E outro disco máis que vos recomendamos esta semana...
O último disco dos Novedades Carminha!! A súa cuarta entrega en formato longo, e con moitos cambios. Un álbum de pop no que o ritmo é a base de todo. "Campeones del Mundo" son 10 novos temas, con letras divertidísimas coma sempre, pero esquecédevos de velocidade, guitarras afiadas e calquer rastro de garage punk. A producción e as mesturas a cargo de Hevi (dos Malandrómeda, Fluzo, e moitos máis), bases post-punk, funk, dub convertidas en pop, e algún tema con cadencia psych que engancha. As miñas favoritas 'Ritmo en la Sangre' e 'Dame Veneno'. En directo prometen caña, e tamén hai que valorarlles que arriscaran un pouco.
Novo traballo dos franceses The Limiñanas. Xa é o quinto Lp da banda de Perpignan se contamos co álbum do ano pasado que compartiron con Pascal Comelade.
"Malamore" é outra entrega de psychodelia, con moito pop e yeyé frances dos 60s, moito garage e aires surf, e esos toques que eles mesmos definen entre Serge Gainsbourg e os Jesus & Mary Chain que saben mesturar sen complexos.
Seguramente se manexan mellor noutros formatos máis pequenos (7'' e EPs), pero o certo, é que o resultado é un disco ben equilibrado, dende a intro con 'Anthen LA', ou as festeiras 'Beach', 'Prisunic' ou 'Malamore', ata as tormentas de shoegaze en 'Kostas' e 'Zippo', ou as pezas máis pausadas. Ademáis atoparedes a colaboración de Peter Hook en 'Garden of Love'. Sempre recomendables!!
Pero tampouco vos emocionedes, que non ten nada que ver cos Pulp nin moito menos co estilo do "Further Complications".
Dende aquel discazo do 2009 leva anos publicando coleccións de rarezas en directo, singles de electrónica, samples e remixes... e agora por fin volve con material novo: trátase dun EP cos temas que serven de banda sonora para unha miniserie de TV, creada por Neil Gaiman. Evidentemente Leva por título Music for "Likely Stories" e no tema de cabeceira conta con Adrian Utley dos Portishead. A ver se lle pica o gusanillo e se mete a facer temazos outra vez...
Aquí tedes a programación para este mes de xuño, só tres datas, pero que sirven de andianto xa para o noso 17º Aniversario no mes de xullo. Preparados?
_xuño2016_
· Sáb.4: Trash! (sesión de Psych.M)
· Sáb.11: LOST SONGS en directo 23:45h.Bruno Barreiro & Isi Vaamonde
· Ven.17: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
E nun par de semanas vos presentaremos o programa do noso 17º Aniversario para as primeiras semanas de xullo. Seguide atentos!!
Os protagonistas, LOST SONGS. Un novo proxecto de Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, que se estrean xuntos no Rif-Rock, recuperando vellas cancións e descartes de outras épocas. Cun formato sinxelo: voces, teclados e guitarra.
Ademáis contaremos esa noite coa colaboración especial de Cobesa e Super Bock, coa promoción de tercios de cervexa Stout (negra) por só 1€!!
Apuntade a data, será o Sábado 11 de xuño ás 23:45h.
E outra entrega máis de grabacións perdidas para hoxe.
Un concerto dos CAN, na vila xermana de Soest, durante o inverno de 1970, xa coa incorporación de Damo Suzuki como vocalista e coa formación máis estable da banda, con Czukay, Irmin Schmidt, Michael Karoli, Jaki Liebezeit e o propio Suzuki.
Foi recuperado no 2014 dos arquivos de Rockpalast da canle WDR.
O setlist do concerto: 1. Intro 2. Sense All of Mine 3. Oh Yeah 4. I Feel Allright 5. Mother Sky 6. Deadlock 7. Bring Me Coffee or Tea 8. Don't Turn the Light On, Leave Me Alone 9. Paperhouse Ahí o tedes, unha hora e media de CAN en estado puro:
Ademáis de recomendar álbumes, sexan novidades ou clasicazos, hai anos que comezamos cunha sección de grabacións perdidas, sesións de estudio nunca publicadas, ou vellos concertos que se van recuperando na rede. foi unha sección á que non lle adicamos moito empeño, e non lle aplicamos etiqueta para seguir no blog, pero dende hoxe prometemos creala, para telos ordenados e fáciles de consultar.
Algún día nos poremos a inclui-la etiqueta nesas vellas entradas perdidas...
Pero hoxe recuperamos esta idea cun traballo dunha das nosas bandas de cabeceira: The Brian Jonestown Massacre! e compartimos estas míticas "The Diane Perry Tapes", unhas grabacións de radio de 1996 que non viron a luz ata o ano 2004:
The Brian Jonestown Massacre "The Diane Perry tape"
(autoeditado, dixital 1996/2004)
Son grabacións da súa primeira etapa, de 1996, pero ahí aparecen xa moitos temas, aínda sen rematar, que irían aparecendo en moitos dos seus traballos posteriores, álbumes ou caras b de 7''. Despois da emisión, a banda os editou en formato dixital no 2004, pero nunca en formato físico.
Aquí tedes o trackslist, e o audio completo de 85 minutos:
Aquí tedes unha hora da entrega de onte mesmo das sesións Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Con moitos temas pouco habituais de clásicos do funk e unhas cantas frikalladas de moito nivel. Metédelle volume!.
Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
Máis recomendacións esta semana: a serie de 7'' de King Khan para a banda sonora do documental The Invaders.
O ano pasado xa vos recomendamos o fascinante documental The Invaders, de Prichard Thomas Smith e JB Horrell sobre o grupo de Memphis, un dos máis controvertidos na loita polos dereitos civís nos USA durante os anos 60s.
Un dos adiantos do documental foi o sete pulgadas "Hurtin' Class" cos dous temas de King Khan en colaboración con Ian Svenonius como banda sonora. Pero nos últimos meses, co estreno no circuito comercial do documental, King Khan segue lanzando o soundtrack oficial por entregas, en 7'' con dous temas cada un, e tamén dispoñibles en descarga dixital. Un xeito bastante orixinal.
O primeiro foi o "Hurtin' Class", xunto con Ian Svenonius en outubro do ano pasado, os restantes chegaron nos últimos meses: "America Goddamn" (este cos deseños de Obey) e "Never Hold On" en abril, e xa temos o adianto do seguinte "Children of the World" que chegará o 3 de xuño. E non sabemos se caerá algún máis...
As entregas en directo de James Brown no teatro Apollo de Harlem están entre os álbumes máis importas da historia da música. Entre 1963 e 1971 lanzou tres entregas, a primeira por suposto a máis importante polo efecto revolucionario, grabado en 1962. A segunda lanzouse en 1968 e a terceira no 1971. Pero houbo máis, e inexplicablemente nunca ante saíran á luz.
Quedaba pendente unha cuarta entrega, grabada en setembro de 1972, e tras moitas décadas gardadas no baúl de Polydor, este ano foi un dos grandes lanzamentos estrela polo Record Store Day: The Fabulous James Brown and His Revue: Live at The Apollo Volume IV recolle as grabacións de dúas noites de James Brown xunto cos seus JB's, con bastantes instrumentais, cede moito protagonismo a Lyn Collins e Bobby Byrd cos seus propios temas, e tamén a Fred Wesley e Danny Ray. Pura Dinamita!!!
THE JAMES BROWN REVUE "Live at The Apollo, Vol.IV (Sept.1972)"
Uns cantos álbumes máis, pensando xa na sesión de Black Grooves de mañan.
De primeiro o novo traballo de Gregory Porter. Aínda que sexa jazz creo que sobran as presentacións. "Take me to the Alley" é o seu cuarto álbum de estudio con 12 temas que seguen a mesturar jazz e soul como ninguén nestes últimos anos. Esta entrega é un pouco máis pausada que o anterior "Liquid Spirt", pero seguirá a poñervos en pé coas tremendas 'Don't Lose your Steam', 'Fan in Flames' ou a final 'French African Queen'. Recomendadísimo!!
Xa vos comentamos que a do sábado pasado foi, sen dúbida, a noite máis emocionante que fixemos nunca no Rif-Rock.
Foi o noso especial polas Letras Galegas, unha noite de música e poesía a redor do Vento Mareiro de Ramón Cabanillas.
Kevi Aragunde presentounos os temas sobre os que leva moitos anos traballando, acompañado de Karlos Abal, e cunhas cantas colaboracións moi especiais: a de Suso Gómez coa súa lectura de 'Dous Raposos', e no descanso tomaron o relevo Xoán Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira, para facer os tres temas do seu repertorio sobre pezas de Cabanillas: A Fouce Esquecida, Terra e o himno de Acción Galega.
Tres xeracións de talento puro xuntas na mesma noite. E por suposto, un show que Kevi adicou a Luis Rei dende o comezo.
Este foi o repertorio de toda a noite:
‐ "¡Como sueño con vosotros…! (Inéditos 1910 ‐ ¿?) ‐ Mariñeira (Vento Mareiro 1921) ‐ A man segreda (Vento Mareiro 1915) ‐ "Pomba ferida # IV" (Vento Mareiro 1915)
Xoán Silva, Blas e Anxo Xesteira: ‐ A fouce esquecida (Vento Mareiro 1915) ‐ ¡ Terra ! (Vento Mareiro 1921) ‐ Acción Gallega . Hino (Vento Mareiro 1915)
‐ Dous raposos (Vento Mareiro 1915) con Suso Gómez ‐ Ás miñas costas, calada (Rimas, No desterro 1913) ‐ A un cacique (Vento Mareiro 1915) ‐ Lume no pazo (Vento Mareiro 1915) ‐ Meus irmáns (Vento Mareiro 1915) ‐ Fala unha laberca (Da Terra asoballada 1926) ‐ "¡Ay , taberna de Aniseto… ! “ (Inéditos 1910 ‐ ¿?) ‐ Camiño longo (L.E. Batallán / Kevi . Vento Mareiro 1915)
Gracias a todos por vir e participar!!
Kevi, eres moi grande!!! e a Karlos polo traballo extra!!
Na seguinte lista de reproducción tedes os dous temas de Kevi que editou Karlos Abal, e as tres pezas de Xoán, Blas e Anxo. Para ver o resto teredes que agardar un pouco máis, que están preparando algo especial.
Polo momento aquí tedes esta pequena parte. A desfrutar!!
Aquí tedes dous vídeos que nos manda Karlos Abal do sábado pasado. Do noso especial polas Letras Galegas no que Kevi Aragunde nos presentou xunto con Karlos Abal, os seus temas sobre o VENTO MAREIRO de Ramón Cabanillas, e algunha peza máis de outras obras.
Aquí tedes dous temas de dúas obras distintas: 'Dous Raposos', do Vento Mareiro de 1915, coa colaboración de Suso Gómez e a súa tremenda lectura do poema, e 'Ás miñas costas, caldada' (No Desterro, 1913).
O pasado fin de semana, os de CTK lanzaron á rede unha nova entrega do seu CTKast conducido por Óscar e Carlos, xa cunha hora de duración, e moita música surf!.
Este novo eposido leva por título "Aquí non hai praia" e reflexionan sobre o estado do turismo na nosa vila, a necesidade, ou non, dunha praia en Cambados e outras potencialidades a explotar. Interveñen un propietario hoteleiro, unha representante de Guimatur e o concelleiro de enoturismo.
Ademáis na sección de Cambadeses no exterior entrevistan a Blas Charlin, adestrador en Angola.
A próxima cita coa música en directo será o 11 de xuño.
Os protagonistas, LOST SONGS, o novo proxecto formado por Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, co que recuperan vellas cancións e descartes de outras épocas cun formato sinxelo, voces, teclados e guitarra.