viernes, 8 de febrero de 2019

esta noite, extra de Trash!


The Cramps: Live at Napa State Mental Hospital 1978


Outro show mítico que recuperamos esta semana.
Unha das bizarradas máis grandes que se teñen perpetrado no mundo do rock'n'roll foi o concerto dos Cramps no hospital mental de Napa, California. 
Se o show de Johnny Cash no cárcere de Folsom foi un deses eventos que quedaron para a historia, o delirio psychobilly dos Cramps tiñan que ir moito máis aló, aínda que o propio Lux Interior declarou anos máis tarde que a experiencia non foi nada fácil. O 13 de xuño de 1978, The Cramps se plantaron no salón do psiquiátrico de Napa, cos internos sen ningún tipo de control, e ao parecer non moi ben atendidos. Para ben ou para mal, todo foi recollido por Joe Rees, e o resultado foi un dos shows máis inesquecibles da historia. Foi lanzado por Target Video en VHS en 1984, e con certa restauración en DVD no 2004.
Documento de visión obrigatoria donde os haxa.

Set list:
- Mystery Plane
- Way I Walk
- What's Behind The Mask
- Human Fly
- Domino
- Love Me
- Twist & Shout
- TV Set


Sáb.16 Bimba!!


Fidlar "Almost Free"

Se onte recomendabamos un álbum de garage californiano irreductible, hoxe vai un dos que nunca paran de cambiar. Terceiro álbum de Fidlar, e menudos cambios, aínda que coa versión do 'Sabotage' dos Beastie Boys que lanzaron hai un par de anos xa nos colle avisados.
O seu novo álbum chámase "Almost Free", e en 13 temas fan un repaso a todo canto estilo vos poidades imaxinar, do punk ao disco, e de T.Rex aos Beastie Boys... veremos se somos capaces de dixerilo algún día. Polo momento só podemos con 'Can't you see', 'Flake' e 'Almost Free', que de primeiras xa me parece moito. 

FIDLAR "Almost Free"
(Mom+Pop, 2019)



jueves, 7 de febrero de 2019

Mike Krol "Power Chords"

Novidades antes do fin de semana.
Un dos álbumes aos que máis voltas lle estamos a dar nas últimas semanas é o novo traballo de Mike Krol. O seu cuarto álbum é "Power Chords", e continúa coa súa fórmula desenfadade de garage powerpopeiro de baixa fidelidade aínda tanto neste coma no anterior o son mellora moito (os dous primeiros son tan lo-fi cacharreiro que non vos recomendo que os escoitedes de tirón).
Nada cambia na súa proposta, co retrovisor sempre posto no finado Jay Reatard, melodías ao límite e distorsión desbordante, con moi pouco momentos para o relax: 'Power Chords', 'What's the Rhythm' ou 'Left for Dead' son bos exemplos de garage enérxico e ruidoso nos que as melodías teñen todo o peso, e outras coma 'Blue and Pink' nas que pesa máis a rítmica e ata as harmonías, ou case ao final 'Arrow in my heart', o máis preto que pode estar este home dunha balada. 
33 minutos que pasan voando e mantén vivo ese ideal de garage californiano da última década, e do que xa quedan poucos.

MIKE KROL "Power Chords"
(Merge Records, 2019)



Yo La Tengo "Electr-O-Pura"

Esta semana os Yo La Tengo están de volta en Galicia -non apuredes, que xa non quedan entradas-, e como levamos varias semanas escoitando moitos dos seus clásicos, imos a recomendarvos un dos álbumes imprescindibles da súa discografía que aínda faltaba neste blog.
YLT publicaron "Electr-O-Pura" en 1995, e foi o elemento intermedio nesa especie de triloxía espectacular iniciada co "Painful" en 1993, ata o "I Can Hear the Heart Beating As One" de 1997. No primeiro mesturaron o shoegaze co dream pop, alonxándose do noise dos inicios, e no enorme Beating As One ampliaron os rexitros ata onde ninguén o fixera naquela década.
En medio "lectr-O-Pura", era o seu sétimo álbum, e foi o máis accesible da súa carreira ata aquel momento. Mantiñan as bases de guitarras velvetianas do anterior, e engadiron diferentes doses de pop.
Comeza cos zumbidos de 'Decora' un dos mellores temas de intro do xénero, o pop retro de 'Tom Courtenay' que ademáis foi o single de lanzamento escollido, con pouco éxito por certo, o escuro 'Paul is Dead', a fantástica 'False Alarm', o power pop lo-fi de 'Bitter End', e para rematar os nove minutos de kraut pop ruidista de 'Blue Line Swinger'. En medio de todo isto pausas e aceleróns, atmósferas e guitarras, pero sobre todo melodías, das que xa nunca se desprenderían. 
Como curiosidade, na contraportada da edición en cd -a que todos tiñamos naquela época, pero non así na edición en vinilo nin nas reedicións- a duración dos temas aparece cambiada, todos en torno aos 3 minutos, coma un elemento decorativo máis: "porque as cancións pop deberían durar tres minutos" comentou unha vez Kaplan, preguntado sobre isto, "a xente non o escoitaría se de entrada ve que hai temas de 6 ou 9 minutos".
Un imprescindible en calquera colección.

YO LA TENGO "Electr-O-Pura"
(Matador / City Slang, 1995)



miércoles, 6 de febrero de 2019

Dead Boys, Live! at CBGB, 1977



Hoxe recuperamos un concerto mítico.
Durante a súa breve carreira, os Dead Boys foron uns habituais do mítico CBGB de New York. Primeiro comoa teloneiros dos Ramones ou os Damned, e tra-lo lanzamento do seu album de debut, xa como cabeceiras de noite.
Un daqueles shows foi rexistrado e editado por Rod Swenson (dos Plasmatics). Ese concerto foi lanzado xunto con outro de 1978 nunha edición bootleg en 1997 ("Twistin' On The Devil's Fork: Live At CBGB's 1977 & 1978", Baccuss Archives/Hell Yeah, 1998), e no 2004 foi recuperado en video para o seu lanzmento en dvd: "Live! At CBGB 1977".

O set list:
- Sonic Reducer
- All This and More
- Not Anymore
- I Won't Look Back
- Flame Thrower Love
- I Need Lunch
- Ain't Nothin' to Do
- What Love Is
- High Tension Wire
- Search & Destroy

Aquí tedes eses 29 minutos de pura enerxía punk, que comezan coa mítica 'Sonic Reducer' e rematan con 'High Tension Wire' e a versión do 'Search and Destroy'.



martes, 5 de febrero de 2019

The Cramps "Stay Sick!"

10 anos sen Lux Interior. 
Así que, se hoxe temos que recomendar algún álbum, ten que ser dos Cramps. 
Por non repetir ningún dos que xa teñen aparecido neste blog, imos co "Stay Sick", de febreiro de 1990. 
Foi o seu cuarto álbum, o último no que participou o baterista Nick Knox, e tamén o único que grabou Candy del Mar como baixista durante os seus anos na banda. 
Coma moitos dos seus álbumes, a portada era impactante, pero neste caso máis. De feito algún despistado só recordará este álbum pola portada e non polos temas. Pero este foi un dos seus álbum máis salientables, con 12 temas entre os que estaban os impresionantes 'God damn rock'n'roll', 'Journey to the center of a Girl', o acid blues de 'Everything Goes', a divertida 'Mama Oo Pow Pow', e a inesquceible 'Bikini Girls with machine guns'. 
Ademáis incluían catro versións: 'Bop Pills' de Macy Skipper que abría o disco, o macabro 'Mule Skinner Blues' sobre o clásico country de Jimmie Rodgers, e os arranxos sobre o tema tradicional 'Shortnin' Bread' para un final de álbum delirante.
Un imprescindible, coma todo o que fixeron estes xenios.

THE CRAMPS "Stay Sick!"
(Enigma Records, 1990)



lunes, 4 de febrero de 2019

10 anos sen Lux Interior

Hoxe cúmprense 10 anos do falecemento do irrepetible Lux Interior, e tamén da fin dos Cramps. A rede énchese de recordatorios das súa figura, pero imos a recomendarvos só dúas visitas.:
A primeira para os non iniciados, no caso de habelos, un artigo da web Muzicalia, 10 años sin Lux Interior, cun breve repaso á súa carreira.
E para todos, a entrega desta mesma tarde de El Sótano de Radio 3, un programa completo adicado a Lux Interior: San Lux Interior; un hermanamiento crampiano, todo elaborado coas suxerencias e comentarios dos oíntes.



domingo, 3 de febrero de 2019

King Gizzard & The Lizard Wizard 'Cyboogie'

Os King Gizzard & The Lizard Wizard están de volta con material novo.
Logo dun intenso 2017 no que publicaron 5 álbumes, durante o 2018 limitáronse a lanzar singles daqueles traballos.
Agora volven con material novo. O venres lanzaron un 7'' con cous temas: "Cyboogie b/w Acarine". Aquí tedes o clip da primeira: 



sábado, 2 de febrero de 2019

viernes, 1 de febrero de 2019

esta noite: Trash!


Swervedriver "Future Ruins"

Os británicos Swervedriver foron un dos referentes do shoegazing da primeira década dos 90s, aínda que nin triunfaron como merecían nin tiveron o recoñecemento da crítica ata moitos anos despois. 
En 2015 volveron con novo material tras case 20 anos de silencio, ("I Wasn't Born To Lose You", 2015), e agora continúan con "Future Ruins", dous álbumes con propostas máis que interesantes de cómo actualizarse sen perder a esencia  da súa discografía inicial.
En "Future Ruins" continúan coa fórmula orixinal do shoegaze, basado en guitarras e pedais, con ducias e ducias de pistas de guitarra en cada tema, pero ademáis sempre tiveron un gusto especial polas melodías, e que aquí combinan con máis referentes dos 90s que lle aportan bastante dinamismo ao álbum.
Cinco temas de mostra: o ritmo machacon e sinxelo de 'Mary Winter', os aires Dinosaur Jr de 'The Lonely Crowd fades in the air', o increscendo de 'Theeascending', o power pop de 'Good Times Are So Hard To Follow', e a fantástica 'Spiked Flower' que foi o sixelo de adianto do álbum.

SWERVEDRIVER "Future Ruins"
(Rock Action Recs., 2019)



jueves, 31 de enero de 2019

programación febreiro

Aquí tedes tóda-las datas de febreiro:

· Venres 1 febr: Trash!
· Sábado 9 febr: CHIEF BROMDEN
· Sábado 16 febr: BIMBA!
· Venres 22 febr: Black Grooves
· Sábado 23 febr: ESCALENUX


9 febr: Chief Bromden

E unha data máis que faltaba por anunciar. 
A volta do CHIEF BROMDEN á nosa cabina, logo de máis de un ano sen poder contar coas súas sesións.
Será o sábado 9 de febreiro. Non vo-lo perdades!!


miércoles, 30 de enero de 2019

Reverend Beat-Man & Izobel García "Baile Bruja Muerto"

Novo álbum do Reverend Beat-Man, "Baile Bruja Muerto". 
Nesta ocasión compartido con Izobel García, colaboradora habitual en anteriores entregas (normalmente como Sister Nicole), e que cada vez cobra máis protagonismo nos seus álbumes, desta vez ademáis de voz e instrumentos,  aparece en labores de composición. 
Logo do seu álbum do ano pasado, "Blues Trash", asinado xunto con The New Wave (e do que lanzou de xeito simultáneo a versión en alemán, que en moitos temas sona aínda mellor, Blues Trash Swiss German Version aquí), esta nova entrega é unha mestura de novos temas, versións de outros artistas e reinterpretación dos seus propios temas.
As novidades son 'Viva la Figa', 'I never told you" (continuación do 'I not gonna tell you' do álbum anterior), e 'Nerviosa', as dúas últimas compostas por Izobel García. Inclúen tres covers de pezas tan variadas coma 'Maricona' de Chavela Vargas, 'Black Metal' dos Venom, o ou 'Love me two times' dos Doors.
E entre os temas do seu repertorio que recupera están 'Lass Uns Liebe Machen' e 'Pero yo te amo', ambas do seu anterior álbum; 'I'll take care of you' que só aparecera nun flexidisc; e o meu tema favorito, unha versión acelerada do 'Come Back Lord', clasicazo do seu primeiro álbum como Reverend xunto con The Un-Believers ("Get on your Knees" do 2001).
Sempre recomendadísimo.

REVEREND BEAT-MAN & IZOBEL GARCÍA "Baile Bruja Muerto"
(Voodoo Rhythm Records, 2019)




martes, 29 de enero de 2019

Rickey Calloway & The Soul Motivators "Tell Me"

Máis 7''. Hoxe con un pouco de ritmo.
No 2015 escollimos o álbum dos canadenses The Soul Motivators entre os mellores do ano ("Free to Believe", Do right Music/Kudos). Dende entón lanzaron somentes un 7'' por ano, e o último do 2018 acompañando a Rickey Calloway, autoproclamado rei do funk no 2010... bromas aparte, o certo é que o seu álbum "King of Funk" daquel ano é realmente interesante.
Neste single reúnense para para deixarnos 'Tell Me' na cara A, unha recreación perfecta do funk primixenio ao estilo James Brown xunto cos Famous Flames, e na cara b a versión instrumental do mesmo. Puro ritmo!

RICKEY CALLOWAY & THE SOUL MOTIVATORS "Tell Me"
(Funk Night Records, 2018)



Paul Whaley

Paul Whaley
(1946 - 2019)
Blue Cheer