E outro disco máis co que nos fixemos esta semana... o novo álbum dos Excitements!! "Breaking the Rule" é o seu terceiro traballo para Penniman Records, e non creo que precisen de moita presentación. Das mellores bandas do estado sen ningún tipo de discusión, unha potente máquina de rhythm'n'blues coa explosiva Koko Jean Davis á fronte. 'The Mojo Train' coma 7'' de presentación, 'Fire', 'Wild Dog', o soul de 'Take it back' e 'Breaking the Rule', e cañonazos coma 'Everything is better since you've gone' ou 'Chicken Pickin' farán que non poidas estar parado nen un só momento.
Xa nos fixemos con esta maravilla de Munster Records. O segundo volume de "Algo Salvaje", algo así como o compromiso dende Munster Records de crear un Nuggets español, despois do primeiro volume no que xa avisaban que habería máis, aquí o temos, con Los Salvajes, The Vampires, Los Gatos Negros, The Brisks, Los Relámpagos, Los Íberos, Los Gritos... e así ata 28 temas garageros dos 60s españois. Nós xa nos fixemos co noso, e vós apurade que seguro que voan. Recomendadísimo!!
V.A. "Algo Salvaje. Untamed 60's Beat and Garage Nuggets from Spain Vol.2"
Aquí estamos de nuevo con el segundo volumen de “Algo salvaje”. No se ha hecho esperar demasiado, aquí llega raudo y veloz manteniendo la llama que encendió el primer volumen. Un festival de beat crudo, directo y agresivo, más las lógicas digresiones estilísticas de acuerdo al psicodélico devenir de los tiempos. Señas de identidad de este segundo lanzamiento capaz de legitimar la escena española del garage-beat como una de las grandes propuestas musicales (y sociales) en aquella anómala España que se desperezaba a duras penas de ataduras dictatoriales. Retomamos de nuevo aquellos días celebrando una gamberra y puramente hedonista aventura juvenil (salvo excepciones, de escasos visos profesionales) que articulaba una propuesta musical capaz de explicar hoy a cualquiera que, incluso inconscientemente, en aquellos días se montaron pequeñas trincheras sobre un pedal fuzz.
Si las radios y la televisión española fueron sistemáticamente copadas por las canciones populares más amables y dóciles, esta nueva refriega beat forjada y urdida básicamente en las caras B de los sencillos instituyó una cultura paralela generadora de una valiosísima escena oculta fuera de los focos y de la omnipresente censura. Urbanitas o rurales, universitarios o iletrados con apenas las cuatro reglas básicas, poco tuvo que ver su grito musical ni con los estudiados arrebatos sociales del cantautor, ni con la pertenencia a ninguna concreta escena musical alternativa. El adolescente más inquieto entendió que la peligrosa química social de esos años exigía movimientos ágiles y economía de medios. Es decir, los oídos bien abiertos sin orejeras restrictivas de ningún tipo: beat, rhythm & blues, rock & roll, Bo Diddley beats, folk-rock, primeros aires psicodélicos… Una escena local entonces tan modesta como hoy categórica aparece ante nuestros ojos: críos audaces que, incluso en ese preciso y enfermizo contexto y sin necesidad de articular un discurso adulto y contestatario, se sintieron creativamente libres sin tener jamás que disculparse por gritar “Soy así”, “Yo grito” o “Diciendo no”.
Cuesta poco imaginar aquella posible transmisión boca-oreja entre adolescentes de 1966, absortos y enloquecidos tras escuchar y pasmarse con algo tan colérico como el ?Te esperaba’ de Los Pops, incluso después de haber oído la canónica versión de The Animals. Probablemente, deslumbrados para los restos.
Una cuarta parte del contenido de este volumen muestra la permanencia del género más allá de 1968, sensible ante la permeabilidad de las nuevas corrientes musicales que aparecen. Y por supuesto, de nuevo encontramos la omnipresente influencia del sonido Liverpool y el beat inglés en general… Todo ello agitado (y bien revuelto) con nuestras propias señas de identidad, un castizo y abigarrado cóctel felizmente reconocido hoy internacionalmente que nos señala con precisión el real kilómetro cero para la justa valoración de esta escena: aquellos inciertos días de los 60 en los que la guitarra eléctrica de un simple chaval de pueblo, al menos durante dos rebosantes minutos, decidió orgullosa no inclinarse ante nada y ante nadie. (Vicente Fabuel)
Aquí tedes a programación completa (e xa actualizada) que vos propoñemos para este mes de abril, e o adianto de algunha cousa xa para maio: _abril2016_ · Sábado 16: SHERIFF LORRE · Sábado 23: PAU PAU A GO-GÓ! · Venres 29: Fuck'U whiteys... Black Grooves! · Sábado 30: DEAD WOOD en directo 23:45h. *a sesión do Chief Bromden do día 9 queda aprazada para outro mes, xa vos avisaremos da nova data. Un mes que pinta espectacular. Non vo-lo perdades!! E xa vos podemos ir adiantando que en maio teremos a THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo, e algunha sorpresa máis.
AVISO!!! Temos que aprazar a sesión do CHIEF BROMDEN que tiñamos programada para este mesmo sábado (9 de abril). Cousas importantes de última hora, pero tranquilos que así cando lle toque vai a vir con máis ganas... Xa vos avisaremos da nova data!!
