali.
Unha hora e pouco de concerto, pinchos, vinilos, moita cervexa e o todo o persoal entregado coa banda, e con moitos nenos bailando para darlle outro aire á primeira vez que abríamos á luz do día nos nosos case 18 anos vida.
Un día irrepetible que non sería posible sen toda a xente que se involucrou nesta historia, e aos que temos que darlle as gracias un vez máis: Real Conservera Española, Albariño 12 Cuncas e o proxecto Enoturismo Rías Baixas. De parte do Rif-Rock e de Ulomanía, moitísimas gracias a Iñigo e Marcos por apuntarvos a esto en tan pouco tempo, a Isi por todas esas horas de traballo extra (espectacular!!), e a Xaco por poñelo en marcha e coordina-lo todo (o vermú era o de menos!! eso xa queda para a historia do local...). E gracias a todos por reventar o Rif-Rock nesa sesión matinal (ata esgotar existencias) e mercar moitos exemplares por adiantado. E por tódo-los días desta fin de semana de Nadal. E aos que fixéchedes triplete moito máis!!
Xa tedes subido o concerto comleto na nosa canle de youtube, e nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) e aquí todo seguido en lista de reprodución: