martes, 2 de diciembre de 2014

Nadal Soul!!

Aínda non pechamos a nosa programación para este mes de decembro, pero xa vos podemos ir adiantando algo que estamos preparando entre o Rif-Rock e o Café Continental: NADAL SOUL entre o 20 e o 27 de decembro. Concertos e sesións! Nos próximos días xa vos contaremos todo.


lunes, 1 de diciembre de 2014

descarga Black Grooves!!

Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!! 
20 temas de funk & Rhythm'n'blues, metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 28 novembro 2014)



viernes, 28 de noviembre de 2014

sábado... Marinocha Über Alles!!


esta noite... Black Grooves!!


"Hit Man" 1972

A sesión de mañá non irá sobre bandas sonoras de filmes blaxploitation, pero aquí tedes o trailer da peli que fusilamos para o cartel. "Hit Man" de 1972, dirixida por George Armitagee protagonizada por Bernie Cassey no papel do avogado vingador, e a musa Pam Grier. Como é habitual neste filmes, é unha historia de vinganza contra uns mafiosos da industria do cine porno... igual por iso non é tan popular coma outras do xénero, pero ahí vos queda recomendada.

Hit Man
USA 1972, Penelope Productions Inc. / MGM
dir: George Armitage

jueves, 27 de noviembre de 2014

The Brian Jonestown Massacre "+-EP"

Antes de que remate o ano seguen a sair moitas novidades das que nos fan poñer os dentes longos. The Brian Jonestown Massacre lanzan este ep de nome una tanto confuso, ó principio estaba anunciado como Reconstruction, pero finalmente se chama "+-EP", pero o importante é o contido. Déixanse de eses experimentos dos últimos anos para volver ó que máis nos gusta. Son tres temas no vinilo: 'Heat', 'Everything was very Simple', e 'Reconstruction', e incluíndo un tema máis, 'Leave it Alone', nas edicións dixitais. Catro pezas relaxantes con ducias e ducias de capas de guitarras, e melodías lentas e perfectas. Para darlle cen voltas seguidas sen darte conta.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "+-EP"
(A Records, 2014)



Fugazi "First Demo"

Sen dúbida o álbum da semana!! e iso que non ten nada novo...
Hai un par de semanas que se anunciara o inminente lanzamento da primeira maqueta dos Fugazi, e aquí está, ó fin nos fixemos con ela!!

"First Demo" recolle a súa primeira sesión no estudio, son 11 temas gravados na propia sede de Dischord e no Inner Ear Studios co productor Don Zientara en xaneiro de 1988, cando a banda só levaba 10 concertos ás súas costas.
Entre os 11 temas aparecen xa os temas que logo nos entregaron nos EPs "Fugazi" (Dischord, 1988) e "Margin Walker" (Dischord, 1989) logo compilados no "13 Songs", e varios dos que xa formaron parte do "Repeater" (Dischord, 1990) que cambiou as nosas vidas. Ademáis atopamos o tema 'In defense of humans' que só fora publicado no recopilatorio "State of the Union: D.C. Benefit Compilation" (Dischord, 1989, logo reeditado no 2002), e ademáis aparece 'Turn Off your Guns' por primeira vez publicada na súa versión de estudio.
Nada novo, pero tampouco atoparedes nada mellor ca esto!
Se queredes botarlle unha escoita primeiro aquí tedes todo o audio, pero mellor que vos fagades con el como sexa!! Nós, cos nervios, xa mercamos dous por se acaso...

FUGAZI "First Demo"
(Dischord Records, 2014)



miércoles, 26 de noviembre de 2014

The Even Flow Experience. Concerto 22 nov.

Estabades máis que avisados. 
Xa vos dixemos que a volta de THE EVEN FLOW EXPERIENCE non ía ser cousa de un día, e tra-lo seu concerto de retorno no mes de setembro, dous meses despois ofrecéronnos outro show con moito do seu repertorio renovado.

Victor e Manolo incorporaron moitos temas novos no seu show, entre outros dos Foo Fighters, Smashing Pumpkins, Silverchair, Alice in Chains, Incubus... e moitos dos seus habituais, desta vez os dous a pelo, sen coloboración algunha, e ata máis de 20 temas.

Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e sobre todo nunha noite de choiva como a do pasado sábado. E sobre todo ó dúo de artistas pola súa fidelidade e compromiso. 
Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas entregas!!

Xa tedes todo o concerto do sábado subido nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2 - pt 3pt 4 - pt 5) ou todo seguido en lista de reprodución:

The Even Flow Exp. (concerto pt.1)


The Even Flow Exp. (concerto pt.2)


The Even Flow Exp. (concerto pt.3)


The Even Flow Exp. (concerto pt.4)


The Even Flow Exp. (concerto pt.5)


martes, 25 de noviembre de 2014

"Paul está Muerto (y otras leyendas urbanas del rock)"

A historia do rock está chea de excesos e disparates, de anécdotas esaxeradas, de fanfarronadas de ricos que van de malotes e outras realmente divertidas, e sobre todo moitos mitos e bulos que acaban converténdose en verdade popular sinxelamente por que resultan máis divertidas que a realidade.
A editorial Errata Naturae nos presenta este divertido "Paul está Muerto (y otras leyendas urbanas del rock)", un libro de Héctor Sánchez y David Sánchez, que recopila moitas desas lendas urbanas en torno ás estrelas do rock, da súa orixe, e dos motivos que nos levan a tomalas por certas. 
Dende a historia de que Paul Mccartney morreu nun accidente de tráfico en 1966 e foi sustuído por un dobre, ata esas míticas orxías dos Led Zeppelin, as arroutadas de Keith Moon, e moitos pasaxes paranormales. Como exemplo aquí tedes o adianto en pdf dun dos breves: Led Zeppelin y el incidente del tiburón.

