lunes, 16 de abril de 2012

"Listen Whiteys! The Sounds of Black Power 1967-74"

Listen Whitey! é o proxecto de Pat Thomas, que ven de presentar o pasado mes. En primeiro lugar chegou o libro, titulado "Listen Whiteys! The Sights and Sounds of Black Power 1965-75" (Fantagraphics, 2012), que é un volume exhaustivo que percorre o movimento de loita dos afroamericanos polos seus dereitos civís, en tódo-los seus espectros, con especial atención por suposto no Black Panther Party, a nivel político, social, relixioso, e todo vinculado através das súas repercusións culturais e as súas distintas correntes e contradiccións. Un claro exemplo é a foto da cuberta, co fundador dos Black Panther Huey P. Newton sostendo o 'Highway 61 Revisited' de Dylan. 
Sobre Newton vos recomendo novamente o documental "Huey, Black Panthers" de Agnès Varda -podedes velo aquí- que documenta a campaña de protestas iniciada tra-la súa detención por unha falsa acusación de asasinato dun policia, e tamén é o protagonista dunha das míticas fotos do partido, que tamén empregamos para unha sesión en maio do ano pasado 
Pero volvamos a Listen Whitey!, como complemento ó libro Light in the Attic lanzou o volume recopilatorio dos sons máis representativos do movimento seleccionados por Thomas, son 16 temas acotados entre 1967 e 1974, moitos deles nunca antes publicados en formato dixital, ou perdidos en 7'' e álbumes descatalogados, ademáis de un par de fragmetos de discursos que xa son parte da historia. Entre eles están por suposto Gil Scott-Heron, The Last Poets, The Lumpen (que era a banda 'oficiosa' dos Black Panther), Elaine Brown, LeRoi Jones ou Roy Harper, e como engadidos aparece o tema de Bob Dylan adicado a outra figura do partido 'George Jackson' (aínda que boto moito en falta a presencia de Archie Shepp, un dos músicos máis comprometidos coa causa e con pezas tamen adicadas ó Brother George Jackson e a diferentes episodios do movimento) e do mesmo xeito aparecen Lennon e Yoko Ono cantando por Angela Davis... que  como documentación das múltiples repercusións culturais cecais esté moi ben, pero escollida entre 16 temas igual vai moi forzado... Así que vos podedes imaxinar que xa temos liada para outra sesión esta fin de semana.

va "Listen Whiteys! The Sounds of Black Power 1967-1974"
(Light in the Attic, 2012)


faite con ListenWhitey en Neutrino Music.

video promocional do álbum:

No hay comentarios: