miércoles, 14 de julio de 2010

NEU! "Neu! 2" O clásico da semana.

Para o clásico desta semana voltamos unha vez máis á tola República Federal Alemana dos anos 70, e novamente a Düsseldorf. Non vos presentarei de novo a NEU!, tedes unha breve intro á banda no artigo de Libro de Notas "Kraut Rock (1ª parte): De Improvisación y Metronomía" da columna 'De Ventrílocuos Impostores', e tamén o seu primeiro álbum neste mesmo blog. Por iso hoxe xa tocaba o segundo. Se o seu primeiro álbum revolucionou o sonido, as texturas e a forma de entendela música, no segundo álbum remataron por cambiar para sempre o xeito de facer música e o xeito de gravar e mesturar os temas. Seguindo coa austeridade das súas cubertas, o álbum titulouse sinxelamente "Neu! 2" co número superposto ó mesmo deseño anterior. Pero ahí rematan as similitudes.O álbum representaba os extremos das posibilidades da banda: unha cara A elaborada e moito máis melódica que o seu disco anterior, e unha cara B de auténtico ruido. O q realmente aconteceu foi que se lles rematara a financiación para continua-la gravación, así que os nosos xenios Rother e Dingen decidiron remezcla-los temas xa gravados, a distintas velocidades e a través de distintos mezcladores. Nas súas propias palabras, foi "unha solución pop a un problema pop" que revolucionou as posibilidades da industria e, por suposto, dos artistas. Outra das revolucións deste NEU! 2 foi o emprego do silencio como un instrumento máis, co seu propio tempo e o seu propio ritmo, é certo que seguían as teorías de xenios teóricos coma Stockhausen e Pierre Henry, pero ninguén ata ese momento empregara todos aqueles recursos nun álbum que pretendera ser accesible ó público, e menos tratándose de rock, ou pop... Evidentemente tiña que ser Kraut!!! e a única banda motorik...
NEU!
"Neu! 2"
(Brain Recs/Astralwerks/EMI, 1973)


descargádeo no blog Hijos de Saturno:


*pena q por cousas dos dereiros non podemos insertar nin sequera audios do álbum

No hay comentarios: