miércoles, 15 de junio de 2016

"Sons of Chaputa Vol.1"

Se falamos de garage, un dos selos que está a facer mellor traballo nos últimos anos é o portugués Chaputa Records. Primeiro polo coidado das súas edicións, polas seleccións das bandas que publica e os temas que seleccionan para os seus 7'', splits e demáis, e finalmente polos seus prezos. Todo un exemplo.
A comezos deste ano lanzaron o primeiro recopilatorio do selo, do que será a serie "Sons of Chaputa". Nesta primeira entrega presenta a oito bandas garageras de Portugal versionando en exclusiva outros tantos clasicazos de épocas e estilos distintos. Ahí atoparedes ós fantásticos The Act-Ups versionando o 'I Can’t Stand It' da Velvet Underground, os D3O 'I Put a Spell on You' de Screamin' Jay Hawkins, os Murdering Tripping Blues con The Kinks, The Dirty Coal Train versionan o 'Nytroglicerine' dos Gories, The Parkinsons ós Mad Daddys, Fast Eddie Nelson ós MC5, The Jack Shits a Wilson Pickett, e Bruto and The Cannibals ós Gun Club. Unha maravilla!!
Toda a info na web de Chaputa Records.

VA "Sons of Chaputa Vol.1"
(Chaputa Records, 2016)



No hay comentarios: