jueves, 7 de febrero de 2019

Mike Krol "Power Chords"

Novidades antes do fin de semana.
Un dos álbumes aos que máis voltas lle estamos a dar nas últimas semanas é o novo traballo de Mike Krol. O seu cuarto álbum é "Power Chords", e continúa coa súa fórmula desenfadade de garage powerpopeiro de baixa fidelidade aínda tanto neste coma no anterior o son mellora moito (os dous primeiros son tan lo-fi cacharreiro que non vos recomendo que os escoitedes de tirón).
Nada cambia na súa proposta, co retrovisor sempre posto no finado Jay Reatard, melodías ao límite e distorsión desbordante, con moi pouco momentos para o relax: 'Power Chords', 'What's the Rhythm' ou 'Left for Dead' son bos exemplos de garage enérxico e ruidoso nos que as melodías teñen todo o peso, e outras coma 'Blue and Pink' nas que pesa máis a rítmica e ata as harmonías, ou case ao final 'Arrow in my heart', o máis preto que pode estar este home dunha balada. 
33 minutos que pasan voando e mantén vivo ese ideal de garage californiano da última década, e do que xa quedan poucos.

MIKE KROL "Power Chords"
(Merge Records, 2019)



No hay comentarios: