miércoles, 30 de marzo de 2011

The Make-Up "Destination: Love. Live at the Cold Rice"

Se o plantexamento da Nación de Ulises non deu os resultados políticos esperados cecais fora por falta de maquillaxe, ou iso debeu pensar Svenonius. Coa disolución dos Nation of Ulysses, e tra-la experiencia fugaz de Cupid Car Club, MP chega o momento de The Make-Up. Agora xa sen afáns destructivos nin manuais para fabricar explosivos na casa, agora todo iría ben maquillado. The Make-Up serán os predicadores da festa, e a súa conciencia (alterada). O seu discurso é unha teoloxía marxista-LSD con sonido garaje-soul-rock, o resultado final é un orixinal sonido que eles mesmos denominaron gospel yeh-yeh... unha auténtica bomba!!! (outra vez). Este "Destination: Love. Live at the Cold Rice" é o seu debut de 1996, todo un exercicio de maquillaxe... durante anos, como resulta obvio todos pensaron que era un álbum en directo, a banda explicando que era a mellor maneira de transmiti-la súa mensaxe, o ritmo etc, e todos eses bla-bla-blas que sempre se dín, e todos coa envexa de non ter estado alí... pero non, todo falso. Anos despois Svenoniu e Mae recoñeceron que todo foi arranxado no estudio, e todo para desenmascarar a outros...
Aquí o tedes, unha bomba de ritmo, puro maquillaxe...

THE MAKE-UP "Destination: Love. Live at The Cold Rice!"
(Dischord, 1996)


Faite con el en Botox Populi:


2 comentarios:

Gata Vagabunda dijo...

... e ademais con guiño cinéfilo, porque They live by night é un noir de Nicholas Ray ;-)

SE SALE!

RifRocKerz dijo...

si prima... además piniculón!!!