Esta semana outra desas xoias que recuperas de vez en cando e non entendes como no seu día non tiveron máis repercusión. Dende o Reino Unido esta banda con maioría de membros franceses pero con moita influencia da escena revivalera do pais veciño. Menos garaxeiros que Les Terribles, pero con toda a esencia do yeyé francés e o do beat británico... e o fantástico acento q lle da Fabienne Delsol. Que eu saiba aínda teñen outro álbum máis "Tune in with The Bristols" (Damaged Goods, 2001) pero aquí vos deixo o seu debut en largo:
THE BRISTOLS
"Introducing The Bristols"
(Damaged Goods, 2000)
No hay comentarios:
Publicar un comentario