Héctor Sánches y David Sánchez:
"Paul está Muerto (y otras leyendas urbanas del rock)"
(Errata Naturae, 2014)


Toda a info na web de Errata Naturae:


Todo lo que lea en las páginas de este libro es mentira. Aunque decir esto quizás no sea del todo cierto. Al fin y al cabo, hablamos de leyen­das urbanas, ese prodigioso territorio del folclore contemporáneo en el que, como es de ley, la ficción inconsciente, la imaginación desatada y la verdad más inverosímil conforman un único, inesperado y delicioso cóctel. Por supuesto, el mundo del rock ha sabido crear y recrear sus propios mitos urbanos de manera inigualable y para todos los gustos: delirantes, excesivos, crueles, escatológicos, trágicos, he­roicos, patéticos…
Héctor Sánchez recoge una selección de las mejores leyendas urba­nas, bulos y demás malentendidos relacionados con los grandes astros del rock, todos ellos narrados con excelso conocimiento y el humor que requiere la ocasión. Y David Sánchez, uno de los más destacados dibu­jantes de la nueva generación del cómic español, ilustra cada una de estas historias de forma incomparable. Muertes prematuras y extravagantes, fiestones más que desbocados, cameos de ultratumba, sexo con tiburo­nes (y con chocolatinas Mars), chutes familiares de última hora, nazis sabiamente enmascarados, fantasmas latosos y otros fenómenos para­normales, seres parcialmente extraterrestres, venganzas bastante ridículas, mermeladas alucinógenas, problemas graves de identidad, tejema­nejes con la CIA y el FBI, testamentos felinos, incestos insospechados, canciones que animan a quitarse la vida y, por supuesto, mensajes más o menos satánicos que se escuchan al hacer girar un disco al revés.
Un maravilloso anecdotario ilus­trado como una historia paralela y secreta del rock, un libro que despe­ja tantos interrogantes como los que propone: ¿de dónde surgen estas historias? ¿Son meros divertimentos y creaciones de una suerte de in­consciente colectivo que da rienda suelta a sus deseos más disparata­dos? ¿O en más de una ocasión responden a intereses concretos? ¿Qué parte de verdad hay en cada una de estas mentiras y qué parte de esa verdad conocemos? Bienvenidos a la cara oculta del rock.


Cinegalicia25


Cinegalicia25 é unha mostra na Cidade da Cultura que rende homenaxe ó audiovisual galego. Ata o 8 de febreiro.

Cinegalicia25
1989 é unha data clave para o cine galego. Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Continental de Xavier Villaverde e Urxa de Carlos A.L. Piñeiro e Alfredo García Pinal, as tres primeiras longametraxes de ficción galegas, estreáronse do 23 ao 26 de novembro do 89 en Vigo, marcando o inicio dun prometedor futuro para o audiovisual do noso país. Vinte e cinco anos despois, a Cidade da Cultura quere renderlle unha pequena homenaxe aos profesionais que o fixeron posible a través da mostraCinegalicia25.
A exposición, que ocupa o terceiro andar do Museo Centro Gaiás, fai un percorrido polo que foi o noso audiovisual nestes 25 anos, co aporte previo da nutrida traxectoria iniciada en 1896, cando as primeiras proxeccións do Cinematógrafo en Galicia; e unha ollada cara ao futuro.
Vinte e cinco é a cifra temporal de referencia, que tamén traza un acoutamento imaxinario noutras tantas relevancias presentes en seis seccións, a xeito dunha radiografía sobre o sector:
· Cine Galego revisa o audiovisual a través das longametraxes como formato principal.
· Rodado en Galicia expón os filmes alleos recollidos na nosa contorna paisaxística e monumental.
· Ficcións televisivas amosa a TVG como o motor da produción propia.
25 pezas máis… recolle outros formatos, como a animación ou o documental, tan importantes no pulsar da creación audiovisual.
· Cine de papel ofrécelle ao público a abondosa e fundamental aportación historiográfica e teórica ao noso audiovisual.
· Contornos plasma os diferentes sectores da sociedade que se encargaron de converter o audiovisual non só nunha industria, senón en expresión dunha cultura diferenciada.

Toda a info na web na Cidade da Cultura.

Guadi Galego "Lúas de Outubro e agosto"

Hoxe sae a rúa "Lúas de Outubro e Agosto" de Guadi Galego, xa dispoñible en cd, e próximamente en vinilo. Buscádeo!!


lunes, 24 de noviembre de 2014

Black Grooves + Marinocha

Aínda queda por diante un bó fin de semana da nosa programación de novembro:
· Venres 28: Fuck'U Whiteys... Black Grooves
· Sábado 29: MARINOCHA Über Alles


The Even Flow Exp.

Xa vos avisamos que The Even Flow Experience tiñan moito material novo que amosarnos, e vaia se crumpriron co prometido!! gracias cracks, todo un luxo contar con xente coma vós unha e outra vez no Rif-Rock!! e gracias a todos por achegarvos nunha noite de choiva como a do sábado!! e a Kurco polo traballo extra. 
Nos próximos días máis fotos e os videos do concerto. 
E seguide atentos para non perdervos o seu próximo concerto!