E para rematar abril por todo o alto, a entrega mensual de música en directo.
Cinco meses despois volverán o noso trío favorito: DEAD WOOD!! recén saídos do estudio de gravación de preparar o seu primeiro traballo, e para anunciarnos unhas cantas novidades. O Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr. Bam Bam co seu espectáculo habitual, encomendados de novo ó espiritu do chief comanche Tosh-a-wah, nunha noite que será moi especial.
O Sábado 30 de abril, dende as 23:45h. Non vo-los perdades!!
O sábado 23 teremos a PAU PAU A GO-GÓ! na nosa cabina. A sesión do mes pasado no ciclo Où Sont les Femmes? a golpe de venres non lle chegou a nada, e xa se pideu un sábado completo para desquitarse... Non vo-lo perdades!!
O Sábado 16 será o turno para o SHERIFF LORRE, con outra das súas entregas de rock'n'roll e rhythm'n'blues troglodita, blues pantanoso, garage e punk... o único que teño claro é que (case) seguro que Elvis non soará...
Lembrámosvos que dende finais de xaneiro está á venta "Xeografías do deserto", libro cd de Moncho Núñez e Sito Suárez, sobre textos de Ramón Caride Ogando, coa produción de Iago Lorenzo, e con numerosos colaboradores na parte gráfica. Múscia, poesía e fotografía, todo xunto nunha edición preciosa.
Aínda que xa publicamos algo sobre isto hai algún tempo polo retorno dos Even Flow, hoxe estabamos repasando concertos de abril de outros anos e volvimo atoparnos con esta gran noite que paga a pena recuperar de outro xeito...
Foi no 2009, o sábado 25 de abril, no que fora o último concerto dos Even Flow Experience, ata o seu retorno cinco anos despois (en novembro do 2014). Pero aquela noite non estiveron sós, senón que Victor e Manolo fixeron dobrete, teloneándose a sí mesmos. En primeiro lugar fixeron o seu repertorio acústico a dúo, que era o único que estaba anunciado no cartel, e logo un segundo turno coa presentación do que xa era a súa nova banda: Undertrown Project. Dous pequenos sets de 11 temas cada un para unha noite ben completa de música en directo. A continuación tedes os dous concertos completos en listas de reproducción por separado.
E sobre The Even Flow Experience teremos máis novas esta mesma semana, así que atentos...
Imos con algún álbum, que xa hai varias semanas que non cae ningún.
A comezos de ano vos recomendábamos o primeiro álbum dos australianos The Murlocs, con membros dos King Gizzard & The Lizard Wizard e dos Frowning Clouds, pois agora chega o segundo traballo. Chámase "Young Blindness" e segue a mesma fórmula entre o garage e o rhythm'n'blues psychodélico. Acabamos de facernos con el e xa estou enganchado: 'Happy Face', 'Adolescence', 'Compensation' (co seu video perfecto para coller dor de cabeza, senón probade...), e a tremenda 'Wolf Creep', ou 'Reassurance' como despedida por todo o alto. Grupazo!!
Non podíamos rematar o mes sen lembrar ás que foron as auténticas protagonistas durante todo o mes de marzo dende a nosa cabina: Sandra, Paula, Marina, Cristina, Uxía, Noa, Cris e Olalla, os nosos agradecementos para as oito encargadas de poñer música tóda-las noites nesta segunda edición do ciclo Où Sont les Femmes?, cada unha coas súas propostas ben diferenciadas para consequir toda esa variedade que pretendiamos cada semana.
Moitísimas gracias a todas. Unha auténtica marabilla e todo un pracer!
Exitazo unha vez máis!!
A algunhas delas poderedes escoitalas noutras ocasións do ano no Rif-Rock, pero teredes que esperar ata o próximo ano para xuntalas a todas con este formato tan especial, repetiremos seguro.
E xa tedes unhas cantas sesións subidas no blog, pero seguro que a próxima semana nos chega algunha máis para compartir, seguide atentos...
O sábado tivemos unha desas noites especiais que ocurren no Rif-Rock cando se xunta toda esta panda de artistas que deron forma ós Scary Monsters.
A homenaxe a Bowie foi proposta polos propios músicos, así que nós somentes puxemos o local á súa disposición, sabendo que o restultado iba a ser estupendo. Nunhas cantas semanas se xuntaron ata 10 dos nosos amigos habituais da banda da casa para montar o espectáculo, e con só uns cantos ensaios xa estaban listos para montar o noso particular tributo a Bowie: RifRocKerZ from Mars!
O repertorio do show pasou polos seus álbumes entre finais dos 60s e comezos dos 80s: Blue Jean, Oh You Pretty Things, Heroes, Lady Stardust, Rebel Rebel, The Jean Genie, The Man Who sold the World, Ziggy Stardust, Five Years, Space Oddity, China Girl, Moonage Daydream, Rock'n'Roll Suicide, Life on Mars, Modern Love, Ashes to Ashes e para rematar Starman.
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar a festaza que tivemos o sábado, e sobre todo estes cracks que o fixeron posible: Isidro Dozo, Quique Barreiro, Pîti, Miguel Costas, Victor Karallada, David Falcón, Rubén Iglesias, Kevi Aragunde e Noa Castro, e tamén claro a Karlos Abal que non puido chegar non último momento. Xa dixen polas redes que o Rif-Rock non sería o mesmo sen vós!!
Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución: