Moito se está a falar deste novo álbum de Paul Weller 'The Modfather', que si o seu reverso electrónico, que si agora xa é máis moderno ca nunca... a min gustoume moito unha revista británica que titulaba 'Paul Weller meets Kraut'. E tras varias semanas dándolle voltas a este "Sonik Kicks" podemos resumir que todo é certo. En realidade atopamos ó mesmo Weller de sempre coa mesma fórmula nos seus temas, pero con novas ferramentas, bases programadas, moitos efectos e xogos de mestura (de ahí a comparación coas instrumentacións de NEU!) e por suposto unha rítmica moito máis contundente do habitual, pero que a diferencia de outros clásicos que hai dez ou quince anos se lanzaron ó sonido electrónico como táboa de salvación á súa falta de ideas, aquí Weller sabe manter o equilibrio entre as súas boas cualidades compositivas e as posibilidades das máquinas. Moita novidade pero as súas melodías características se manteñen perfectamente recoñecibles, mesturando o seu bó facer de rock, soul e pop, así que nesta ocasión podemos decir que o sr. Weller acertou de cheo, nun álbum con 14 temas que un tras doutro é pegadizo e ben estructurado na secuencia, 'Green', 'The Attic', 'Dragonfly' ou 'That Dangerous Age' sirven de exemplos perfectos do que posiblemente sexa o seu álbum máis equilibrado da súa carreira en solitario. Ademáis conta coas colaboracións de Noel Gallagher, Graham Coxon e tamén da súa muller acompañándoo nos coros. O álbum xa chegou ó nº1 en UK, como case tódo-los seus discos, así que con todo isto non o deberiades deixar pasar...
PAUL WELLER "Sonik Kicks"
(Island/Universal, 2012)
faite con SKicks en Indiecaciones.
No hay comentarios:
Publicar un comentario