Outra novidade de outros deses clásicos que tanto me gustan. Xa sabedes que Wire son unha das miñas bandas fetiche, e este é o seu novo álbum. "Red Barked Tree" é o seu 11º Lp, ademáis da veintena de singles e eps ó marxe, pero curiosamente este é o seu terceiro álbum da súa terceira etapa. Formáronse en 1976 para disolverse en 1980 tras publicar consecutivamente tres dos mellores álbumes da historia ("Pink Flag", "Chairs Missing" e "154"), nos que fixeron unha transición de manual de case tódo-los paus posibles que se sucederon nos seguintes 30 anos. Volveron para dar unhas cantas leccións, aínda que con menos fortuna entre 1985 e 1992, e finalmente de volta dende 1999 para ensinarlle á insolente xuventude como serían Wire no século XXI. "Red Barked Tree" segue a evolución dos dous últimos traballos, continuando ó claramente o anterior "Object 47" (pola saída do guitarrista Bruce Gilbert) e os últimos traballos Githead (banda paralela de Colin Newman). Por suposto xa non son o referente de art-punk da súa primeira época, pero sempre hai que prestarlles atención non vaia a ser que en un par de anos, outra banda sexa hype mundial a base de plaxialos (outra vez). En "Red Barked Tree" atopamos a fórmula habitual dos seus últimos traballos: moita melodía, as doses adecuadas de guitarras contundentes, abrasivas (xa menos) ou densas, unha rítmica impecable, e un pouco de xogueteo experimental que nunca debe faltar...
WIRE "Red Barked Tree"
(Pink Flag, 2011)
Faite con él no blog Wake-Up from your Sleep:
No hay comentarios:
Publicar un comentario