E rematamos polo momento coas versións con The New Strychnines, unha banda de homenaxe ós Sonics, que no 2003 lanzaron este "The New Original Sonic Sound", con membros de Mudhoney, Gas Huffer, Girl Trouble e The Young Fresh Fellows (e por extensión dos Monkeywrench e Minus-5) facendo tódo-los grandes temas dos Sonics. Todo comezou no ano 2000, cando o Seattle Experience Music Project decidiu organizar un homenxe ás principales banda de garage dos 60 no entorno de Seattle, alí estarían The Fabulous Wailers (os auténticos Wailers) e The Kingsmen, pero non The Sonics. Ante a imposibilidade de xuntalos naquel momento, foi Scott McCaughey dos Young Fresh Fellows, quen decideu reunir unha banda de homenaxe para completar o programa formada por primeiras figuras da escena de Seattle do momento, así naceron The New Strychnines, que inmediatamente publicaron este homenaxe (Book Records, 2000), pero non foi ata o 2003 cando o subselo de Munster, Rock&Roll Inc. Recs. o editou en España...
THE NEW STRYCHNINES "The New Original Sonic Sound"
(Book Recs, 2000 / Rock&Roll Inc-Munster, 2003)
No hay comentarios:
Publicar un comentario