jueves, 2 de junio de 2016

The Limiñanas "Malamore"

Novo traballo dos franceses The Limiñanas. Xa é o quinto Lp da banda de Perpignan se contamos co álbum do ano pasado que compartiron con Pascal Comelade. 
"Malamore" é outra entrega de psychodelia, con moito pop e yeyé frances dos 60s, moito garage e aires surf, e esos toques que eles mesmos definen entre Serge Gainsbourg e os Jesus & Mary Chain que saben mesturar sen complexos.
Seguramente se manexan mellor noutros formatos máis pequenos (7'' e EPs), pero o certo, é que o resultado é un disco ben equilibrado, dende a intro con 'Anthen LA', ou as festeiras 'Beach', 'Prisunic' ou 'Malamore', ata as tormentas de shoegaze en 'Kostas' e 'Zippo', ou as pezas máis pausadas. Ademáis atoparedes a colaboración de Peter Hook en 'Garden of Love'. Sempre recomendables!!

THE LIMIÑANAS "Malamore"
(Because Music, 2016)


No hay comentarios: