Aínda non acabamos de dixerir de todo o anterior lanzamento dos Deerhunter e xa temos aquí o adianto do seu novo álbum.
En maio lanzaron "Double Dream Of Spring" únicamente en formato dixital e cassette, un traballo experimental, prácticamente instrumental con inspiración no jazz, psycodelia e pop a partes case iguais. Agora Bradford Cox e compañía lanzan o tema e o clip de 'Death in Midsummer' como adianto do seu próximo álbum, que levará por título "Why Hasn’t Everything Already Disappeared?" cun novo xiro de son, e con saída prevista para xaneiro do 2019.
Haía tempo que non escoitabamos nada novo do mestre Calvin Johnson e aquí está de volta. Sempre botaremos de menos aos Beat Happening e aos Halo Benders, pero en tódo-los seus proxectos en solitario mantén ese estilo tan peculiar. Polas nosas contas había máis de 10 anos que non lanzaba material novo, así que aínda o collemos con máis gañas.
O seu novo traballo é "A Wonderful Beast", chega máis pausado e melódico do que nos tiña acostumado, pero sempre é un pracer voltar a escoitar esa voz despreocupada. Un álbum basícamente de pop, pero 'Kiss me sweetly' e 'Are we ready' son coma voltar 30 anos atrás. Un incombustible.
O venres pasado inaugurouse a exposición que cada ano acompaña ao ciclo de concertos. Desta vez con obras do deseñador Roberto Argüelles. A mostra Trash está en A Reixa Tenda e Matrioska de Compostela.
De la mano de La Fiambrera Art Gallery, el dibujante y diseñador gráfico gallego Roberto Argüelles llega al Outono Códax Festival para presentar su muestra TRASH, palabra anglosajona con la que Argüelles (Vigo, 1972) ha querido titular su exposición y que literalmente significa “basura”, si bien utilizada en el ámbito artístico y de la cultura popular se asocia con el underground, el mal gusto, la contestación social y política, lo feo, las artes consideradas menores como el cómic, la televisión, el cine de serie B, el cabaret, los dibujos animados… y un largo etcetera de “actitudes” y productos que quedan fuera de las esferas elevadas del arte y la cultura. En este underground se ha movido siempre Roberto Argüelles, y así lo refleja en su trabajo, tanto como diseñador gráfico, como en su obra artística.En las piezas que integran TRASH, Argüelles muestra todas sus filias, todas sus influencias estéticas y culturales, y también algunos de sus iconos favoritos. La exposición funciona como un homenaje a todo lo que desde niño ha atraído su atención y le ha marcado como artista. Así, sus obras nos recuerdan a los dibujos de Tex Avery y Hanna-Barbera, a los cómics clásicos de Marvel de los maestros Stan Lee y John Romita, a los de terror y ciencia ficción de EC, a la ciencia ficción japonesa de los años 60 (Ultraman, Godzilla…), a los monstruos hot-rod salidos del lápiz de Ed “Big Daddy” Roth, a las pin-ups y las bailarinas de burlesque, a la lucha libre mexicana de El Santo y compañía, al arte tiki, al punk y al rock&roll, a las portadas de las novelas de detectives de los años 50, y mucho más.
Outra entrega da asociación entre Tess Parks e Anton Newcombe.
No musical acompáñase desa psicodelia acústica dos Brian Jonestown Massacre, deixando todo o protagonismo á voz susurrante de Parks, sempre xogando coas atmósferas, e nesta entrega gañando densidade fronte a anteriores traballos.
O álbum leva por título sinxelamente "Tess Parks & Anton Newcombe" e arranca cos susurros increscendo de 'Life after Youth' para ir gañando intensidade en cada pista con 'Monochrome Wound' e 'Mount Pleasant'. As máis potentes 'Please Never Die' e 'Die Neue Welt', dúas auténticas xoias do xénero actual, e para rematar, unha despedida diferente con 'Right On'. Fantástico outra vez.
Los Wavy Gravies veñen de estrear onte mesmo a curta-videoclip do tema Howlin', pertencente ao seu lp de debut "Kings of the Underground". Grabado ao longo do mes de outubro, baixo a dirección de Juan Juste, e coa colaboración de unha chea de convidados e a aparición estelar de Lupe Castro.
Comezamos as recomendacións da semana con enerxía.
O novo álbum de Hank Wood and The Hammerheads está a ser unha das sensacións da tempada. A súa terceira entrega é outro álbum de punk como hai anos que non escoitabamos, cunha instrumentación moito máis coidada do que parece, acelerada e contundente. Todo en 22 minutos, no que nos ofrece dez trallazos urxentes e sen concesións. Neste novo traballo condensa unha enorme variedade de ritmos, melodías e propostas diferentes: o punk acelerado de 'You wanna die' e 'Concrete', cañonazos de garage coma 'How'm I supposed to wake up in the morning' ou 'Love is a cold white tide', a furia contida de 'It's lonely in this world all alone', ou o hardcore old school de 'Trapped and alone in it' condensado en un só minuto ou 'Nothing but a man', e a fantástica despedida de 'Whisper'.
As Death Valley Girls están de volta con máis enerxía.
"Darkness Rains" é xa o seu terceiro álbum, e seguen coa súa fórmula de rock contundente, xogos psicodélicos, rítmica post-punk e boas melodías cos seus xogos de voces habituais. De mostra 'More dead', o cañonazo de 'Before I die' (igual demasiado pub rock para estes tempos), 'Disaster' (co seu videoclip que protagoniza Iggy Pop), e sobre todo a estupenda 'Wear Black'.
Esta semana ven de publicarse a edición en castelán do libro "Cured", de Laurence Tolhurst, fundador dos Cure xunto con Robert Smith, a modo de memoria da banda. Foi lanzado orixinalmente no 2016 co precioso subtítulo The Tale of Two Imaginary Boys, e agora chega da man de Malpaso Ediciones.
Atoparedes un entretido artigo de presentación na web de El Mundo.
Siendo como fueron dos de los primeros punks en la muy inglesa y provinciana ciudad de Crawley, Lol Tolhurst y Robert Smith no lo tuvieron fácil. Por su condición de forasteros, la suya fue una amistad basada inicialmente en la proximidad y en su compartida pasión por la música, pero concretamente por el punk que hervía en Londres y por otras iniciativas artísticas que entroncaban con ese movimiento rupturista. Atendiendo al principio al nombre de The Easy Cure, comenzaron a tocar en pubs y pronto desarrollaron un estilo y enfoque propios para componer canciones, que cristalizarían, con el tiempo, en temas atemporales que despertaron un profundo sentido de identificación y empatía en los oyentes.
Xa está na rúa o novo traballo de Ty Segall, e xa van catro este ano con diferentes marcas. Como vos nos adiantaban en setembro, "Fudge Sandwich" trátase dun álbum de versións. Son 11 temas nos que versiona tódo-los xeneros posibles: funk, folk ou kraut rock. Ahí tedes temas de Neil Young, Funkadelic, Spencer Davis Group, Grateful Dead ou Amon Düül II.
Xa tiñamos gañas de ter no local ó novo proxecto de Andrea Area e David Falcón. Puro talento e a mellor voz negra da comarca: funk, soul e rhytyhm’n’blues. The Gypsy Souls, non vo-lo perdades!
Nesta edición con Peter 'Count' Zaremba acompañado polos chalados de Munjitas del Fuzz, os xeniais Archie & The Bunkers, as Red Aunts, e de cabeza de cartel King Khan cos Shrines, e os insuperables Radio Birdman.
Nestes días a editorial Contra lanza en castelán o recoñecido ensaio de Richard King sobre a música independente británica, publicado orixinalmente coma "How soon is now?. The Madmen and Mavericks who made Independent Music, 1975-2005" (Faber & Faber, 2012). Na vez do tema dos Smiths, aquí leva por cabeceira un dos Dinosaur Jr, pero iso xa responde a cuestións legais: "Freak Scene. Los chalados e inconformistas que crearon la música independiente, 1975-2005".
Richard King fundou a comezos dos 90s o selo Planet Records, adicado a lanzar ás bandas máis alternativas de post hardcore e post rock do entorno de Bristol, e pouco despois comezou a traballar para Domino Records. Anos despois decideu comezar a redactar a historia dos principais selos independentes de UK que dende finais dos 70s reinventaron a música, con énfase nas persoaxes que estaban á súa fronte. Unha perspectiva ben orixinal....
Richard King "Freak Scene. Los chalados e inconformistas que crearon la música independiente, 1975-2005"
Tras un proceso de documentación de dos años y entrevistas con los principales actores de la escena, Richard King ha compuesto uno de los ensayos de la literatura musical más vibrantes de los últimos tiempos. Freak Scene documenta la fascinante historia de los sellos independientes de la música pop y rock británica, desde 1975 a 2005.Tras el advenimiento del punk y su consigna del «do it yourself» como reacción a la práctica habitual en la industria musical, donde el acceso a los medios de producción estaba reservado a la élite, una generación de jóvenes británicos se imbuyó de este espíritu iconoclasta y radical, y sin apenas conocimientos de economía o de marketing, y sin ningún sentido empresarial, se embarcó en la creación de algunos de los sellos que marcarían el rumbo creativo de la música pop. Fundados en dormitorios, garajes o buhardillas, surgieron proyectos como Factory, Rough Trade, Mute, Postcard, Beggars Banquet, 4AD, Creation, Blast First, Warp o Domino, que reinventaron el panorama musical. Nacía así la música«indie» o «alternativa», con bandas como Orange Juice, New Order, Depeche Mode, The Smiths, Cocteau Twins, Happy Mondays, Sonic Youth, Primal Scream, My Bloody Valentine, Teenage Fanclub, The White Stripes, Franz Ferdinand o Arctic Monkeys, entre otras muchas.Freak Scene cuenta la historia de estos sellos independientes y sus exaltados promotores, que, partiendo del amateurismo más apasionado, generaron, sin buscarlo, una de las experiencias más fértiles y exitosas de la industria cultural de la segunda mitad del siglo xx. Es también el relato de su fracaso comercial, pues casi todas estas discográficas acabaron muriendo de éxito, o sucumbiendo a la atracción del abismo del rock and roll y sus excesos.
"Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando" é un cassette editado por Caracol Negro con dez novos trallazos hardcore punk en oito minutos e medio que pasan voando.
En tan pouco tampo teñen tempo a deixarnos melodías, ritmo e unhas letras descacharrantes, e coma sempre, cheas de verdades coma puños.
Dende o punk clásico de 'Fento' (a única que pasa do minuto) ou 'Vellos podridos', pezas melódicas e tan completas coma 'Xente Bonita', unha mostra de todo o que poden facer ne 43 segundos, a rítmica de 'Caracol', os cambios continuos de 'NBP', ou todo o que colle en 'Polo dereito á autodeterminación de toda a xente do planeta terra e contra o imperialismo e a globalización que exterminan a cultura e a identidade propia de milleiros de persoas', máis longo de ler que todo o que dura o cassette.
Polo momento dispoñible no seu bandcamp, e moi pronto en formato físico nos seus concertos.
LAMPREA EXPLOSIVA
"Cancións pra matar ao teu fascismo interior bailando"