O clásico desta semana sírvenos para ir quentando o corpo para a sesión desta noite (para os q pasedes do FdN, claro... ou para os que cheguedes logo) cunha nova entrega de Psychedelic Munstapha. Shadows of Knight foron unha desas bandas norteamericanas (Chicago) fascinadas pola revolución levada de un a outro lado do atlántico polas bandas da british invasion. Eles foron dos q conseguiron mellores resultados á hora de recrea-los sonidos q sen sabelo lles viñan de volta dende a vella europa. A súa efímera carreira (do 65 ó 69) estivo chea de éxitos, e de outros moitos singles q seguramente non tiveron a repercusión merecida, pero tamén de numerosos cambios de formación q terminaron por desvirtuar por completo o concepto de banda. Aquí tedes o seu primeiro álbum, que reparte por igual os temas propios (unha pena que plo youtube non haxa o 'Someone like me') e os covers, destacando o 'Gloria' dos Them (Van Morrison), a Chuck Berry, John Lee Hocker, e os tres cortes finales (tremendos) versionando a Willie Dixon:
SHADOWS OF KNIGHT
"Gloria"
(Dunwich, 1966)
No hay comentarios:
Publicar un comentario