martes, 14 de junio de 2016

The Saurs "Magic Shape"

The Saurs son unha banda de Barcelona, ou eran. Eran unha das grandes promesas no rock psychodélico, garagero, velocidade punk e melodías power pop, con temas que eran auténticos cañonazos de ritmo. Hoxe mesmo anunciaron a súa disolución. Unha auténtica mágoa. E de paso presentaron o seu último video-clip: 'Thursday'.
Así que xa aproveitamos para recomendavos o seu Lp de finais do ano pasado. Despois de dous EPs que diron moito que falar ("Bring me Fog" do 2013 e "Dry Finger" do 2014), en outubro do ano pasado lanzaron o seu debut en LP "Magic Shape", con 11 temas que non te deixarán quieto nin un segundo. 
Recomendado!!

THE SAURS "Magic Shape"
(El Segell Del Primavera, 2015)



No hay comentarios: