Recuperamos máis gravacións de Betty Davis que sairon á luz nos últimos tempos. En 2015 comezou a moverse pola rede a gravación dun dos últimos shows en directo da impresionante Betty Davis, e esta semana o lembraban dende a web Dangerous Minds.
Trátase do audio do seu concerto durante o festival Riviera '76, celebrado na vila da riviera francesa Le Castellet, que entre o 23 e 26 de xullo de 1976 adicouse a mostrar a fusión entre o jazz e o rock. Atoparedes unha selección de fotos do festival de Guy Le Querrec na web da axencia Magnum Photos.
O concerto de Davis foi o día 25, e comezou o concerto cunha adicatoria a Miles Davis, co que rompera o seu matrimonio había xa bastantes anos. A gravación chega nunhas condicións bastante aceptables ata os nosos días, sobre todo resulta importante por que apenas hai material desta artista imprescindible fora da súa discografía oficial.
Aquí tedes o setlist daquel show, e o audio completo a continuación. - MC Intro - Unknown #1 (a/k/a Smegma) - Nasty Gal - Dedicated to the Press - The Lone Ranger - He Was a Big Freak - Talkin Trash - Steppin in Her I. Miller Shoes - Unknown #2 (a/k/a Pick Up) - Shut off the Light
A semana pasada lanzouse un novo álbum de Sharon Jones con The Dap-Kings, "Soul of a Woman" e o seu traballo póstumo, e sae conicidindo co primeiro aniversario do seu pasamento.
Os álbum bascula entre o soul máis desgarrador e temas de auténtico baile, combinando á perfección as súas dúas vertentes habituais. Arranca a tope de enerxía coas optimistas 'Matter of Time' e 'Sail On!', e destaca o ritmo festeiro de 'Rumors' cuns xogos de percusións máis que interesantes. Entre os temas de maior intensidade, quédome con 'Just give me your time', 'Shearching for a new day' ou a enorme 'Girl (you got to forgive him)'. De despedida 'Call on God', o único tema que se inclúe no álbum composto pola propia Sharon Jones, e que escribira para o seu coro eclesiástico de gospel no que permaneceu aínda despois da fama.
Según indican varias reseñas, os temas foron mudando segundo Bosco Mann avanzaba na producción. Os temas foron grabados cando a enfermidade de Jones estaba xa moi avanzada, e nun comezo pensaron en plantexar un álbum totalmente intenso e desgarrador. Co paso do tempo decidiron que esta despedida precisaba ser máis optimista, e así foi o resultado final. Unha auténtica marabilla, e seguro que hai máis material gardado pendente de sair.
As edicións de Ulomanía Coop soando de novo no noso programa de radio favorito. O xoves da semana pasada (23 de novembro) estrearon a última referencia en El Sótano de Radio 3.
Entre moito revival mexicano e música surf, se colaban os reis da praiapara pechar a sección de novidades. Ahí soaba 'Nasty Beach' a todo trapo, o tema que abre o "SAFA" dos Kings of the Beach (ULO-003).
Por suposto, vos recomendamos o programa completo, pero se non tedes tempo, están no min. 39:35.
E máis álbumes de Dwyer e compañía, o máis recente que fai o número 20 do grupo. A semana pasada lanzaron unha nova entrega do seu proxecto paralelo: OCS, marca coa que publican as súas composicións máis freak e folk, e que tiñan aparcado por máis de dez anos tras publicar catro álbumes entre 2003 e 2005. A base do proxecto son John Dwyer e o baterista Patrick Mullins, sempre rodeados de bos colaboradores, desta vez contan con Heather Lockie, e Mikal Cronin a cargo dos arranxos de ventos. Pero o máis salientable desta ocasión é o retorno da británica Brigid Dawson, que abandonara hai anos os Oh Sees, e compón a medias con Dwyer de todo o álbum, e ahí están compartindo portada.
"Memory of a Cut Off Head" son dez cancións de folk psychodélico, con xogos de voces entre Dwyer e Dawson, ventos, e incribles arranxos de cordas. Por recomendarvos algún tema, quédome con 'Cannibal Planet' ou 'On and on Corridor', pero é un álbum para escoitar de corrido varias veces. Se sodes seguidores dos Oh Sees dos últimos tempos, seguro que esta outra proposta vos sorprende. Recomendado.
Thee Oh Sees están de volta. Os de John Dwyer lanzaron a finais do verán 'Orc', desta vez sinxelamente coma Oh Sees, e anuncian que así seguirán unha tempada, xa que eses cambios de nome sempre coinciden con cambios na formación.
En "orc" continúan con certa experimentación dos seus álbumes do ano pasado, pero xa integrados totalmente no seu son clásico, pero con máis potencia que en anteriores entregas. Arranca con 'The Static God' coma un auténtico cañonazo con ritmo motorik, o single 'Nnite Expo', a contuntente 'Animated Violence' que se achega ao metal, para dar paso aos xogos máis pausados de 'Key to the Castle' en oito minutos. 'Jettisoned ' e 'Cadaver Dog' nos devolven ás súas composicións máis habituais de garage psych, mentres que ata o final son moitas evolucións de cambios de tempo, coma 'Paranoise' ou 'Drowned Beast' ,xogos coas atmósferas e todos eses trucos tan recoñecibles marca da casa.
Como prometimos, aquí vai outra de revival dos AIRAS.
Dúas entradas dos seus concertos. A primeira daquel mítico concerto na Lonxa vella en 1994. A segunda de decembro de 1995, no Pósito, cos primeiros deseños coñecidos de Xacobo.
En maio deste ano, os Wau y Los Arrrghs!! despedíanse para sempre cun concerto en Valencia. Para a ocasión lanzaron un 7'' con dous temas inéditos: "El Mañanero b/w Maldita" que, por suposto, esgotouse aquel mesmo día.
Agora, dende Slovenly Records, anuncian a reedición dese single, o motivo: os precios absurdos cos que se está revendendo na rede.
Esta nova edición contará cunha portada diferente, obra do ilustrador Darren Merinuk, e masterizado de novo para vinilo por Tim Warren (Crypt Records).
Esta noite será a última entrega desta edición do Outono Códax Festival 2017.
Para o fin de festa, os protagonistas serán os italianos Sugar Daddy & The Cereal Killers e o seu elegante e potente rnb, e a banda de soul The Suffers, que nos encantan!! Sala Capitol dende as 20:30h. Recomendado!!
Os King Gizzard seguen co seu ritmo frenético de puclicacións. Para este 2017 prometeron cinco novos álbumes. Aquí sempre vo-los recomendamos todos, aínda que algún sexa un pouco máis duro de escoitar. De feito o anterior "Sketches from Brunswick East" (terceiro desta serie) que din, está inspirado no "Sketches from Spain" de Miles Davis, aínda non tivemos ocasión de comentalo no blog. Pois case sen tempo para asimilalo xa está aqui a cuarta entrega deste ano, e podemos decir que, definitivamente, tolearon estes australianos.
"Polygondwanaland" sae mañan, totalmente gratis na súa web, para que todo o mundo faga con el o que queira, dispoñible en formato mp3 ou wav e, isto é o mellor, comparten tamén os masters para facer tiradas tanto en cd coma en vinilo e difundilas ao mundo. E iso sí, se o pasas a cassette somentes piden creatividade... son uns putos cracks!! Por eso sempre están entre os mellores.
Dispoñiblena súa web e no seu bandcampdende o 17 nov ás 9 AM hora australiana, así que a primeiras horas desta madrugada xa podedes facervos con el e ir buscando fábrica de vinilos para planchar copias para tódo-los colegas.
KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Polygondwanaland"
Foi o terceiro álbum de estudio da banda, e outra das súas obras mestras no seu desbordante inicio con tres discos en poucos meses. Ahí estaban 'Rockaway Bech', 'Here Today, Gone Tomorrow', 'I don't Care', 'Sheena is a Punk Rocker', 'We're a Happy Family', 'Teenage Lobotomy' e as versións do 'Surfin' Bird' dos Trashmen, e do 'Do you wanna dance?' de Bobby Freeman, tomada vía Beach Boys. Punk, surf, e unha producción esquisita, Seguramente o seu álbum máis divertido. Un imprescindible en calqueira colección.
A semana pasada os Kings of the Beach presentaban o videoclip de 'Goats', o tema principal do seu novo 7'' que teremos dispoñible deste esta mesma semana. A estrea foi o venres pasado no Tentaciones de El País.
Os Travesti Afgano presentaron hoxe mesmo novo videoclip na web Show Down Underzine. Trátase do tema 'Brillet', que abre o seu último álbum "Nos Vale Madre". O video conta coa dirección e montaxe de Sara Iglesias.