jueves, 28 de febrero de 2019

"Industrial Accident" documental sobre Wax Trax!

A historia de Wax Trax! Records é unha desas aventuras improbables do auténtico underground. A comezos dos 70s fundaron unha tenda en Denver, e a finais da década mudáronse a Chicago, onde tamén crearon un selo discográfico. Entre os seus primeiros lanzamentos están bandas tan diversas coma Strange Circuits, Front 242, Ministry, ou o mítico (ou mítica) Divine. Entre o seu inmenso catálogo atoparedes tamén numerosas referencias de My Life with the Thrill Kill Kult, Psychic TV, The KLF, Laibach, Foetus ou Underworld.
Agora chega o momento de facer un merecido homenaxa a aqueles inconscientes cun documental que repasa a súa historia.
"Industrial Accident, the Story of Wax Trax! Records", realizado por Julia Nash, filla dun dos fundadores da compañía, que tamén recuperou a actividade do selo a mediados de década.
Nel aparecen figuras coma Steve Albini, Trent Reznor, Dave Grohl, Ian MacKaye ou Jello Biafra. Ademáis do documental tamén se lanzará un recopilatorio a modo de banda sonora, con temas inéditos ou caras b de edicións moi limitadas de Ministry, Revolting Cocks ou KMFDM.
O lanzamento de todo o material será o 16 de abri.
Toda a info na web WaxTraxFilms.

INDUSTRIΛL ΛCCIDENT from Wax Trax! Films on Vimeo.

No hay comentarios: