Despois abandonar a busqueda do último álbum de Rocket Science (imposible mercalo de importación e desaparecido en internet por moito tempo) onte pola noite, así por casualidade me atopei con el de frente, buscando outra cousa no blog Positronic Raygun. Rocket Science é unha das nosas bandas australianas favoritas do s.XXI,tra-lo éxito dos seus "Contact High" e "Eternal Holiday" (de 2002 e 2004) chegaron a mudarse dende Melbourne a monta-la súa base de operacións en distintos puntos de Europa, pero tra-lo parón forzoso por un accidente do seu cantante desapareceron do mapa... en 2008 voltaron con este "Different Like You", que eles mesmos tiveron que autoeditarse ao non atopar ningunha compañía disposta a facelo... incomprensible, pero de ahí o complicado de facerse co álbum nesta esquina do mundo!!! Así se crean as lendas sobre as bandas malditas do noso tempo. E por fín aquí está... coma sempre unha sobredose de power pop e garage saturado dun malvado farfisa...
ROCKET SCIENCE "Different Like You"
(High Spot, 2008)
no blog Positronic Raygun:
1 comentario:
por fin!!!!!
Publicar un comentario