En 1977 a banda de Colin Newman, si o do pelo negro, asombraron ó mundo cun álbum extraño... cos anos non hai dúbida que WIRE publicou o mellor álbum de punk da historia "Pink Flag", alomenos no q o punk debería significar, e non no estereotipo que logo foi... entre a morea de temas q contiña hoxe rescatamos 'Three Girl Rhumba':
Nos seus seguintes álbumes seguiron asombrando ó mundo, e ata o día de hoxe sempre van varios pasos por diante. Desas ocasións de cando escoitas algo en plan '...esto é algo totalmente novo...' e só che pode vir a cabeza ...eso xa o facían Wire hai 15 anos... No seu 2º lp "Chairs Missing" de 1978 incluían 'I am The Fly':
En 1995 a banda Elastica sacou un álbum q arrasou o planeta. Era a guerra entre o fin do grunge e a nova xeración británica q tomou o relevo de Madchester, o brit pop. Eles/as estaban estilísticamente a medio camiño... somentes que o seu primeiro gran superhit 'Conection' era un plaxio demasiado evidente do 'Three Girl Rhumba' de Wire:
O éxito do single, do álbum e da banda foi imparable, pero evidentemente o escándalo estaba nos despachos. Os seus seguidores non tiñan idade para coñecer a Wire, pero os máis veteranos si... ademáis estaban os acordes de 'Stutter' q resultaron se-los de 'I am the Fly' acelerados, o asunto rematou con Elastica no dique seco moitos anos...
Tedes un resume de todo o asunto na primeira entrega de 'De Ventrílocuos Impostores' en LdN, o artigo "De Colin Newman, el del pelo negro".
No hay comentarios:
Publicar un comentario