miércoles, 27 de febrero de 2019

Teeth Of The Sea (2019) Wraith

Recomendacións para esta semana.
Comezamos con algo máis experimental do habitual, os británicos Teeth of the Sea. Unha banda da que unha das súas señas de identidade é a de non repetirse demasiado, e sobre todo experimentar. Nos seus cinco discos anteriores exploraron as posibilidades de mesturar rock con todo, as texturas atomosféricas, o ruidismo puro, o jazz, a electrónica e as improvisacións post-rock, e en máis de 10 anos de carreira apenas repetiron fórmula.
"Wraith" é o seu sexto álbum, no que xogan co jazz e a electrónica, pero no que tódo-los elementos anteriores tamén teñen cabida, todo cohesionado nunha proposta de neo-psicodelia moi ben lograda. Lanzouse o venres pasado, e aínda non puidemos quitarnos da cabeza as hipnóticas 'Hiraeth', 'Burn of Shieling' ou 'Her Wraith'
Non é fácil pero tentádeo.

Teeth Of The Sea "Wraith"
(Rocket Recordings, 2019)




No hay comentarios: