martes, 1 de marzo de 2011

Wick-it the Instigator Vs The Black Keys

Volvemos con máis Vs. dos da semana pasada, pero desta vez cun álbum case enteiro. O ano pasado The Black Keys publicaron "Brothers" un dos mellores álbumes do 2010. Agora a comezos de ano, o dj e productor Andrew Owsley, tamén coñecido como Wick-it the Instigator, ofrécenos unha versión remezclada, do álbum, con engadidos dubstep, mash-up e moito hip-hop como xa fixera noutras ocasións (como xa fixera no 2004 co "White Album" dos Beatles) que leva por título "The Brothers of Chico Dusty". Aquí é o mc Big Boi (de Outkast) o que engade as voces ós oito temas... o resto xa depende do voso gusto. E ademáis agora penso que debe se-la primeira entrada sobre hip-hop neste blog...
Tédelo en descarga directa e gratuíta no bandcamp de Wick-it the Instigator.


Wick-it the Instigator "The Brothers of Chico Dusty"
(Mashville, 2011)


Descargádeo no seu bandcamp ou tamén dende o soundcloud.


No hay comentarios: