miércoles, 30 de marzo de 2011

Weird War "If You Can´t Beat´em, Bite´em"

Coa disolución de The Make-Up, Svenonius retoma a súa faceta máis combatiba e directa. Mantén a rítmica dos anteriores pero endurece a súa mensaxe de odio anti-todo. O século XXI comeza con guerras, algunhas moi curiosas, e así será a súa nova banda, Weird War. As súas dúas primeiras entregas ("Weird War" de 2002, e "I Suck on the Emotion" do 2003, ambos con Drag City) tomaban case tódo-los elementos dos Make-Up, pero como xa dixemos, cun Svenonius cabreado e desenmascarando tóda-las grandes mentiras que estaban a confundir ó mundo. Dende o seu terceiro álbum todo se volve máis serio, máis combativo e máis cabreado. Xa sabedes que a historia segue, pero aquí tedes este "If You Can´t Beat'em, Bite´em". Verdades coma puños...


WEIRD WAR "If You Can´t Beat´em, Bite´em"
(Drag City, 2004)


faite con el no blog White Dot Music (Stance-Out):


The Make-Up "Destination: Love. Live at the Cold Rice"

Se o plantexamento da Nación de Ulises non deu os resultados políticos esperados cecais fora por falta de maquillaxe, ou iso debeu pensar Svenonius. Coa disolución dos Nation of Ulysses, e tra-la experiencia fugaz de Cupid Car Club, MP chega o momento de The Make-Up. Agora xa sen afáns destructivos nin manuais para fabricar explosivos na casa, agora todo iría ben maquillado. The Make-Up serán os predicadores da festa, e a súa conciencia (alterada). O seu discurso é unha teoloxía marxista-LSD con sonido garaje-soul-rock, o resultado final é un orixinal sonido que eles mesmos denominaron gospel yeh-yeh... unha auténtica bomba!!! (outra vez). Este "Destination: Love. Live at the Cold Rice" é o seu debut de 1996, todo un exercicio de maquillaxe... durante anos, como resulta obvio todos pensaron que era un álbum en directo, a banda explicando que era a mellor maneira de transmiti-la súa mensaxe, o ritmo etc, e todos eses bla-bla-blas que sempre se dín, e todos coa envexa de non ter estado alí... pero non, todo falso. Anos despois Svenoniu e Mae recoñeceron que todo foi arranxado no estudio, e todo para desenmascarar a outros...
Aquí o tedes, unha bomba de ritmo, puro maquillaxe...

THE MAKE-UP "Destination: Love. Live at The Cold Rice!"
(Dischord, 1996)


Faite con el en Botox Populi:


The Nation of Ulysses "13-Point Program to Destroy America"

Este é o primeiro álbum publicado por Ian Svenonius, coa súa primeira banda, The Nation of Ulysses, uns rapaces que querían montar un grupo terrorista, porque non sabían tocar ningún instrumento, pero que en dous anos terminaron publicando un dos álbumes fundamentais para reorienta-la historia do hardcore. Toda a súa rocambolesca historia podedes consultala máis polo miudo no artigo Voten por Ian Svenonius, el remedio contra la crisis! en Libro de Notas (tamén con entrada neste blog). Así que só vos recomendo que ademáis vos compredes algunha boa edición en vinilo deste 13-Point Program to destroy America, que son coma unha ruleta rusa de cores (o meu é laranxa), ou incluso transparentes... Discazo Imprescindible!!!

THE NATION OF ULYSSES "13-Point Program to Destroy America"
(Dischord, 1991)


Faite con el en In Mass Mind:

David Candy "Play Power EP" (Svenonius)

O comezo de século XXI foi un novo momento de cambio para Svenonius. Entre a separación de The Make-Up e a posta en funcionamento real de Weird War, Svenonius creou un novo persoaxe para unha nova aventura en solitario: David Candy, co que só publicou este ep no que se atreveu con todo o que antes non lle dera renda solta. Hay pop sen complexos, free-jazz, pianos minimalistas (e intimos), e nanas terroríficas (finaliza coa versión da nana de Semilla del Diablo -'Lullaby from Rosemary's Baby' de Krzysztof Komeda, pero por riba de todo é pura psycodelia, en clave folk, ou como pura incontinencia Svenonius, coma nos 19 minutos de 'Diary of a Genius'. Toda unha rareza digna de coleccionar.


DAVID CANDY (Ian Svenonius) "Play Power EP"
(Jet Set Records, 2001)



descargádeo no blog This is Fag City:


 
 

martes, 29 de marzo de 2011

Cupid Car Club, M.P. "Join Our Club EP"

Trala disolución de The Nation of Ulysses, Ian Svenonius formou unha nova banda cos seus inseparables Canty y Gamboa: Cupid Car Club, M.P. coa que publicaron un único EP homónimo en 1993 (un 7'' con Kill Rock Stars), un auténtico manual do suicida. Foron tan efímeros que sufriron casi unha combustión espontánea, pero importantes porque son a ponte lóxica entre The Nation of Ulysses y The Make-Up, aínda que o clube todavía era bastante ruidoso...

CUPID CAR CLUB, M.P. "Join Our Club EP"
(Kill Rock Stars, 1993)


descárgao no blog The Box and The Ghost in it:


Proxecto Djokovic

O próximo venres (8 de abril) estrea mundial do 
PROXECTO DJOKOVIC de Música Ecléctica na cabina do Rif-Rock...

fumen... con Marlene Dietrich

Pouco imos descubrir en un par de liñas sobre Marlene Dietrich, un dos maiores iconos da historia do cine, que co tempo ademáis convirteuse nunha desas figuras que sempre estarán eternamente unidas a un cigarrillo...



fumen... con Lucille Ball

Lucille Ball estivo na primeira plana do cine dos anos 40, traballando cos Irmáns Marx, Katharine Hepburn ou Ginger Rogers, pero sempre coma secundaria. Foi nos anos 50 cando lle chegou a oportunidade de protagonizar unha serie de tv de éxito: I Love Lucy, entre o 51 e o 58. Neses anos protagonizou numerosos spots publicitarios, por suposto tamén de tabaco...

fumen señoras!!! para mante-lo tipo...

Fumen, señoras. Todo son beneficios... Senon mirade esta campaña dos Virginia Slims de 1972, a mellor axuda para mante-lo tipo...



fumen señoras... o máis sano e cool...

Aquí tedes dous anuncios de finais de 1958 e 1960... bó para a saúde, bo para a mente, e ademáis failles moito máis interesantes...


Liga de Bocazas dos Venres no Rif. Xornadas 26 e 27

Aquí está o top-5 das dúas últimas xornadas:

Xornada 26:
1º C.B. Chacarita 195,60
2º Xuventude Tragove 174,00
3º Muñequita Linda 172,40
4º a ramallosa 170,60
5º magic p 168,00

Xornada 27:
1º chejar e encher 159,20
2º monhes 152,60
3º magic p 144,40
4º Xuventude Tragove 142,20
5º san fransisco 136,80

Clasificación Xeral:
1º magic p 4.091,40
2º Xuventude Tragove 3.973,80
3º san fransisco 3.878,40


viernes, 25 de marzo de 2011

Hoxe!!! NIPPON A-GO-GÓ!!!

Six

Guitar Wolf

Thee Michelle Gun Elephant



Pizzicato Five

Zazen Boys

Thee 50's High Teens


The 5, 6, 7, 8's