sábado, 13 de mayo de 2017
viernes, 12 de mayo de 2017
Vibravoid "Delirio dei Sensi"
Máis discos esta semana, este de hai uns cantos anos.
Vibravoid son unha banda de Hamburgo, convertidos xa nuns clásicos da psychodelia europea, e con case vinte álbumes publicados dende o ano 2000 son un dos principais referentes do xénero.
Psychodelia cósmica, garage psychodélico e moito freakbeat, abarcándo case tódo-los paus do etilo cun formato de trío que parece inexplicable.
Este "Delirio dei Sensi" do 2013 non é o seu mellor álbum, nin tampouco o último, pero hai un par de semanas que nos fixemos con el e non podemos deixar de escoitalo case que a diario! Para comezar a locura yeyé de 'Poupée de Cire' composta para a interpretación de France Gall en Eurovisión do 1965, sempre inclúen unha versión, pero comezar con esta o álbum é efectivamente un auténtico delirio para os sentidos. A partir de ahí comezan co seu: os dez minutos marabillosos de 'Listen, Can't You Hear', 'Colour your Mind' o mellor do álbum e que co paso dos anos xa se converteu nun clásico recente do xénero
'Magic Mirror' o tema máis potente e rápido, amosando que tamén saben ser directos e desbordar de enerxía, e completan a cara b 'The Empty Sky' e 'The Golden Escalator' que son pura psychodelia cósmica. Unha auténtica delicia!.
VIBRAVOID "Delirio dei Sensi"
(Go Down Records, 2013)
Bifannah "Bifannah EP"
Bifannah foron unha das sensacións do pasado ano.
Con ex-membros dos Wild Balbina, Mvnich ou Avispa, e un pé en Galicia e outro en UK. O seu ep homónimo foi un auténtico pelotazo, que triunfou pola rede coa súa mestura 60s de garage de baixa fidelidade, psychodelia e tropicalismo, con este toque fantástico que lles da cantar en portugués.
Este EP lanzouse en febreiro do 2016, estivemos todo o verán a voltas con el e ainda agora caímos na conta de que non vo-lo recomendáramos no blog.
Seguide atentos a esta banda porque na actualidade xa comezaron co adianto do seu primeiro lp da man do selo The John Colby Sect. Recomendadísimos
BIFANNAH "Bifannah EP"
(auto, 2016)
jueves, 11 de mayo de 2017
Breakin' Bones + Sheriff Lorre
Lembrámosvos o planazo para este fin de semana!
O sábado (13 de maio) teredes en directo aos Breakin' Bones no Café Continental dende a medianoite, e ao remate do concerto, estará o SHERIFF LORRE na cabina do Rif-Rock coas súas seleccións de rhythm'n'blues e o rock máis primitivo.
Non vo-lo perdades!!
O sábado (13 de maio) teredes en directo aos Breakin' Bones no Café Continental dende a medianoite, e ao remate do concerto, estará o SHERIFF LORRE na cabina do Rif-Rock coas súas seleccións de rhythm'n'blues e o rock máis primitivo.
Non vo-lo perdades!!
20 maio: GZ Canibal
Aínda nos quedaba por amosarvos o poster dunha das sesións deste mes.
O Sábado 20 de maio, outra entrega de GZ Canibal, con Marinocha e Munstaphá na cabina, e seguro que algún máis se apunta a última hora...
Para o poster volvimos coas láminas de Castelao.
miércoles, 10 de mayo de 2017
"Regreso a Twin Peaks"
E outro libro máis que vos recomendamos hoxe.
A editorial Errata Naturae non podía perde-la ocasión de volver a Twin Peaks antes da estrea da nova tempada. "Regreso a Twin Peaks" é outro volumen da súa curiosa colección adicada as series de tv, e con unha ficción tan mítica coma esta que volve 25 anos depois, case se antoxa de lectura obritoria para os que xa volvimos a ver as dúas temporadas orixinais máis os terribles extras antes de que comece a terceira entrega.
"Regreso a Twin Peaks" analiza en 320 páxinas a serie de David Lynch e Mark Frost através da filosofía, o terror, a linguaxe cinematográfica, as habitacións vermellas e os enigmas sen resolver. Os autores son David Chase (creador dos Soprano), o propio David Lynch, Michel Chion, Aaron Rodríguez ou Nacho Vigalondo entre outros...
VA "Regreso a Twin Peaks"
(Errata Naturae, 2017)
Así o presentan na web de Errata Naturae:
David Lynch hizo historia en la televisión de los noventa. Twin Peaks se convirtió en un fenómeno de masas que mantuvo a los espectadores en vilo. Ahora, veinticinco años después, tras el abrupto final de la segunda temporada, regresamos a Twin Peaks con una tercera entrega. Pero Twin Peaks ya no es un simple escenario para una serie, un pueblo más de la América profunda, sino un lugar mítico, una auténtica mitología moderna. Y el retorno a ese lugar no es una coda ni un homenaje, sino la confirmación de un clásico.
También es la oportunidad, a través de este libro, de volver a aquellos bosques y a aquel café, la ocasión para pensar qué hizo de Twin Peaks un relato televisivo revolucionario y cómo se ha convertido en el estreno más esperado en muchos años. Para ello contamos con el propio David Lynch, que nos relata cómo surgió y cómo se hizo Twin Peaks, con todo detalle y con anécdotas tan inverosímiles como reales. También nos acompaña David Chase, creador de Los Soprano, que nos habla de la influencia de la serie de Lynch sobre los mafiosos de Nueva Jersey y sus sueños. A continuación, uno de nuestros cineastas más internacionales, Nacho Vigalondo, escribe sobre el desconocido final alternativo de Twin Peaks y la importancia que tuvo en su cine, y Michel Chion, máximo especialista mundial en la obra de Lynch, nos propone un inmejorable umbral para analizar los diferentes temas de esta producción. De ello se ocuparán los demás autores de este volumen, que abordan de manera ágil y lúcida la relación de la serie con la filosofía, la naturaleza, la historia, lo salvaje o el mal. Bienvenido, de nuevo, a Twin Peaks.
Elisa Nicoli "Limpeza Creativa"
Máis recomendacións.
Aquí vos presentamos o último libro lanzado por Catro Ventos editora. Trátase de "Limpeza Creativa: Produtos de Limpeza e cosméticos naturais feitos para ti (25 receitas para coidares da casa e de ti", un manual da italiana Elisa Nicoli coa tradución de María Mediero Mayán.
Así o presentan na súa web: Un manual práctico de ecoloxía doméstica para aprender a elaborar produtos de limpeza e cosméticos con ingredientes naturais, fáciles de preparar e que respectan a saúde e o ambiente. Vinte e cinco receitas e miles de consellos para dicirmos adeus á industria da cosmética e dos produtos de limpeza. Nunha edición actualizada e adaptada á realidade galega acompañada dunha listaxe de artesáns e produtores da contorna que traballan con produtos naturais.
Dende a semana pasada xa podedes facervos con el no Rif-Rock.
Elisa Nicoli "Limpeza Creativa"
(Catro Ventos Editora, 2017)
martes, 9 de mayo de 2017
The Black Lips "Satan's Graffiti Or God's Art?"
Máis novidades!
O venres pasado lanzouse o novo álbum dos Black Lips, e levamos días dándolle moitas voltas. Tres anos despois do "Underneath the Rainbow" os cambios foron moitos, comezando pola propia formación, na que só permanecen Cole Alexander e Jared Swilley, incorporando novo guitarra e baterista, ademáis de Zumi Rosow ao saxofón. E se queredes máis información do persoal, está Sean Ono Lennon na producción, e coa mesmísima Yoko Ono con coros, máis ben berros, en 'Occidental Front'.
Se nos seus últimos álbumes foron tentando variar os seus rexistros, nesta entrega tiran por todas partes. "Satan's Graffiti Or God's Art?" é un álbum certamente ambicioso, en dobre vinilo, con 18 temas, algún deles só de intro para cada cara, pero con moitos rondando ou superando os catro minutos de duración. Igual resulta un pouco longo, e igual hai demasiados rexistros diferentes no mesmo álbum. Atoparedes ese garage lo-fi marca da casa ('Can't Hold On' do mellor do álbum), o retro pop dos últimos álbumes coma 'The Last Cul de Sac', 'Crystal Night', 'We Know', ou 'Come Ride with me', que sona a que xa a fixeron noutras ocasións, pezas de rock máis primitivo ('Got me Alone', 'Squatting in Heaven'), folk rock de puro cachondeo con resultado excelente, coma en 'Rebel Intuition', 'Wayne' ou 'Lucid Nightmare', e temas nos que a distorsión leva todo o protagonismo, e por se faltaba algunha referencia máis aos Beatles, cara o final inclúen un cover de 'It Won't Be Long'.
Esta presentado coma un álbum conceptual cos seus interludios, introduccións, pausas, reprises, pero non tentedes buscarlle o nexo de unión ao conxunto porque non o ten. A boa noticia é que seguen a facer realmente o que lles peta, pero teremos que seguir dándolle moitas voltas a todo esto.
A ver que vos parece a vós...
THE BLACK LIPS "Satan's Graffiti Or God's Art?"
(Vice Records, 2017)
LCD Soundsystem 'Call the Police'
James Murphy está de volta, e esta semana publicouse novo material dos LCD Soundsystem. Dende o seu retorno no 2015, tan só lanzaran o tema 'Christmas Will Break Your Heart' e esta semana lanzaron os temas 'Call the Police' e 'American dream', con moita influencia dos New Order na primeira e aos desvaríos ambientais de Brian Eno na segunda. Polo momento só están dispoñibles en formato dixital, sen data de lanzamento físico, pero estperamos que sexa o adianto de máis...
Audios: Call the Police / American Dream.
lunes, 8 de mayo de 2017
Sáb.13: Sheriff Lorre
O SHERIFF LORRE aparca os instrumentos por unha noite, e este sábado 13 o teremos na nosa cabina cargado deses vellos discos co rock&roll máis primitivo.
domingo, 7 de mayo de 2017
Breakin' Bones no Continental
O próximo sábado teremos aos BREAKIN' BONES de novo en Cambados.
Estarán en directo no Continental a eso da medianoite.
Sábado 13 maio, Non vo-lo perdades!
Estarán en directo no Continental a eso da medianoite.
Sábado 13 maio, Non vo-lo perdades!
viernes, 5 de mayo de 2017
jueves, 4 de mayo de 2017
The Crazy World of Arthur Brown "Fire"
Hoxe compartimos con vós esta xoia que nos atopamos esta semana.
O 7'' do tema 'Fire' de The Crazy World of Arthur Brown, en edición de 1968 dos USA, unha das catro edicións que se lanzaron orixinalmente en 1968, coa produción de Kit Lambert e Pete Townshend, e ese hammond omnipresente de Vincent Crane. Na cara b 'Rest Cure'. Orixinal de Track Record e distribución de Polydor / Atlantic.
Outra xoia para a colección.
miércoles, 3 de mayo de 2017
The Sonic Dawn "Into the Long Night"
Máis recomendacións para esta semana.
Voltamos ao norte de Europa, The Sonic Dawn son unha banda de Copenhage de rock psychodélico, pero moito máis luminosos do que estamos a escoitar nos últimos tempos. Moi influenciados polo beat británico dos 60s e do power pop do revival de finais dos 70.
"Into the Long Night" son nove temas con dúas partes ben marcadas. Na primeira fixan o seu discurso con 'Emily Lemon', 'On the Shore' e 'As of Lately' con esa guitarra que nos devolve aos 13th Floor Elevators. 'Six Seven' é a peza de blues máis psychodélica que tamén se deixa levar por influencias do rock progresivo dos 70s, con clara continuidade en 'Six Seven. Cara o final do álbum cambian os rexistros, chega a pausa de 'Lights Turn On' con base de voz e teclados, 'L'Espion' inspirada polas bandas sonoras de soul jazz de mediados dos 60s, e rematan cos sete minutos de 'Summer Voyage' a base de sitar.
Xa case non lembramos a última vez que escoitamos algo do xénero con voces tan limpias coma esta e un son tan sinxelo.
Metédelle unha escoita aos seus dous álbumes
THE SONIC DAWN "Into the Long Night"
(Heavy Psych Sounds, 2017)
Thurston Moore "Rock N Roll Consciousness"
A semana pasada lanzouse o novo traballo de Thuston Moore, desos que teñen cancións, por que dos de improvisacións e experimentos ruidistas lanza media ducia cada ano como mínimo.
"Rock N Roll Consciousness" son cinco novos temas gravados no estudio The Church con Paul Epworth que é unha antiga igrexa, e na que se conservan por exemplo as consolas coas que os Pink Floyd gravaron o "Umamagumma". A formación que o acompaña continúa a do traballo anterior, con James Sedwards nas guitarras, a baixista Deb Googe (dos My Bloody Valentine) e o seu inseparable Steve Shelley nas percusións.
Comeza con 'Exalted', unha longa peza de 12 minutos de rítmica lenta e constante na que todo vai pasando por outra parte, con máis de sete minutos de intro e desenrollo con guitarras limpias e momentos de tormenta distorsionada para facer de ponte, 'Cusp' é o nervio do álbum, rápida e golpeando cada beat da percusión mentres as guitarras suben e baixan de brasa a outro ritmo, 'Turn On' volve aos dez minutos, chea de xiros, ritmo e melodías que lembran a momentos máis comerciais dos Sonic Youth dos 90s, 'Smoke of Dreams' foi o tema de adianto que nos presentou hai máis de un mes, intenso pero calmado, cunha guitarra que chega a hipnotizar canto máis a escoitas, e 'Aphrodite' despídese con máis cambios de velocidade, crescendos e moitas capas, e un baixo que leva todo o peso ata o final.
Fantástico álbum de Moore, e ten pinta de engancharnos máis con cada escoita.
THURSTON MOORE "Rock N Roll Consciousness"
(Caroline/Fiction, 2017)
martes, 2 de mayo de 2017
Cracker 'Low'
'Low' dos Cracker, un clasicazo da nosa adolescencia.
O recuperamos porque este xoves volven a Santiago logo de moitos anos.
O recuperamos porque este xoves volven a Santiago logo de moitos anos.
Programación Maio2017
Aquí tedes o que temos programado de momento no Rif-Rock para este mes de maio, con algunha cousa aínda pendente e outras por definir...
· Venres 5 maio: ESCALENUX
· Sábado 13 maio: SHERIFF LORRE
· Sábado 20 maio: GZ Canibal
· Venres 26 maio: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
· Venres 5 maio: ESCALENUX
· Sábado 13 maio: SHERIFF LORRE
· Sábado 20 maio: GZ Canibal
· Venres 26 maio: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!
lunes, 1 de mayo de 2017
Sáb.13: Sheriff Lorre
O SHERIFF LORRE aparca os instrumentos por unha noite, e o sábado 13 o teremos na nosa cabina cargado deses vellos discos co rock&roll máis primitivo.
Ven.5: Escalenux
Comezamos a presentarvos a nosa programación para este mes de maio:
Este mesmo venres comezamos cun debut na nosa cabina: Alex ESCALENUX, cunha boa dose de underground e moita tralla.
Venres 5 de maio. Non vo-lo perdades!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















