martes, 15 de marzo de 2011

"Nuevo Rock Americano, años 80. Luces y sombras de un espejismo" de Carlos Rego


A verdade é que estou seguro de que xa vira este libro antes, nalgunha escolma de reseñas bibliográficas, pero non foi ata hoxe lle prestei a atención merecida, cando lle adicaron o programa de Carne Cruda de Radio 3 de onte a facer un repaso a todo este falso movimento e cando me puxen a buscar un exemplar. 

CARLOS REGO "Nuevo Rock Americano, años 80. Luces y sombras de un espejismo
(Ed. Milenio, 2010)

O autor é o ourensano Carlos Rego (membro dos Burgas Beat  e redactor de Ruta 66) e como o seu propio título indica, fai un repaso daquela difusa escena dos USA, que na primeira metade dos 80 rexeitaron tódo-los excesos da apestosa new-wave e volveron as súas orellas ó modo de facer sinxelo e directo dos 60, dando lugar ó que aquí se chamou NRA (Novo Rock Americano), isto é Dream Syndicate, R.E.M., Giant Sand, os Long Ryders, Violent Femmes, Green on Red... e ós que eu lle engadiría The Replacements...
O autor creou un blog [Nuevo Rock Americano, Años 80] que actualiza con tóda-las críticas sobre o libro e todo tipo de referencias audiovisuais, e esta é a presentación na propia web da Editorial Milenio:
Ninguno de los protagonistas de este libro admitiría la existencia de algo parecido a un movimiento llamado Nuevo Rock Americano, y no les falta razón.. En este libro, los nombres más conocidos comparten espacio con coetáneos a los que el paso del tiempo ha relegado a un segundo plano que. Así, el resultado final es una visión amplia de una época convulsa en lo musical, y un análisis pormenorizado del movimiento que nunca existió, con especial atención a su impacto en España. Cuenta además con el valor añadido de la participación directa de algunos de sus actores principales, músicos.


*Na mesma web da editorial podedes mercalo directamente por 18€.

E aquí tedes ó propio autor presentando o libro para a canle local Telemiño:

No hay comentarios: