jueves, 9 de diciembre de 2010

L'Uomo di Gomma "Tea Party EP"

Xa está dispoñible o debut dos compostelanos L'Uomo di Gomma.
Así se presentan eles mesmos a modo de manifesto:
L'uomo di gomma son un grupo de punk experimental nacido na Xurásica IV (Santiago DC) logo dunha colisión estética entre membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens. Integrado por Josete, Ramón, Pombo & leRoi a mediados de 2010, e con militancias previas en grupos coma Fame Negrha, Stay Pretty ou Fulsomes, L'uomo di gomma buscan a verdade a través do volumen extremo, a vulgaridade máis lumpen e a observación de espectáculos circenses rurais. 
L'UDG profesan o DIY máis ortodoxo, isto significa que: non teñen nin buscan discográfica ou oficina de management; non forman nin formarán parte SGAE e non distribúen a súa música en formato físico salvo requerimento. Isto quere dicir que só editarán copias do seu traballo previo encargo (sempre e únicamente en vinilo) que se realizará só cando se chegue ao número de requerimentos necesarios para cubrir o custo da edición limitada. O diñeiro recaudado nos seus concertos empregaráse para cubrir os gastos de gravación do seu material e os custos derivados das xiras (gastos da viaxe, comer, durmir e engomar) e así o especificarán sempre nas entradas dos seus concertos. O material gravado subirase á súa páxina de bandcamp (http://luomodigomma.bandcamp.com/) para a súa descarga gratuíta en forma de arquivos audio de alta calidade (.aif. .wav ou .flac). Se algunha vez traicionamos estas premisas, que nos parta un raio, ou peor, que Conde Roa se convirta no alcalde de Santiago DC.

L'Uomo di Gomma "Tea Party EP"
(L'UDGO, 2010)


Podedes descargalo no bandcamp de L'Uomo di Gomma:



No hay comentarios: