viernes, 23 de abril de 2010

O Clásico da semana: NEU!

O clásico desta semana é unha das xoias eternas do kraut rock alemán, ou mellor dito do kosmische rock que asombrou ó mundo dende finais dos 60. Rother e Dinger abandonan Kraftwerk na súa primeira etapa por diferencias co resto dos membros. Para dar renda solta ós seus propios delirios forman unha banda e graban un álbum espectacular... pero sen nome. Á hora de sacar o vinilo sinxelamente puxeron o nome de NEU! como reclamo publicitario dos productos habituais de consumo. Así de sinxelo é a historia e o grafismo desta banda, q mantiveron ata o final. A súa música xa é outra cousa máis complexa, aplicando as teorías de Stockhausen de escalas átonas e demais. Metrónomo a piñon fixo e todo tipo de artilxios sonoros para crear robotmusik.
Aquí tedes unha xoia desa nova música, para a nova sociedade q naquel momento se estaba a deseñar nas comunas de Düsseldorff:

NEU!
"Neu!"
(Brain Records/EMI, 1972)


Descargádeo no blog Viaje al Fin de la Noche:


No hay comentarios: